miércoles, 1 de mayo de 2013

Hai ciencia nos xoguetes?

A través do xogo tamén podemos aprender ciencia e moitos dos xoguetes mecánicos cos que xogamos naceron gracias a leis físicas e matemáticas e a descubrimentos científicos. O cubo de Rubik é un exemplo pois o seu creador é un profesor de arquitectura que quería explicar de forma máis clara aos seus alumnos o que era a xeometría tridimensional. Hoxe poucos son os que non intentaron cadrar as súas caras,  asunto nada fácil porque se calcula que hai máis de 43 trillóns de permutacións posibles.  Outro xogo moi coñecido é o muelle Slinky que naceu por azar pero que hoxe se usa para explicar as propriedades das ondas. E que me dicides do tiracoios? Xoguete de sempre onde os haxa, pois ben, con el comprobamos que é a enerxía que se acumula na goma a que nos permite lanzar proxectís con forza pero que temos que volver a lanzalo enseguida para lograr potencia. O xogo de médicos de Operación precisa que teñamos moito pulso para que non soe a campá e está baseado nun principio parecido ao que rexe os simuladores de ciruxía virtual, que se usan en prácticas de intervencións endovasculares. E con respecto ao Lego Mindstorms Nxt  para construír robots, dicir que o usan nalgunhas universidades para dar clases de robótica porque ten sensores táctiles, visuais e de ultrasonidos.
Xogar pois non supón só diversión e entretenemento senón que agudiza o enxeño e ensínanos ciencia.



Fontes:  Muy Interesante  nª 384

Brais Casas Fernández

A XENÉTICA "EMBISTE" CONTRA OS CORNOS: UNHA VACA SEN CORNAMENTA?

Un grupo de científicos británicos encóntrase inmerso nun ambicioso proceso de alteración xenética de vacas leiteiras para crear unha nova raza de gando sen cornamenta. O obxectivo radica en evitar a dolorosa e complexa práctica de queima de cornos a que somentes a estes animais nas granxas e reducir o perigo o que se expoñen os gandeiros. 

    
   
   Os investigadores inocularon unha secuencia de ADN doutras variedades de gando vacuno nas células do touro Randy, pertencente á raza Holstein, coñecida pola súa alta producción de leite, co que se pretende crear unha variedade idéntica a xa existente, pero prevenindo o crecemento do corno. 
   A técnica empregada consiste nunha nova forma de inxeñería xenética que permite ós científicos realizar cambios precisos no ADN. Tras encontrar o xen detrás dun rasgo determinado, edítase para cambiar esa característica non desexada, deixando todo o demás intacto. Este pionero proceso xa foi implementado por investigadores do Instituto Roslin de Edimburgo para modificar a xenética dunha raza de porcos e facela inmune á peste porcina. 
   O gando derivado sería un clon de Randy, desprovisto de cornos, manténdose presente esta  característica nas próximas xeracións. 


   
   O facer desaparecer os cornos de toda a raza nunha soa xeración constituiría o cambio máis rápido e espectacular na apariencia de gando alcanzado pola ciencia, orientado a mellorar a calidade de vida dos animais. 
   Os gandeiros tradicionalmente cauterizan o botón xerminal do corno do becerro cando está empezando a desarrollarse, un procedemento doloroso que os defensores dos dereitos dos animais tildan de cruel. 
   Ademais de evitar o sofremento animal, preténdese reduci-lo perigo ó que se expoñen os gandeiros no seu día a día. 
   A Gran Bretaña posúe 1,8 millóns de gando leiteiro, o 95% de eles Holstein, e tras décadas dedicadas a mellora constante dos seus coidados lograron que unha vaca leiteira poida producir ata dez mil litros de leite ó ano, unha cifra dez veces superior ó rendemento natural. 
   Agora só queda saber si a alteración xenética podería perfeccionar unha raza de por sí moi proveitosa e demandada. 
Enlaces:

Francisco Rodríguez Valencia, 1º Bach "A"