miércoles, 29 de febrero de 2012

Ötzi, o "home de xeo", sufría do corazón e ten "parentes" vivos.

Un equipo internacional de científicos publicou a secuenciación do cadáver conxelado máis famoso do mundo. Un cazador prehistórico que faleceu desangrado hai uns 5.300 anos despois de que unha frecha lle atravesase o corpo polas costas e, de remate, recibese un golpetazo na cabeza.

Uns excursionistas descubriron o corpo de Ötzi no Alpes, preto da fronteira entre Italia e Austria en 1991. Moi conservada, é a momia humana máis antiga do mundo e unha das máis estudadas pola ciencia.

Polos irmáns Alfonso e Adrie Kennis xa sabiamos algunhas cousas, como que tiña os ollos marróns e afundidos, e un rostro sucado de engurras que lle facía parecer ancian pero crese que tiña uns 45 anos. Tamén sabiamos que comía cabra e que pesaba 45 quilos e non supera o 1,60 de altura. Agora, a secuenciación do xenoma permitiu confirmar algunhas das súas características e coñecer outras novas.

Os investigadores descubriron que Ötzi tiña algúns problemas de saúde. Sufría das arterias e tiña caries nos dentes. Ademais, teñen atopado pistas sobre o paradoiro dos seus parentes vivos máis próximos que poden vivir en Córsega e Sardeña.

En 2008, os científicos deron a coñecer a secuencia completa de ADN tomada da mitocondria celular de Ötzi. Contiña mutacións que non se encontran nas poboacións actuais, o que deu lugar a que o pobo onde pertencera desaparecera de Europa.


Lucía Sánchez Corral nº 30 1ºD

martes, 28 de febrero de 2012

Un fósil de tartaruga de máis de 100 millóns de anos.

Recentemente, na provincia  de Henan (China) un home encontrou uns restos fósiles de tartaruga. Cando o fósil foi investigado por un paleontólogo local, os estudios datarono de 100 millóns de anos de antigüedade, o que, a pesar de ser incrible, é posible dado cas tartarugas forman parte dun dos máis antiguos grupos de reptiles, con 215 millóns de anos de historia. A datación do fósil proven do mesozoico, do periodo Cretáceo, a época dos dinosaurios. 

Os restos fósiles da pequena tartaruga, de aspecto semellante a dunha patata petrificada, miden 15 centímetros de longo e sete de ancho. Sen embargo, a característica máis sorprendente, e que volve tan extraordinario deste hallazgo, ademáis da súa incrible antigüedade, é o seu impresionante estado de conservación: os restos da pequena tartaruga están prácticamente intactos. De feito aínda conservase o caparazón completo, as catro patas e a cola, aínda que a cabeza perdeuse.
 Esta é a imaxe do fósil.
Mariana Conde Álvarez 1ºE nº5
http://www.neoteo.com/se-ha-encontrado-un-fosil-de-tortuga-de-100

lunes, 27 de febrero de 2012

Un huracán cósmico saliendo de un agujero negro


Esta representación artística muestra al IGR J17091, un sistema binario en cuya estrella central, equivalente a nuestro sol, orbita un agujero negro, en el saliente de la Vía Láctea a unos 28.000 años luz de la Tierra. Un equipo de científicos ha logrado medir los vientos más rápidos detectados hasta ahora saliendo de un agujero negro de masa estelar, que se mueven a una velocidad de 32 millones de kilómetros por hora.

El observatorio Chandra de rayos X de la NASA ha captado fuertes vientos en la región de un agujero negro con masa estelar. La recreación artística realizada por la agencia espacial estadounidense muestra un sistema binario que contiene un agujero negro con masa estelar denominado 'IGR J17091-3624', o 'IGR J17091'. La fuerte gravedad del agujero negro, a la izquierda, está apartando gas de la estrella, a la derecha.


Este gas forma un disco de gas caliente alrededor del agujero negro. La velocidad de este viento, es según la NASA, la más alta que se ha observado en un disco de gas de estas características y es diez veces superior a lo que se había registrado con anterioridad. La velocidad es de 20 millones de millas por hora (unos 32 millones de kilómetros por hora) o un 3% la velocidad de la luz.


Estos agujeros negros con masa estelar se originan cuando estrellas extremadamente masivas colapsan y normalmente tienen entre cinco y diez veces la masa del Sol.


Iván Cid Nores Nº3  1ºE 

jueves, 23 de febrero de 2012

Dous posibles erros cuestionan o experimento dos neutrinos.

Ao final, parece que Einstein tiña razón: os neutrinos probablemente non sexan máis rápidos ca luz. O laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN) recoñeceu nun comunicado que se identificaron dous posibles fallos.
O primeiro posible erro puido deberse a unha conexión defectuosa no cable de fibra óptica que conecta o reloxo central do experimento co GPS. O segundo posible erro puido ser un fallo na frecuencia do oscilador do cronómetro interno do experimento.
O CERN explica que estes fallos poderían haber producido efectos opostos.
Antes de coñecerse esta equivocación, estaba previsto repetir os experimentos no mes de maio, pero o voceiro do CERN, James Gillen considera que estes experimentos se continuarán unha vez emendados os erros.
Enlace: http://www.elmundo.es/elmundo/2012/02/23/ciencia/1329985199.html
Lucía Sánchez Corral 1ºD nº 30.

miércoles, 22 de febrero de 2012

Google tranfórmase nas ondas electromagnéticas de Heinrich Hertz.

Na páxina do buscador máis famoso de Internet volven homenaxear a un dos grandes da historia. Neste caso, rinden homenaxe ao físico alemán Heinrich Hertz, o pai do efecto fotoeléctrico e da producción, detección e propagación das ondas electromagnéticas, no seu 155 aniversario.
Durante a súa carreira, este amante da física probou de forma experimental que as ondas electromagnéticas poden viaxar a través do aire libre e do vacio, construíndo el mesmo no seu laboratorio un emisor e un receptor de ondas. Unha vez publicado este descubrimento, Marconi utilizouno para construir un emisor de radio e Alexander Popov, a través do descubrimento de Hertz, adaptou un aparato seu como receptor de tormentas eléctricas. Tamén foi o descubridor do efecto fotoeléctrico, explicado máis adiante por Einstein, cando notou que un obxecto cargado perde a súa carga máis facilmente ao ser iluminado pola luz ultravioleta.
Polo tanto as telecomunicacións, deben a súa existencia a este físico, e por eso a comunidade científica deulle o seu nome a unidade de frecuencia (Hertz o hercio), decisión que tomouse no ano 1930 pola Comisión Electrotécnica Internacional.


NATHALIE MARTÍNEZ RIBAO 1ºD

lunes, 20 de febrero de 2012

¿Cómo era un bosque hai 300 millóns de anos?

Un bosque tropical de hai 300 millóns de anos foi preservado en cinza cando un volcán entrou en erupción preto de Wuda (China). O estudo foi publicado na revista Proceedings da Academia Nacional de Ciencias (PNAS) de EE.UU e foi levado a cabo por investigadores chinos e estadounidense que descubriron o bosque nunha mina de carbón. A extracción fíxose con maquinaria pesada que permitiu acceder a grandes extensións da capa inferior do terreo facendo que puideran estudar uns 1.000 metros cadrados de bosque fósil.

Un equipo de científicos fixo unha reconstrución dese bosque fosilizado. Tratábase dun terreo pantanoso, similar a unha turbera actual, na que existían seis grupos de árbores (algunhas de 80 metros de altura) entre os que se atopaban fentos arborescentes e vexetais de grandes dimensións pero pouco semellantes ás plantas actuais. Os paleontólogos desenterraron tamén tres exemplares case completos do grupo dos Noeggerathiales, un tipo de árbore productora de esporas da que no hai nin rastro na actualidade.

Os investigadores datan o bosque fósil de comezos do Pérmico, é dicir hai uns 289 millóns de anos, cando a actual China era un continente a parte e cun clima moi semellante ao actual.

Fontes de información: http://www.abc.es/20120220/ciencia/abci-bosque-hace-millones-anos-201202201427.html

María Cerreda Pereira nº8 1ºD

domingo, 19 de febrero de 2012

como se forman as manchas nas peles dos animais?

O famoso descifrador de códigos e matemático Alan Turing suxerira a teoría ,na década de 1950, de que a repetición de patróns regulares nos sistemas biolóxicos son xerados por un par de morfóxenos que traballan xuntos.

Para probar esta teoría, os investigadores do 
King College de Londres estudaron o desenvolvemento das cristas regularmente espazadas que se encontran no ceo da boca en ratos. Levando a cabo os experimentos en embrións de ratos, o equipo identificou un par de morfóxenos que traballan xuntos para influír en que se forme cada arista. Os investigadores demostraron que cando a actividade destes morfóxenos aumenta ou diminúe, o patrón das cristas na boca se ven afectadas do xeito predito polas ecuacións de Turing.

O estudo, que se publica 
online na revista Nature Genetics, non só demostra un mecanismo que é moi relevante no desenvolvemento dos vertebrados, senón que tamén proporciona a confianza de que uns produtos químicos chamados morfóxenos, que controlan estes patróns, poida ser utilizado na medicina rexenerativa para diferenciar células madre nos tecidos.
Abraham Otero Fernandez 1ºD  Nº22

sábado, 18 de febrero de 2012

Por que os dinosaurios morrían en posturas tan raras?

Cando os paleontólogos descobren restos completos de dinosauros fosilizados, moitas veces encóntranseos nunha postura retorcida. Ata agora, interpretárano como sinais dos espamos da morte. Non obstante, unha nova investigación realizada polos paleontólogos europeos explican que estas deformacións extrañas son provocadas despois da morte dos dinosauros, durante a descomposición dos seus corpos.
Esta postura fascinou durante máis de 150 anos aos paleontólogos, que bautizaron como opistótonos (síntoma dos que sofren tétanos ou un envelenamento) ou "postura da bicicleta" (o chaman así, porque o animal aparece retorcido).
Enlace: http://www.abc.es/20120217/ciencia/abci-dinosaurios-morian-posturas-raras-201202171310.html
Lucía Sánchez Corral 1ºD nº30.

Hai 40.000 anos o sur de Andalucía era tan frío como a Escandinavia actual.

Hai 40.000 anos a temperatura media anual en Granada, oscilaba entre os nove e os once graos centígrados, máis ou menos a mesma que teñen hoxe en día no sur da península escandinava e Dinamarca.

Os investigadores chegaron a esta conclusión tras estudar os restos dos mamuts laúdos na turbeira en 1983, os máis meridionais rexistrados en Europa. "A partir da análise de isótopos estables realizados en restos de dentes e ósos temos visto que estes mamuts viviron nunha área esteparia bastante árida, que podería estar situada a decenas ou centos de quilómetros ao oeste de El padul, e que puntualmente, cando as condicións climáticas eran especialmente extremas, migraban á zona da turbeira, explica o investigador do CSIC Antonio Delgado.


Lucía Sánchez Corral 1ºD nº30.

Novas técnicas contra o cancro



Un nanorobot de ADN para ordenar o suicidio das células canceríxenas.
Na universidade de Harvard un grupo de científicos inventaron un minúsculo robot feito de material xenético e que poden cargar con diferentes moléculas para dirixilo a células específicas onde depositar esas substancias, que poden ser fármacos. Ademais de transportar moléculas tamén poden modificar o comportamento das células. Cabe a posibilidade de enviar órdenes ás células canceríxenas para a súa autodestrución. Tamén pódese programar a resposta inmunolóxica do organismo a varias enfermidades.
Non se trata dunha simple idea: Shawn Douglas e os seus colaboradores fixeron xa un prototipo do nanorobot de ADN e ensaiáronno en cultivos celulares. Os seus experimentos centráronse en dous tipos de células canceríxenas, de leucemia y linfoma, enviando instrucións para activar o “interruptor de suicidio celular”.
O nanorobot ten forma de tonel, con dúas metades unidas por unha especie de bisagras moleculares. Cando o robot chega ás células indicadas se abre e deposita nelas a súa carga, xa sexan fármacos ou moléculas capaces de modificar o seu comportamento.
Estes investigadores presentaron o seu proxecto en Science.
Nesta páxina podedes ver un video onde se explica o funcionamento deste nanorobot aínda que está en inglés: http://medgadget.es/2012/02/un-nanorobot-de-adn-desarrollado-para-la-programacion-futura-de-respuestas-inmunes.html
Fontes: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/02/16/actualidad/1329395701_112071.html
Wendy Danniela Martínez Martín 1ºE.

martes, 14 de febrero de 2012

Novas técnicas contra o cancro.

Dúas das claves para a cura dunha enfermidade é a detección precoz e un diagnóstico preciso. Onte, a iniciativa Oncotic, un proxecto desenvolvido por investigadores e clínicos da Universidade Politécnica de Valencia (UPV) e do Hospital de Benidorm coa colaboración do Hospital La Fe, de Valencia, Universitat Jaume I e do Goberno, presentou seis métodos novidade no tratamento do cancro e enfermidades neurolóxicas.
Un deles é Imfutec, un programa que pode extraer imaxes diferentes de tecido cerebral para probar extensa e posibles primeiros enfermidades neurolóxicas como Alzheimer ou esclerose múltiple. Outra é Biomama, un procedemento coa tecnoloxía de 3D​​, en base a unha reconstrución de mama real, lesións torácicas localizadas que poden desenvolver un tumor. O terceiro é Hepabio, un navegador que serve para orientar, planificar e Hepaplan biopsias de fígado complementado por un procedemento que axuda os médicos a seguir o progreso de cancro no corpo individualmente.

Este equipo tamén creou unha aplicación de realidade virtual para facilitar o tratamento psicolóxico de cada persoa a través do control emocional para mellorar o seu humor. Tamén desenvolveu unha intelixente da sala de cirurxía denominado Qipi que ofrece un completo diagnóstico pre-operatório prácticas ou de vídeo-cirurxía guiada.

Coa idea de "poñer a ciencia ao servizo da sociedade", o laboratorio ten como obxectivo acadar un Labhuman operacións da UPV "máis fácil e máis preciso." O ministro de Saúde, Luís Rosado, eloxiou este traballo "colaborativo" e insistiu en que o deber do goberno é garantir a "calidade" de vida para usar todos os recursos "públicos e privados" posible "obter o máximo rendemento" social . Este proxecto comezou en 2009 e será executado ao longo deste ano eo próximo. O investimento privado foi máis de dous millóns de euros.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/02/13/valencia/1329161964_463744.html

Antela Santos Rodríguez nº31 1ºBACH.D

lunes, 13 de febrero de 2012


Despega con éxito o novo cohete europeo “Vega”

A nave espacial Vega, o menor dos foguetes que opera en Europa, despegou con exito ás 11:00 (hora española) do Centro Espacial de Kurú na Güayana Francesa.

No interior, o lanzador de 30 metros de altura e 137 toneladas transporta nove satélites científicos, incluíndo o español Xatcobeo, desenvolto pola Universidade de Vigo.

"O Vega transformou o soño de algúns dende fai nove anos nun soño”, dixo o director xeral da Axencia Espacial Europea (ESA), Jean-Jacques Dordain, a xornalistas, científicos e representantes da industria aeroespacial horas antes do "voo de cualificación."

O exastronauta recordou que "nada está garantido" nun voo inaugural, pero dixo que "toda a verificación e simulación que se poidera realizar, fixose" polo que "decidiuse o lanzamento a partir dos feitos e non de sentimentos


Brais Castro Rodríguez Nº7 1ºBach. D


domingo, 12 de febrero de 2012

Un novo sistema 3D para coidar a saúde dos astronautas.

Un sistema basado na realidade aumentada, difundido pola Axencia Espacial Europea (ESA), axudará aos astronautas a coidar a súa saúde no espacio e lles permitirá realizar intervencións quirúrxicas de maneira autónoma.

O dispositivo requiere primeiro rexistrar o corpo do paciente cunha cámara tras colocarlles unhas marcas de referencia, e logo superpón sobre o campo de visión do usuario uns gráficos en tres dimensións xerados por ordenador que proporcionan información en tempo real sobre o que ten ante si e como actuar. É unha tecnoloxía que podría aplicarse a calquera procedemento médico e que podría utilizarse tamén como un sistema de telemediciña por satélite.

Aínda que o proxecto encóntrase en fase de proba, mírase con optimismo xa que é moi probable que salga adiante, e para comezar xa conta co apoio de dous centros de investigación alemáns e dun consorcio de aplicacións especiais con sede en Bélxica.


NATHALIE MARTÍNEZ RIBAO 1º D

viernes, 10 de febrero de 2012

Unha nena de 10 anos descobre unha nova molécula.

Clara Lazen, alumna de quinto de primaria de EEUU, encontró de forma accidental durante a súa clase de ciencias unha nova molécula que pode almacenar enerxía.
O profesor de química Robert Zoellner pediu aos seus estudantes de quinto que construísen unha serie de moléculas cos seus kits de modelado. Nunca pensou que os seus alumnos fosen realizar un descubrimento científico, pero cando achegou ao pupitre de Clara Lazen viu que dispuxera ao azar unha combinación única de átomos de osíxeno, nitróxeno e carbono. Algo que el nunca vira.
Robert Zoellner, químico computacional que utiliza un programa informático para modelar matematicamente as propiedades das moléculas, se puxo investigar e resultou que a nova molécula Tetranitratoxycarbon era unha combinación única de átomos de osíxeno, nitróxeno e carbono. Se logra ser sintetizado, podería supoñer unha nova forma de almacenar enerxía.

Clara Lazen está orgullosa polo seu descubrimento e a experiencia fortaleceu o seu interese pola ciencia, especialmente pola bioloxía e a medicina.
Enlace: http://www.abc.es/20120208/ciencia/abci-nina-anos-descubre-nueva-201202081030.html
Lucía Sánchez Corral 1ºD.

Un fármaco reduce os síntomas do alzhéimer en ratos


Eliminar as proteínas beta-amiloides do cerebro pode ser unha maneira de loitar contra o alzhéimer. E este paso pode conseguirse –polo menos en ratos- utilizando un fármaco xa conocido, o betaxoreno, según publica Science.


O estudio da Case Western Reserve University ( Claveland, Ohio) básase no efecto do medicamento para activar unha proteína da membrana neuronal, a apolipoproteína E, que, a súa vez, xa se comprobou que actuaba reduciendo os acúmulos de beta-amiloide.
O efecto é sorprendentemente rápido: ás seis horas de administrar o medicamento ós ratos, as masas destas proteínas xa se reduciran un 25%. E o efecto duraba, como mínimo, tres días.
Pero, además, esta disminución relacionóuse con mellorías no comportamento de tres tipos de ratos ós que se había inducido unha enfermidade similar ó alzhéimer.


O traballo ten varias consecuencias. A primeira, que relaciona a acumulación das proteínas beta-amiloides de maneira inequívoca coa pérdida de capacidades asociadas ó alzhéimer. O debate leva anos entre os científicos: estas proteínas e outras que aparecen de maneira anormal nos afectados están claramente relacionados coa enfermidade neurodexenerativa xa que uns 600.000 españois sofren esta enfermidade.


A outra é a ventaxa que supón que se investigase con un fármaco que xa existe.E que está aprobado. Non é barato –en España la caja de 100 pastillas cuesta 1.308,95 euros-, pero xa se saben os seus efectos adversos e os seus riesgos. Eso podría acelerar a súa aprobación para o seu uso en humanos.


Fontes:




Publicóuse en ''Science''.








Lorena Rodríguez Castro Nº 24, 1º BACH. D

miércoles, 8 de febrero de 2012

La replicación del ADN


Atopei este video en internet e pareceume que nel esta bastante ben explicado o que estamos a ver en clase, así que decicin subilo para que todos poidades velo. Espero que vos resulte útil.


Paula Trigás Vázquez 1ºE

lunes, 6 de febrero de 2012

Xúpiter ten dúas novas lúas


Xúpiter ten dúas novas compañeiras. Trátase de dous pequenísimas lúas que se suman ás xa 67 existentes.

As novas lúas, denominadas S/2011 J1 e S/2011 J2, foron identificadas por primeira vez en setembro de 2011 polo telescopio Magellan-Baade do Observatorio As Campás de Chile.

Apenas miden un quilómetro de diámetro cada unha, e por iso son as máis pequenas atopadas ata agora no Sistema Solar. Son moi débiles e atópanse moi lonxe. J1 vira a uns 20 millóns de quilómetros de Xúpiter, e J2 a uns 23 millóns. O primeiro tarda 580 días en completar a súa órbita; mentres que o outro, 726 días.

Os científicos clasificaron a estas lúas no grupo das irregulares, xa que teñen órbitas moi excéntricas e inclinadas.

Debido ás súas estrañas órbitas, os investigadores cren que poden ser asterorides ou anacos dun cometa pola gravidade de Xúpiter.


Soraya González Feijoo Nº12 1º Bach D.

domingo, 5 de febrero de 2012

Un planeta rochoso preto dun inferno estelar


A corenta anos luz da Terra, un planeta rochoso chamado "55 Cancri e" circula perigosamente preto dun inferno estelar completando unha órbita en tan só 18 horas. O planeta extraterrestre atópase situado 26 veces máis preto da súa estrela do que Mercurio está do Sol.

Novas observacións levadas a cabo polo Telescopio Espacial Spitzer, da NASA, suxiren que "55 Cancri e" pode ser máis húmido e estraño do que calquera imaxinaba.

Recentemente, Spitzer mediu a pequena cantidade de luz que este planeta bloquea cando cruza enfronte da súa estrela.
Ten unha masa que é 7,8 veces maior e un radio que mide un pouco máis do dobre que o da Terra, isto colócano na clase de exoplanetas de tipo "SuperTerra".

Ao redor dunha quinta parte da masa do planeta debe de estar formada por elementos liviáns e compostos, que inclúen auga. Dado a intensa calor e a elevada presión que probablemente experimentan estes materiais, os investigadores cren que é posible que os compostos existan nun estado de fluído "supercrítico"(estado da materia a alta presión e a alta temperatura).

Soraya González Feijoo Nº12 1º Bach D.

sábado, 4 de febrero de 2012

A maior colección de fósiles da Idade de Xeo atopada no centro de Los Angeles


O museo de Historia Natural de Los Angeles anunciou o descubrimento, en pleno centro desta cidade, de máis de 700 fósiles da Idade de Xeo.
O xacemento apareceu baixo un centro comercial que se estaba a demoler.
Entre estes fósiles atopáronse: o cranio dun león americano, osos de lobo, tigres dente de sabre, cabalos, bisontes, coiotes, linces e un mamut colombiano cos colmillos intactos.



Sandra Vázquez Fernández nº 27 1º E

Descubren un novo exoplaneta, moi parecido á Terra.

Un novo planeta no que podría existir vida polo seu tamaño e temperatura, foi recentemente descuberto por un grupo de astrónomos dos Estados Unidos. O descubrimento é obra dun astrofísico español , Guillem Anglada-Escudé, que posuía unha beca e que agora traballa nunha Universidade Alemá.
A nova" superterra " , que ten unha masa equivalente a 4,5 veces á do noso planeta, orbita en torno a unha estrela moi cerca do Sistema Solar e a tan só 22 anos luz de distancia.
Poco sábese deste novo exoplaneta, pero un dato importante é que recibe ó 90 % da luz que a Terra, e como a maior parte é en forma de infravermellos, calcúlase que absorbe maior cantidade de enerxía. Polo tanto encóntrase nunha situación moi parecida ao noso planeta, cunha temperatura similar na superficie e quizáis agua líquida.

Fonte de información : http://www.elmundo.es/elmundo/2012/02/02/ciencia/1328205012.html

NATHALIE MARTÍNEZ RIBAO 1ºD

viernes, 3 de febrero de 2012

O secreto da resistencia das teas de araña


A capacidade das teas de araña para adaptarse a diferentes niveis de forzas é a clave da sua estabilidade ,según afirman os expertos.
Os investigadores empregan simulacións por computadora para descubrir como respondian as estructuras feitas con ese particular fío.
As redes resisitiron a unha gran cantidades de probas.
Os expertos descubriron que o deseño das teas de araña permite que se rompa ese fío.
A clave da estabilidade da tea de araña recae sobre o feito de que a seda cambia mentres a fila do filamento, a estructura molecular da seda se desplega a medida que aumenta xerando un efecto de estiramento. Este cambio prodúcese en catro etapas: na primeira etapa, tírase do fío enteiro, despois se estira mentras as proteinas fan que o fío se desplegue, na terceira fase o fío atravesa unha fase na que se pon ríxido e absorve a maior cantidade de forza. E a parte final e antes de romperse.
Fonte:
http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2012/02/12020_clave_telarana_resistencia_adz.shtml

jueves, 2 de febrero de 2012

Periodismo con pouca ciencia

O QUE DI A NOTICIA
Un galego de 34 anos aqueixado de cancro de mama ( ten tumores nos testículos e ata oito parentes aqueixados ou falecidos por esta doenza) será o primeiro home do MUNDO autorizado en seleccionar xeneticamente embrións libres do cancro.
O tratamento farase por medicos galegos no I.V.I en Vigo, e costaría 10.000 euros. Pero a boa noticia, xa no é que podia seleccionar os embrións para poder fecundar a súa parella ( xa que a probabilidade de transmitir a enfermidade aos seus fillos é de un 50%) , senón que o tratamento será subvencionado polo SERGAS.

A SANIDADE GALEGA DÁ UN PASO DE XIGANTE, GRACIAS A ISTO PODRÁN NACER NENOS SANOS, SEN HERDAR AS ENFERMIDADES DOS PAIS.

ESTAMOS TODOS DE NORABOA.



EN REALIDADE O QUE DEBÍA DICIR É:
Por primeira vez o SERGAS costeará a selección de embrións libres dun tipo de cancro. O home da parella que vai someterse ao tratamento ten 34 anos e está aqueixado de cancro de mama, ten ademais tumores nos testículos e ata oito parentes padecerosn estas doenzas. A fecundación realizarase in vitro e escolleránse os embrións libres da mutación que produce este tipo de cancros para logo implantalos no utero da nai


Jennifer Armada Ferreiro, nº3 1ºD BACH.

Un "burato" no universo?

Nun ceo completamente cheo de estrelas, a imaxe que aparece é sobrecolledora. Que é ese enorme espazo escuro?. Trátase do que os astrónomos coñecen como "nebulosa escura" é unha inmensa nube de materia que impide o paso da luz das estrelas que ten detrás. Considéranse como os lugares máis fríos e illados de todo o universo.

A nebulosa, chamada Barnard 68, ten un radio dun cuarto de ano luz e encóntrase a 500 anos luz da Terra, o suficientemente preto como para que entre ela e nós non haxa estrelas que estraguen o espectáculo.

Esta nebulosa escura oculta algo máis. É un "glóbulo de Bok", un deses raros lugares da nosa galaxia nos que se forman novas estrelas. O resultado deste proceso será o nacemento de todo un novo sistema estelar.


Lucía Sánchez Corral 1ºD nº 30.