lunes, 18 de abril de 2011

Pegadas de dinosaurios



Os investigadores da Fundación Dinópolis, atoparon fósiles de grandes saurópodos e localizaron de pegadas de dinosauros as cales son dun tipo que non se coñecía ata agora: as 'Deltapodus ibericus' ('pé triangular de Iberia'), localizadas no xacemento del Castellar (Teruel). As novas pegadas, dispostas nun rastro duns 23 metros de longo e compostas de 30 pasos, atribuense a un dinosauro do tipo 'Dacentrurus', un estogosaurio de pescozo e cola longa que viviu a finais do Xurásico, fai uns 150 millóns de anos. Os paleontólogos da Fundación Dinópolis cren que o seu achado podería axudar a reinterpretar icnitas (pegadas). O director científico da fundación e un dos investigadores acudiron a Alemaña para dar a coñecer a riqueza ictiológica de Aragón, onde se descubriron ata 800 pegadas.
Do seu estudo, se puido determinar a gran variedade de dinosauros e estegosarios que habitaban fai 145 millóns de anos na Península Ibérica, polo que promoveu unha candidatura, apoiada por España e Portugal, para que se inclúan na lista do Patrimonio Mundial da Unesco. As pegadas teñen unha gran importancia científica polos datos que achegan sobre a mobilidade da fauna do Mesozoico e sobre o seu comportamento. O achado de rastros agrupados dos mesmos individuos permitiu pescudar que os estegosaurios eran gregarios; ou que os ornitópodos (dinosauros herbívoros) tiñan marcha bípeda ou cuadrúpeda. Ata se atoparon icnitas dun xigantesco terópodo carnívoro, de 10 metros de lonxitude.

Para máis información: http://www.elmundo.es/elmundo/2011/04/15/ciencia/1302879316.html
Feito por: Yurema Seara Núñez