viernes, 29 de octubre de 2010

Post dedicado a nosa mestra bloguera, Marga a profe de inglés.

Un pouco de humor para este fin de semana máis longo.





Editado por: Carmen Cid Manzano

As buckybolas poden ser a orixe da vida

Estas moleculas de carbono apareceron inesperadamente en grandes cantidades dentro da Vía Láctea e nunha galaxia cercana.

O pasado mes de xullo, o telescopio Spitzer da NASA descubriu nunha nebulosa planetaria un raro fenómeno que nunca antes fora achado no espazo. Detectou moléculas de carbono con forma de balón de futbol e con propiedades únicas.

O asombro foi tan grande que os científicos expuséronse que era algo anecdótico e que simplemente tiveran sorte ó atopalas. Pero non, estas esferas de carbono son moi abundantes.

O Spitzer atopounas ao redor de tres estrelas moribundas na Vía Láctea e preto dunha cuarta nunha galaxia, onde hai tantas que a sua masa equivale a quince lúas como a nosa.

Isto servirá para a comprensión da formación da Terra.

As implicacións deste descubrimento son de gran alcance. Os científicos especularon no pasado coas buckybolas, as cales poden actuar como cestas para moléculas e átomos, e poderían ter transportado substancias á Terra para o inicio da vida. As probas para esta teoría proceden do feito de que se encontraron buckybolas en meteoritos que portan gases extraterrestres.

Na Terra, o estudo destas moléculas aplícase á investigación en fármacos, supercondutores, dispositivos ópticos e potabilización de auga, entre outros exemplos.

Máis información: http://www.abc.es/20101028/ciencia/asombrosas-cantidades-buckybolas-aparecen-201010281346.html

Feito por: Ana Pérez Pérez,1º Bacharelato A.