jueves, 27 de febrero de 2014

A NASA confirma o descubrimento de 715 novos planetas

A misión Kepler da NASA anunciou eo descubrimento dun botín planetario con nada menos que 715 novos mundos extrasolares. Estes planetas orbitan 305 estrelas, o que revela que conforman sistemas con múltiples planetas moi parecidos ao noso.
Casi o 95% destes planetas son máis pequenos ca Neptuno, que ten casi catro veces o tamaño da Terra. Este descubrimento marca un aumento significativo no número de mundos de tamaño pequeno conocidos máis similares á Terra que os identificados previamente.
«O equipo de Kepler continúa sorprendéndonos coa súa caza de planetas», dixo John Grunsfeld, administrador asociado do Directorio de Misións Científicas da NASA en Washington. «Que ests novos planetas e sistemas solares se parezcan un pouco aos nosos, augura un gran futuro cando teñamos o Telescopio Espacial James Webb no espacio para caracterizar os novos mundos».
Desde o descubrimento dos primeiros planetas fora do noso Sistema Solar fai aproximadamente dúas décadas, a verificación dos mesmos foi un proceso laborioso planeta por planeta. Agora, os científicos teñen unha técnica estadística que se pode aplicar a moitos planetas á vez cando se encontran ante sistemas que albergan máis dun planeta ó redor da mesma estrela.
Para verificar esta abundancia de planetas, un equipo de investigación codirixido por Jack Lissauer, científico planetario do Centro de Investigación Ames da NASA en Moffett Field, California, analizou las estrelas con máis dun potencial planeta, todos os cales foron detectados nos dous primeiros anos das observacións de Kepler, de maio de 2009 a marzo de 2011.
O equipo de investigación utilizou unha técnica chamada de verificación pola multiplicidade, que se basa no parte na lóxica da probabilidade. Kepler observa 150.000 estrelas e encontrou que unhas poucas miles albergan candidatos a planetas. Si os candidatos estaban distribuidos ao azar entre as estrelas de Kepler, solo un puñado terían máis dun candidato a planeta. Sen embargo, Kepler observou centos de estrelas que teñen múltiples candidatos. A través dun cuidadoso estudio desta mostra, verificáronse estes 715 novos planetas.


Fontes:  http://www.abc.es/ciencia/20140227/abci-nasa-confirma-hallazgo-planetas-201402271027.html


                                                                       Martín González Fernández 1º bach A