domingo, 20 de febrero de 2011

Máis cancións de ciencia!!

Bo, buscando buscando encontrei algunhas interesantes.



Aproveitando que demos o ciclo de Krebs aqui vos deixo unha canción que o explica moi completo.



Como tamén demos a mitose, aqui vos deixo outra canción sobre ela, esta vez da man das voces de catro rapaces e unha guitarra.





Outra da mitose duns rapaces na clase:




Para rematar unha cancion de amor moi orixinal. Merece a pena escoitala.



Fontes:
http://www.youtube.com/watch?v=qqpMtOVo_Bo
http://www.youtube.com/watch?v=0XAW9Han5Xs&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=o55NyyqW2co&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=K6l_Tz_kgmo


Coral Real Llamas.1º Bacharelato B.

A materia escura para formar as galaxias

Grazas o telescopio europeo de infravermellos Herschel, os halos de materia escura que rodean as galaxias son moito mais grandes que uns 300 000 millóns de masas solares. Esta pescuda foi presentada na revista Nature, na que Asantha Cooray, explica que se tes a cantidade xusta de materia escura surxe unha galaxia chea de estrelas.




O Herschel é un telescopio espacial que ten 3,5 metros de diámetro que permite seguir o rastro do noso Universo.
As acumulacións masivas interctúan coa radiación electromágnetica que actúan como pozos gravitatorios que fai que se cren as galaxias. A materia escura supón o 24% do Universo; o 72% é enerxía escura e só o 4% é materia corriente, como xa sabemos. O Herschel logrou obter nova información facendo un mapa da luz infravermella de grupos de galaxias moi grandes e moi afastadas.


Para máis información



Feito por: Manuel Lorenzo Tallón 1ºC Bacharelato

Descubren un fósil de fai 600 millóns de anos

En China, entre capas de esquisto negro baixo o mar, formado pouco despois da útima glaciación, fai uns 635 millóns de anos, un grupo de investigadores localizou o que se cree que é o organismo multicelular complexo máis antigo, a biota Lantian, que existiu fai case 600 millóns de anos. Tiña forma de tubo e de folla e cren que podería tratarse do antepasado de algas e vermes.










Fósil de biota Lantian.

Resulta incrible que vivise no lugar onde se atoparon os fósiles xa que non é adecuado para os organismos que necesitan osíxeno. Os investigadores din que a zona estivo moito tempo sen osíxeno pero que, algunha vez, si que o houbo. A biota Lantian viviu ata que o osíxeno desapareceu.


Para máis información click aquí.


Editado por Natalia Cid 1ºB.

Obesidade e evolución




Fai tempo lin un resumo dun artigo publicado en Nature (203: 599-602; 2003) no que se dicía que existen no mundo certas áreas cunha elevadísima proporción de diabéticos tipo 2, cuxa enfermidade non é imputable a malos hábitos alimenticios senón a unha anomalía xenética. Trataríase de poboacións que presentan xenes, aos que denomina «xenes aforradores», que permitirían unha utilización máis eficiente da comida e favorecerían a formación de depósitos de graxa e incrementos rápidos de peso durante os períodos de abundancia, co fin de acumular reservas para sobrevivir a posibles fames negras posteriores. Estes xenes, de gran utilidade no pasado, na época actual conducirían á aparición de obesidade e diabetes ante un exceso de comida e hábitos sedentarios.
Que curioso! o que pode facer a evolución. Non terei eu algún desos xenes aforradores?. Co permiso de Mario, cando teña cartos, poderíame facer un test xenético...





Editado por Carmen Cid Manzano