Mañá, día 6 de
novembro, celebraremos o Día da Ciencia en Galego, un acontecemento que cumpre xa
este ano a súa terceira edición. Foi creado coa intención de fomentar e
destacar o papel de Galicia no ámbito científico. Neste día ou en datas
próximas a el, realízanse numerosas actividades nos centros de ensino, sobre
todo en centros de Secundaria ou en Universidades. A temática principal deste
ano é a Tecnoloxía, e os protagonistas ós que vai dedicado son o gran inventor
renacentista Leonardo da Vinci e ó galego Ramón Verea. Seguramente moitos de
nós descoñecemos quen é Ramón Verea, e, se tan importante é coma para que lle
dediquen unha mención especial, que foi o que fixo na súa carreira científica.

O curioso da historia de este investigador é que inventou a calculadora sen intención de comercializala, nin de gañar diñeiro, nin de adquirir fama e nin de entrar no listado dos grandes inventores da historia. Unicamente o fixo para demostrar que os españois tamén podían inventar algo destacable. O único que quedou deste científico galego foi a patente 207.918, empregada polo que foi o primeiro inventor da calculadora comercial, o suízo Otto Steiger. Nin tan sequera sabemos moi ben onde se atopan os seus restos mortais, posto que foi enterrado nun cemiterio de Bos Aires nunha tumba sen nome. Ramón Verea foi un gran investigador que, a diferenza da maioría, optou por non seguir o camiño da fama e os cartos, senón o da humildade e a pobreza. Inxusta pero inevitablemente caeu no esquecemento, así que penso que merece ser recoñecido este Día da Ciencia en Galego e que todo o mundo coñeza a súa historia.
Se queres ver a patente 207.918, a calculadora de Ramón Verea, clica aquí
FONTES DE INFORMACIÓN
http://www.alpoma.net/tecob/?p=934
http://es.wikipedia.org/wiki/Ram%C3%B3n_Verea
http://luarnafraga.blogspot.com.es/2012/10/dia-da-ciencia-en-galego.html
Iago Rodríguez Peña 1º BACH A