viernes, 1 de marzo de 2013

Un cometa podería chocar con Marte en 2014



O impacto do "Siding Spring" provocaría un cráter de 500 km de ancho e unha explosión de 20.000 millóns de megatóns na superficie do Planeta vermello
O cometa c/2013-A1 máis coñecido como "Siding Spring",polo nome do observatorio australiano que o descubriu a principios de ano,podería chocar co noso planeta veciño en outubro do 2014,según o observatorio ruso ISON-NM


Os expertos creen que o cometa acercaríase a Marte a unha distancia de 109.200 km o próximo 19 de outubro de 2014,según calcularon tras realizar observacións durante máis de 70 días.Sen embargo, advirten de que estes resultados son preliminares, xa que non se pode facer unha predicción con tanta antelación.





O que sí saben é que o cometa acercarase moito e que cabe a posibilidade de impacto, orixinando este un crátere de 500 km de ancho e 2 km de profundidade.
Os científicos explican que tal evento eclipsaría o famoso bombardeo de Xúpiter por fragmentos do cometa desintegrado "Shoemaker-Levy9" en xullo de 1994, que se estimou nun 15 km de diámetro.

Neste  caso, o orbitador Mars Reconnaissance Orbiter (MRO) da NASA,en Marte dende 2006, poderá captar espectaculares imaxes en alta resolución.A velocidade de impacto sería de 56 km por segundo, moi alta neste tipo de asteroide.




Fontes de información:

http://www.leanoticias.com/2013/02/26/un-cometa-podria-chocar-con-marte-en-el-2014-creando-un-crater-de-500-km/

http://www.abc.es/ciencia/20130227/abci-cometa-puede-chocar-marte-201302271023.html




Pablo Estévez Feijóo 1ºA Bachiller