sábado, 28 de mayo de 2011

Argo axuda a entender o clima

En 1998 creouse o sistema Global de Observación Oceánica (GOOS), para poder entender a evolución do clima e predecir o tempo atmosférico con maior precisión e antelación. Argo forma parte do sistema. Naceu no 2001 e está constituída por 3256 perfiladores que teñen unha vida media de 3 ou 4 anos e teñen un coste de 20000 euros cada un. Cada un sumérxese a 1500 metros durante nove días, despois baixan ós 2000 metros e por útimo ascenden á supeficie medindo, polo camiño, a temperatura e salinidade do océano. Os datos, de fortes repercusións na variabilidade climática do planeta, envíanse por satélite dende a superficie e créase unha imaxe dos océanos do mundo que se pon a disposición da comunidade científica, desta maneira, ditos datos obtéñense a un ritmo 20 veces maior que os barcos oceanográficos.

Un dos beneficios máis importantes é que, con este sistema, lógrase unha maior precisión no cálculo da calor almacenada no océano, o que nos axuda a determinar o ritmo do quentamento global e a elevación do nivel do mar.

Argo permitiu medir, por primeira vez, a temperatura e salinidade nos primeiros 2000 metros do meridiano 24,5 grados Norte como si se mediran nunha expedición oceanográfica. Este meridiano é de gran interese en estudos sobre o clima porque é onde o océano transporta o seu máximo de calor en dirección Norte, 1 petavatio (o equivalente a 500000 estacións eléctricas de gran tamaño). A expedición Malaspina encárgase de lanzar 18 perfiladores desde os seus buques oceanográficos.

Para mellorar a calidade das prediccións é necesario ter información da salinidade superficial do océano con maior resolución espacial e temporal. Por este motivo, a Axencia Europea do Espazo lanzou en 2009 o satélite SMOS, que por primeira vez recolle este tipo de información. Para validar a información do satélite necesita ser comparada con datos medidos no océano. Malaspina contribúe a este obxectivo co lanzamento de 20 boias superficiais nos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.


Pincha aquí para máis información sobre a noticia

Pincha aquí para acceder a máis información sobre Argo (en inglés)

Feito por Natalia Cid, 1ºB

Ciencia na cociña: pataca a prezo de carne?








Traballo realizado por María Bermejo Fernández