domingo, 13 de enero de 2013

Os 10 grandes descubrimentos científicos do 2012

Coa entrada do novo ano, imos repasar un pouco os dez grandes descubrimentos científicos do 2012 según a revista americana ‘Science’.
O achado do bosón de Higgs, a partícula que os físicos buscaban de forma inesgotable desde fai 40 anos, foi considerado pola prestixiosa revista como o descubrimento científico máis importante do ano. O Higgs é a clave para explicar cómo outras partículas elementais, como electróns e quarks, obteñen a súa masa, e pon a última peza do complicadísimo quebracabezas coñecido como o modelo estándar da física. A publicación identificou outros nove logros innovadores para completar o seu «top ten», entre eles a secuenciación do xenoma do Denisovano, a aterraxe do Curiosity en Marte ou a formación de óvulos a partir de células nai. A lista é a seguinte:

1- Por fin aparece o bosón de Higgs:

O 4 de xullo os físicos do CMS e ATLAS, os dous maiores experimentos do Gran Colisionador de Hadróns (LHC), ubicado no CERN, preto de Xenebra, en Suíza, confirmaban emocionados a existencia dunha partícula que coincidía coa descrición teórica do bosón de Higgs.
O achado permitía explicar cómo o resto de partículas elementais obteñen a súa masa. Os científicos asumen que existe un campo enerxético que traspasa todo o Universo, o campo de Higgs, por onde as partículas se moven como os peixes o fan na agua. Canto maior é a partícula, máis resistencia encontra ao moverse. En definitiva, o Higgs é o que fai que os obxectos teñan masa, incluídos, nós mesmos. Sen él, o Universo sería moi diferente ao que coñecemos.


2- O xenoma do Denisovano, secuenciado:

Un equipo de científicos do Instituto Max Planck de Antropoloxía Evolutiva en Leipzig (Alemaña), secuenciou ADN mitocondrial extraído dun fragmento de óso provinte do dedo dunha nena con ollos marróns, cabelo escuro e pel morena quen morreu en Siberia fai entre 74.000 e 82.000 anos a.C. A análise do ADN mitocondrial indica a existencia dun ancestro común entre o homínido de Denisova, Homo sapiens e o home de neandertal, que puido vivir fai aproximadamente un millón de anos. O ADN mitocondrial indica que este homínido procede dunha migración desde África distinta á da entrada do Homo sapiens en Europa, á dos ancestros dos neandertais e distinta, asimismo, do éxodo temprano do Homo erectus.
Un molar descuberto na mesma cova tamén deu ADN mitocondrial que se asemella ao do óso do dedo. O molar presenta características morfolóxicas claramente diferentes as dos neandertais e os humáns modernos, o que confirma que pertence a unha especie cunha historia evolutiva distinta.

3- Obteñen óvulos de células nai:  
    
Nun desafío aberto a un dos grandes dogmas da xinecoloxía, un grupo de científicos xaponeses da Universidade de Kioto conseguiron crear por primeira vez óvulos viables a partir de células nai embrionarias e tamén de células nai reprogramadas a partir de tecidos adultos, algo que ningún outro equipo lograra ata o momento. A partir de esos óvulos, e tras realizar unha fecundación in vitro convencional, o equipo obtuvo unha camada de ratóns sans que demostran a viabilidade dos óvulos deseñados no labortorio de Hayashi. O achado, dicen os seus autores hoxe na revista ‘Science’, pode axudar a entender trastornos de fertilidade en mulleres e ser aplicado, nun futuro moi lexano e incerto, a posibles tratamentos.

4- A complexa aterraxe do Curiosity:

O rover Curiosity, o máis avanzado creado endexamais pola NASA, aterrou en Marte o pasado agosto tras realizar unha serie de maniobras que nunca antes foran probadas. O descenso era tan peligroso que incluso foi denominado os «sete minutos de terror». Demasiado pesado para unha aterraxe convencional, o Curiosity foi descolgado cun complexo sistema de grúas e correas creado polo equipo do Laboratorio de Propulsión a Chorro en Pasadena (California). O éxito da aterraxe abre a porta a unha nova misión en Marte para recoller mostras do terreo e traelas de volta á Terra.


5- Raios X contra a enfermidade do sono:

Un equipo internacional de científicos utilizou un innovador láser de raios X no Laboratorio do Acelerador Nacional SLAC (California, EE.UU) para revelar a estrutura dunha enzima clave que permite ao parásito Trypanosoma brucei causar a enfermidade do sono en África. O descubrimento pode abrir unha nova vía de tratamento contra a infección, que transmite a mosca Tsé-Tsé a unhas 70.000 persoas cada ano, e revela o potencial de este tipo de láser, mil millóns de veces máis brillante que a fontes sincrotrónicas tradicionais, para descifrar proteínas.

6- Enxeñería xenética máis precisa:

Científicos da Universidad de Minnesota (EE.UU.) desenvolveron unha nova tecnoloxía de edición do xenoma denominada TALENs, máis barata e rápida, que permite aos científicos modificar xenéticamente peixes cebra, sapos, gando e outros animais. Os investigadores poden alterar ou inactivar xenes específicos con máis habilidade, o que tamén lles permitirá aprender máis sobre as enfermidades humanas.

 
 
7- Exóticos fermións dan a cara:

A existencia de fermións de Majorana, partículas que actúan como a súa propia antimateria e se aniquilan a sí mesmas, foi debatida durante máis de sete décadas. Este ano, físicos e químicos holandeses obtiveron a primeira evidencia sólida de que dita materia exótica existe, na forma de quasi-partículas. Os científicos cren que estas misteriosas partículas poden ser empregadas na computación cuántica para fabricar equipos máis eficientes.

 

8- O ADN quédase sen lixo:

O proxecto Encode (Enciclopedia de elementos de ADN), a investigación de maior importancia na actualidade no campo da xenómica, conseguiu adentrarse na parte escura do xenoma, que supón o 98,5% de todo o ADN humán. 30 estudios distintos publicados simultaneamente en catro revistas de alto impacto desvelaron que o que se consideraba ADN lixo non é en absoluto un desfeito, senón que xoga un papel clave na regulación dos xenes. O descubrimento abre a porta a descifrar por qué pacientes coa mesma enfermidade evolucionan de forma distinta e podería dar importantes pistas sobre patoloxías como a esclerosis múltiple, a enfermidade de Crohn ou afeccións cardíacas.
 
9- O poder da mente:

O mesmo equipo da Universidade Johns Hopkins (Baltimore, Maryland, EE.UU.) que con anterioridade demostrou cómo rexistros neurais do cerebro poderían ser empregados para mover un cursor nunha pantalla, posibilitou en 2012 que persoas con parálisis puideran mover un brazo mecánico coas súas mentes e levar a cabo movementos complexos. A tecnoloxía aún é experimental (e extraordinariamente cara), pero os científicos teñen a esperanza de que se poidan mellorar estas prótesis para axudar a pacientes con apoplexías ou lesións vertebrais.


10- A clave dos neutrinos:

Centos de investigadores que traballan no Experimento Neutrino do Reactor de Daya Bay en China demostraron cómo estas elusivas e fantasmagóricas partículas que xenera, por exemplo, o Sol, e atravesan todo o que se encontran se transforman dun «sabor» o tipo a outro conforme viaxan á velocidade da luz. Os resultados suxiren que os neutrinos poderían axudar no futuro a explicar por qué o Universo contén tanta materia e tan pouca antimateria.




Enlaces:
http://www.abc.es/ciencia/20121220/abci-diez-grandes-descubrimientos-cientificos-201212201036.html

http://es.paperblog.com/los-10-avances-cientificos-mas-destacados-del-2012-segun-science-1625401/ 

Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach. D

Novas esperanzas de vida en Marte


Un meteorito de 2.100 millóns de anos procedente de Marte atopado no Sáhara no 2011 supón, segundo os científicos, un paso máis cara o descubrimento, e posterior investigación, de vida en Marte. O fragmento, chamado Northwest Africa (NWA) 7034, de 0’7 libras (198’45 gramos aproximadamente) contén máis auga que calquera outro meteorito marciano. Os científicos están usando esta auga para medir as condicións do planeta nesa época. Estes novos avances foron publicados na revista online de Science o pasado 4 de xaneiro.

Todos os meteoritos marcianos clasifícanse en tres grupos: Shergotty, Nakhla e Chassigny. Este meteorito non pertence a ningún destes grupos, polo que terá a súa propia clasificación.
O meteorito contén carbón orgánico, característica común cos demais meteoritos que veñen de Marte. A única diferenza é que este novo fragmento é 10 veces máis antigo que calquera dos descubertos anteriormente. Provén da época xeolóxica de Marte máis recente, chamada Siderikiana (amazoniana). O NWA 7034 componse de fragmentos cementados de basalto (rocha que se forma a partir de lava arrefriada rapidamente). Esta composición é común en mostras lunares, pero non en meteoritos marcianos.

O doutor Carl B. Agee, astrónomo da Universidade de Novo México e xefe da investigación, matiza que o meteorito parece proceder dunha explosión volcánica. Tamén aclara que a auga que contén pode ter a súa orixe en augas subterráneas ou en augas superficiais próximas ó lugar da explosión. “A mostra pode darnos unha idea de cómo era a actividade volcánica daquela, polo que tamén nos informa das características da superficie de Marte naquel tempo” dixo o doutor Agee, engadindo que a abundancia de auga “suxire que hai posibilidades de que puidera existir vida en Marte hai 2.1 millóns de anos”.
Segundo Andrew Steele, da Institución Carnegie e un dos coautores do estudo, “trátase do meteorito marciano máis rico xeoquimicamente xamais encontrado e as análises que se realizaron van revelar probablemente outras sorpresas”.

Ata a data, encontráronse un centenar de meteoritos marcianos. En 2012 rexistráronse máis de 42.000 meteoritos. O número aumenta arredor de 1.500 cada ano, segundo os datos da Meteoritical Society.



Fontes de información:
New York Times
La Voz de Galicia
ABC

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A