jueves, 15 de diciembre de 2011

Un burato negro da Vía Láctea está a tragar unha nube de gas

Unha nube de gas, cunha masa equivalente tres veces a da Terra, está caendo nun gran burato negro do centro de nosa galaxia, a Vía Láctea. Os bordes da nube (de hidroxeno e helio) xa se están desfacendo e nun par de anos será engulida polo burato. O proceso completarase nuns poucos anos, calculan os astrónomos. Este suceso pódese estudar en tempo real posto que, o obxecto está preto, en termos cosmolóxicos, o que permitirá apreciar detalles. O burato negro está a só 27.000 años luz da Terra e ten unha masa duns catro millóns de veces a do Sol. Os científicos que descubriron a nube e que a están seguindo desde fai uns anos, calculan que en 2013 rozará o denominado horizonte de sucesos do burato negro, a fronteira a partir da cal nada pode escapar, e verase un destello de raios X.
A nube, que está caendo en espiral cara o burato e que mostra a deformación debida á influencia gravitatoria do obxecto supermasivo que a atrae, está agora nunha órbita moi elíptica. En 2013, segundo as simulacións da evolución do sistema que fixeron os científicos, acercarase moito ao obxecto, hasta uns 40.000 millóns de kilómetros (unas 36 horas luz), que é o horizonte estimado do burato. Agora mesmo a velocidade da nube na caída é duns oito millóns de kilómetros por hora, o dobre que fai sete anos, segundo os cálculos.
Stefan Gillessen (Instituto Max Planck, Alemania) e os seus colegas presentaron recentemente este estudo na revista Nature.









A maioría das galaxias teñen buratos negros no seu centro e a Vía láctea non é menos, pero sorprendentemente está como durminte, din os astrónomos. Outro burato negro supermasivo está cen veces máis lonxe, na galaxia veciña Andrómeda, apunta en Nature o experto Mark Morris, da Universidade de California nos Ánxeles. A nube que descubriu o equipo de Gillessen ten máis ou menos o tamaño do Sistema Solar, cun radio de 120 veces a distancia que separa a Terra do Sol.
Nestoutra animación móstranse os movementos verdadeiros das estrelas que orbitan o buraco negro central da Vía Láctea, indícanos o que pode ocorrer nas próximas décadas. Se todo sucede como está previsto, e tendo en conta que nese tempo as técnicas e equipos de observación mellorarán, poderemos ver, por fin, como un buraco negro "engule" a materia.







Fonte:
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2011/12/14/actualidad/1323887703_748638.html





Paula Trigás Vázquez 1ºE