jueves, 27 de febrero de 2014

A NASA confirma o descubrimento de 715 novos planetas

A misión Kepler da NASA anunciou eo descubrimento dun botín planetario con nada menos que 715 novos mundos extrasolares. Estes planetas orbitan 305 estrelas, o que revela que conforman sistemas con múltiples planetas moi parecidos ao noso.
Casi o 95% destes planetas son máis pequenos ca Neptuno, que ten casi catro veces o tamaño da Terra. Este descubrimento marca un aumento significativo no número de mundos de tamaño pequeno conocidos máis similares á Terra que os identificados previamente.
«O equipo de Kepler continúa sorprendéndonos coa súa caza de planetas», dixo John Grunsfeld, administrador asociado do Directorio de Misións Científicas da NASA en Washington. «Que ests novos planetas e sistemas solares se parezcan un pouco aos nosos, augura un gran futuro cando teñamos o Telescopio Espacial James Webb no espacio para caracterizar os novos mundos».
Desde o descubrimento dos primeiros planetas fora do noso Sistema Solar fai aproximadamente dúas décadas, a verificación dos mesmos foi un proceso laborioso planeta por planeta. Agora, os científicos teñen unha técnica estadística que se pode aplicar a moitos planetas á vez cando se encontran ante sistemas que albergan máis dun planeta ó redor da mesma estrela.
Para verificar esta abundancia de planetas, un equipo de investigación codirixido por Jack Lissauer, científico planetario do Centro de Investigación Ames da NASA en Moffett Field, California, analizou las estrelas con máis dun potencial planeta, todos os cales foron detectados nos dous primeiros anos das observacións de Kepler, de maio de 2009 a marzo de 2011.
O equipo de investigación utilizou unha técnica chamada de verificación pola multiplicidade, que se basa no parte na lóxica da probabilidade. Kepler observa 150.000 estrelas e encontrou que unhas poucas miles albergan candidatos a planetas. Si os candidatos estaban distribuidos ao azar entre as estrelas de Kepler, solo un puñado terían máis dun candidato a planeta. Sen embargo, Kepler observou centos de estrelas que teñen múltiples candidatos. A través dun cuidadoso estudio desta mostra, verificáronse estes 715 novos planetas.


Fontes:  http://www.abc.es/ciencia/20140227/abci-nasa-confirma-hallazgo-planetas-201402271027.html


                                                                       Martín González Fernández 1º bach A

miércoles, 26 de febrero de 2014

Desenterran un varamento masivo de baleas de fai 9 millóns de anos

Os varamentos masivos de baleas intrigaron ao mundo dende os tempos de Aristóteles. Na actualidade, estes sucesos poden ser investigados e as súas causas foron relacionadas moitas veces coa actividade do ser humano. Sen embargo, un equipo de científicos chilenos e da Institución Smithsonian (EE.UU.) examinaron un antiguo cemeterio de mamíferos mariños no deserto de Atacama, no norte de Chile, o primeiro exemplo confirmado de varamentos masivos repetidos no rexistro fósil. O sitio reflexa catro varamentos distintos ocurridos fai entre 6 e 9 millóns de anos, por unha causa repetida: algas tóxicas.
O sitio foi descuberto por primeira vez en 2010 durante as obras dun proxecto de ampliación da Carretera Panamericana. Un ano despois, os paleontólogos examinaron os fósiles e rexistraron o que quedaba antes de que o xacemento, chamado «Cerro Ballena», fora pavimentado.
Según publican na revista Proceedings of the Royal Society B, o equipo documentou os restos de dez tipos de vertebrados mariños. Ademais dos esqueletos de máis de 40 grandes baleas barbadas que dominaron o lugar, foron documentados os restos dunha especie de cachalote e dunha balea-morsa, ambas xa extinguidas. Tamén encontraron esqueletos de peixes picudos, focas e osos perezosos acuáticos.
Pero o que máis intrigou aos investigadores foi como os esqueletos estaban organizados. Preservados en catro niveles diferentes, parecía que todos habían chegado alí por unha causa repetida e similar. A orientación e as condicións dos esqueletos indicaban que os animais morreron no mar, antes de quedar enterrados nun humedal costeiro. 


Desentierran un varamiento masivo de ballenas de hace 9 millones de años   


Fontes: http://www.abc.es/ciencia/20140226/abci-desentierran-varamiento-masivo-ballenas-201402261041.html


                                                                     Martín González Fernández 1º bach A

lunes, 24 de febrero de 2014

Descobren 169 novas especies na Amazonía

Cando as noticias máis probables do medio ambiente acostuman a ser deforestación, quecemento global e extinción de especies, investigadores brasileiros están traendo unha grata novidade ao mundo. O Museo Goeldi, un dos centros de referencia en estudos de biodiversidade de Brasil, acaba de anunciar eo descubrimiento de 169 nuevas especies de fauna y flora en la Amazonía, 14 de plantas e 155 de animais.
Os descubrimientos son o resultado de 4 anos de colecta e análise no campo. Ubicado na cidade de Belém, no estado amazónico de Pará, o Museo Goeldi é bastante activo neses descubrimentoss. Entre 2000 e 2011, descubriu 130 novas especies, 49 de flora e 81 de fauna, que constan na súa publicación “Catálogo Especies do Milenio”, de 2012.
Descubren 169 nuevas especies en la Amazonía
Arácnido
Boa parte das especies recién anunciadas son do grupo dos arácnidos (112), seguido por peixes (12), aves (10), anfibios (10), réptiles (6), dípteros (4) e un mamífero, o mono Mico Rondoni, da rexión de Rondonia. Na flora foron descubeertas 13 especies de Anxiospermas e unha de Briófita.
Según Alexandre Bonaldo, zoólogo do museo, o estudo de arácnidos contou co apoio Planetary Biodiversity Inventory (PBI), un proxecto colaborativo entre 20 institucións internacionais, que estudia arañas da familia Oonopida, que miden entre 2 mm e 5 mm. "Coas ferramentas cibernéticas é posible facer descripcións estructuradas, que poiden ser comparadas coas de outros colegas, o que facilita e acelera o descubrimento de novedades", comenta Bonaldo.
Descubren 169 nuevas especies en la Amazonía
Novo lagarto
Outro feito destacable dos descubrimentos é o pequeno mono Mico Rondoni, cuxa descripción envolveu un traballo interdisciplinario en morfoloxía externa e de cráneo, bioloxía molecular, ecoloxía e comportamento. “É un traballo minucioso que require tempo e madurez para evitar decisións precipitadas”, conta o investigador José de Sousa, sobre o mono que casi foi confundido con outro similar.
Según Sousa están en estudio otras especies novas de primates, como o zogue-zogue-rabo-de-fogo. Entre as novas aves descubertas están a Hylophylax naevius, popularmente coñecida como garda-floresta. Para os investigadores, os descubrimentos poden aumentar, porque o aislamento de rexións da Amazonía favorecen la diversificación xenética. Áreas separadas por río, por exemplo, acaban xenerando novas especies.
Os descubrimentos dos últimos catro anos chaman a atención polo seu gran número en tan pouco tempo. Según Marlucia Martins, coordinadora do grupo de investigación en biodiversidade do museo, houbo unha melloría nos últimos anos na planificación do que debe investigarse, o que xenera mellores resultados.
Fontes:
 http://www.abc.es/ciencia/20140220/abci-nuevas-especies-amazonia-201402191942.html
 
                                                                Martín González Fernández 1º bach A

jueves, 20 de febrero de 2014

Outro avance máis na terapia xenética


Un novo estudo, realizado polo Centro de Cancro Memorial Sloan Kettering (Nova York), conseguiu atopar o sistema inmune para que encontre e acabe coas células cancerosas dos pacientes con leucemia avanzada.

O 88% dos 16 suxeitos a estudos, que foros tratados coas súas propias células modificadas xenéticamente, conseguiron a remisión completa da súa enfermidade. Explican na investigación publicada en Science Translational Medicine.

A mostra estuvo formada por adultos que padecían leucemia linfoide aguda (LLA) un tipo de cancro do sangue que se desenrrola nos leucocitos (Globulos brancos). As conclusións demostran a efectividad da terapia celular en pacientes que xa pasaran antes por todo-los tratamentos posibeis. Explica un dos principais autores, Michael Sadelain.
Sadelain e o seu equipo conseguiron xa no 2003 modificar as células T (outro tipo de globulos brancos) de ratos para rastrear restos da proteína CD19, presente nas leucemias e linfomas.
Durante o estudo, a todos os pacientes (idade media duns 50 anos) modificouselles xenéticamente os glóbulos brancos para encontrar e atacar ás células tumorales malignas, a técnica só se aplica unha vez porque prolifera por sí sola. É o que chamamos fármaco vivo.
O tratamento consiste en filtrar o sangue dos pacientes de forma que se extraigan millóns de glóbulos brancos para  ser alterados en laboratorios co fin de conter un xen que loite contra o cancro. Pasado uns días reponse o sangue mediante transfusións. Ten efectos secundarios como febre, dor muscular, baixa tensión e dificultade para respirar.

Ata o momento os pacientes que recibiron este  tipo de  terapia tiñan risgo real de morrer porque outros tratamentos fallaran, unha delas é a quimioterapia de rescate, que é moi agresiva.
O pasado Decembro, seis grupos de científicos de EE.UU explicaron que probaran a terapia xenética en 120 pacientes con cancro de sangue ou de médula espiñal, con resultados sorprendentes. Nunha das investigacións, 5 adultos e 19 de 22 nenos que participaron con leucemia linfática tiveron unha remisión completa.
Esta terapia é costosa de 25.000$ ata 100.000$ por persoa, a pesar de crer que unha vez que as compañías farmacéuticas se involucren máis e a técnica se explanda, os prezos baixarán.

Parécevos interesante? Ponde os vosos comentarios. 

FONTES:
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/02/19/actualidad/1392850616_875638.html

Estudos anteriores:

Patricia Pérez Froufe 1º Bach A

miércoles, 19 de febrero de 2014

Así mexíase o berce da humanidade

O museo arqueolóxico de Madrid acolle ata xullo a primeira exposición sobre a orixe do home e a súa evolución en África organizada fóra do continente

A humanidade naceu en África, concretamente na Garganta de Olduvai, onde o clima invitou aos primates a baixarse das árbores e camiñar erguidos pola sabana. Esta era a teoría coñecida ate o momento por todos, e agora levouse á práctica por primeira vez no Museo Arqueolóxico en Alcalá de Henares, Madrid, ata xullo antes de pasar o resto do ano en Burgos.
"A intención é que o público comprenda como xurdiu o xénero humano e como evolucionou en África dende hai catro millóns de anos ata o Homo sapiens arcaico (hai 180.000 anos) ", comenta Baquedano.
A bipedestación dos homínidos, a introducción na súa dieta de grandes cantidades de carne e o crecemento do seu cerebro, foron as circunstancias clave polas que se deu un paso de xigante na evolución dos sapiens. 


En total, trouxéronse, máis de 200 pezas, algunhas delas orixinais e de grandísimo valor científico, como un anaco do radio dun homínido Paranthropus, descubertas polo equipo español no leito de Olduvai, con 1,6 millóns de antigüidade.
Paranthropus era a rama desaparecida paralela á do Australopithecus. "Coñeciamos moi ben o cranio, pero non sabiamos como era o resto do corpo", comenta Baquedano ante un anaco dun radio pertencente a este ser. "Tiñan tres veces a forza no brazo dun neandertal e pesaban uns 80 quilos de media", engade o experto.
A exposición conta tamén coa historia do Homo habilis, o primeiro representante do nosa especie e do Homo ergaster africano (Homo erectus en Europa), semellantes a nós na altura e capacidade cranial, así como con diversos fósiles de animais que conviviron cos nosos antepasados como búfalos xigantes ou félidos con dentes de sable.
A actividade volcánica da Falla do Rift e a ceniza que desprendían as súas chemineas permitiron a perfecta conservación das pegadas daqueles primeiros homínidos erguidos e as dos animais daquel entorno, e un molde idéntico a esas pegadas luce na exposición.
Tamén se poden ver ferramentas. Dende as primeiras etapas da talla de pedra ata as innovacións achelenses e as de obsidiana.

Fontes: http://www.elmundo.es/ciencia/2014/02/08/52f53d7aca4741b1158b4578.html


Ana Rodríguez Vilas 1ºBach A

martes, 18 de febrero de 2014

COMO CONSEGUIMOS TER CARA

Os vertebrados que coñecemos hoxe en día, máis de 50.000 de especies, onde nos encontramos nós, caracterizámonos por ter mandíbula. Son uns poucos os que carecen dela. Os científicos saben que evolucionamos a partir dos que non a tiñan ,una espectacular transformación anatómica que cambiou completamente a forma da cara. Un equipo de investigadores franceses e suecos descubriu novas probas que mostran a orixe desta parte tan significativa da nosa anatomía e o fixeron grazas a imaxes de raios X, mostran como unha seria de fósiles de 410 millóns de anos dun peixe chamado Romundina. Documentan a formación da cara durante a transición evolutiva na revista Nature.


reconstrucción do cráneo fósil de Romundina

O Romundina ten foxas nasais esquerda e dereita separadas, como as nosas, pero aséntanse detrás dun labio superior como o dun vertebrado sen mandíbula. «Este cranio é unha mestura de características primitivas e modernas, polo que é un fósil inestimable», di Vincent Dupret, da Universidade de Uppsala, un dos dous autores principais do estudo.

Utilizando raios X no Sincrotrón Europeo(ESRF) en Grenoble, Francia, analizan a estrutura do cranio. «En efecto, Romundina ten a construción dun vertebrado con mandíbula, pero as proporcións dun ser sen ela», di Per Ahlberg, da Universidade de Uppsala e coautor do estudo. «Isto móstranos que a organización dos principais bloques de tecidos foi o primeiro que cambiou, e que a forma da cabeza chegou despois».

Colocando o Romundina nunha secuencia doutros peixes fósiles, algúns máis primitivos e outros máis avanzados, os autores foron capaces de trazar as principais etapas desta importante transición na historia da evolución.


Fontes de información: http://www.abc.es/ciencia/20140212/abci-conseguimos-tener-cara-201402121821.html , http://www.nature.com/

lunes, 17 de febrero de 2014

Naceu unha nova illa

A actividade volcánica ao longo do Pacífico deu lugar a unha pequena illa situada no arquipélago das Illas Ogasawara, a uns 1.000 quilómetros ao sur de Tokyo.
O satélite EO-1 da NASA observou dende o espazo a nova illa o 8 de decembro de 2013. A auga circundante aparece coa súa cor distorsionada pola presenza de gases e minerais volcánicos, así como sedimentos do fondo mariño levantados como consecuencia da erupción volcánica na que se creou esta illa.
Ésta forxouse durante unha erupción volcánica da que se tivo a primeira noticia o 20 de novembro de 2013.


Ao principio, asumiuse que tería unha existencia efémera, como outras illas formadas recentemente fronte á costa de Paquistán e no Mar Vermello, as cales de xeito natural non tardan en quedar afundidas por debaixo do nivel do mar cando a erosión exercida polas ondas acaba arrancando boa parte do material solto que constitúe o terreo

Non obstante, a xulgar polos últimos datos, parece que a nova illa ten un tamaño como para sobrevivir non só durante varios anos, se non de forma permanente. A comezos de decembro, xa crecera ata medir 56.000 metros cadrados, preto de tres veces o seu tamaño inicial. Ademais, a súa superficie está entre 20 e 25 metros sobre o nivel do mar, o que tamén axudará á conservación da illa.





Alba Álvarez Pacios, nº1 1ºBACH-A

O Homo Antecesor de Atapuerca ten 900.000 anos

Un dos aspectos que xeran máis debate nas excavacións de Atapuerca son as datacións de cada un dos extratos. Un equipo do Centro Nacional de Evolución Humana revista «Journal of Archaeological Science» publicou datos recpecto a isto. O resultado é que a Gran Dolina, onde se atoparon os primeros restos de Homo Antecessor, teñen ao redor de 900.000 anos de antigüidade. No 1995 a revista Nature publicou que se habían atopado os restos deste homínido atribuíndolle 780.000 anos de antigüidade, o humán máis antigo coñecido en Europa. As datacións do xacemento deron lugar a moitos debates e os investigadores españois estaban traballando para a a certificación das datas.
O Centro de Evolución Humana contou que aplicara novas técnicas para a aclaración das datas dos extratos da Gran Dolina. Publicaron que: ''A idea é construir un marco xeocronolóxico moito máis sólido que o actual''. O Centro utilizou a técnica do paleomagnetismo, o que implica a revisión da polaridade dos materiais que constituen as capas estratigráficas. Dende aquel primer descubrimento, descubríronse ao redor de 90 fósiles humanos e máis de 200 fragmentos de pedra tallada en Gran Dolina.
FONTES: http://www.abc.es/ciencia/20140210/abci-homo-antecessor-atapuerca-201402101000.html María Laborda Iglesias, 1º bach A

sábado, 15 de febrero de 2014

Estudando as relacións de Sapiens e Neandertais

Emiliano Bruner (paleoneurólogo) ,do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH), está participando nun proxecto internacional de investigación liderado por universidades xaponesas que estuda as limitacións anatómicas e funcionais do cranio dos neandertais, as capacidades cognitivas dos sapiens e neandertais e a relación cerebro e cranio destes homínidos.

Este proxecto ten como obxectivo evaluar  se as diferenzas cognitivas nas capacidades de aprendizaxe entre o Homo sapiens e o Homo neanderthalensis foron unha das causas da competición entre eles. Ata están por determinar mesmo se os límites que houbo nos segundos son a causa da súa extinción cando nun momento da vida da Terra conviviron as dúas especies.

O libro  “Dynamics of Learning in Neanderthals and Modern Humans” presenta no seu segundo volume o artigo de Bruner sobre antropoloxía física e cognitiva : “Functional Craniology, Human Evolution, and Anatomical Constraints in the Neanderthal Braincase”.

Explícanse as evidencias, as probas que representan as limitacións espaciais na estrutura do cranio de neandertal e nas relacións entre tecidos brandos e duros en todos as etapas de crecemento e desenvolvemento.  


1 
Grazas a estes estudos, como outros proxectos que houbo, hai e haberá, poderemos saber con máis precisión e exactitude todas as características e relacións de todas as especies anteriores á nosa, e sobre todo poder saber cales foron as causas das súas extincións, en particular no caso do Homo neanderthalensis. ¿Sería o propio destino ou a mala sorte que provocou a extinción dos neandertais en lugar dos outros, ou foi porque os máis aptos e con maiores capacidades foron os sapiens? ¿Habería algunha loita directa entre eles cando convivían na mesma época fai uns 30000 anos aproximadamente? Hai moitísimas preguntas que non sabemos a súa resposta, algunhas aínda quedan por descubrir e outras xa están descubertas pero as descoñecemos. O mellor sería que tiveramos algo de curiosidade para entender máis a nosa historia evolutiva e saber de onde vimos.


A VOLTAS CO NOSO PASADO

Cando parecía que o asunto do xenoma de neandertais e denisovanos, e a súa presenza nos humanos modernos xa quedara no olvido, dous novos traballos publicados en Nature e Science volven chamar a nosa atención. Estes artigos tratan do estudo sobre qué partes do xenoma neandertal quedaron fixadas nos nosos xenomas e cáles non.

Ambos traballos chegan ás mesmas conclusións. Por unha parte afirman o que xa se sabía: os humanos que vivimos fora de África levamos entre un 1% e un 2% de ADN neandertal.
Pero o máis interesante é que non está presente de forma homoxénea; algunhas rexións son extraordinariamente ricas en ADN, é dicir que estas rexións foron ventaxosas para os humanos modernos que saíron de África, de feito ao analizar os xenes pódese ver que están relacionados coa cór da pel e o bello do noso corpo. Por outra parte, adquirimos algunhas variantes xenéticas que dán lugar a enfermidades como a diabetes.

Tamén sucede o contrario: o noso xenoma ten lagoas nas que apenas hai ADN neandertal.
Esto significa que esas variantes neandertais de esos xenes eran desventaxosas e por eso nos desfixemos delas. Según os científicos esas variantes podían disminuír a fertilidade dos descendentes neandertais e humanos modernos, de ahí que fosen transmitidas con menor eficacia e se terminara perdendo.
Neste caso a análise foi posible xa que existía unha secuencia do xenoma neandertal de alta calidade para comparala con xenomas humanos modernos. Pero o máis importante é que existen posibilidades de facer unha auténtica ''paleoxenómica'', é dicir reconstruír xenomas arcaicos partindo de cero.

Maps of Neanderthal ancestry.


Fontes: http://a100ciacierta.com/

                                                          LAURA ÁLVAREZ GÓMEZ 1ºBACH C

jueves, 13 de febrero de 2014


Conséguese por primeira vez unha  fusión nuclear enerxéticamente rentable
Un grupo de cieníficos e investigadores do Nacional Ignition Facility (NIF) dos Estados Unidos an conseguido avanzar na emprega da enerxía de forma moito mais rentable mediante a fusión nuclear. Nas centrais atómicas realizase un proceso o que podemos difinir como contrario, no que obtense enerxía atraves da roptura de átomos. Pero, a vez, tamén se xenera emisións e residuos. Cos novos avances preténdese o contrario, a fusión de átomos lixeiros  (idealmente de hidróxeno) para conseguir outros (por exemplo, helio) producindo así enerxía.

Este sistema ten gran cantidade de ventaxas e unha das principais e que non se producen residuos o que implica que he moito menos contaminante. O maior problema que ten este proceso é a gran cantidade de enerxía necesaria para acercar os átomos o suficiente para que póidan fusionarse. Esta cantidade de enerxía precisa, ata agora, era maior da que se otiña, o que produce que o proceso non sexa rentable. Outro dos problemas do proceso e que a enerxía emitida era difícil de capturar. 
Pero o traballo publicado en Nature, contado dunha maneira moi sencilla, explica que consiste en meter os átomos nunha especie de capsuliñas e comprimilas mediante láseres. Esto produce unha implosión que xenera una enerxía que se pode recuperar.
“Levamos esperando 60 anos para acercarnos a fusión controlada, e estamos agora preto tanto en confinamiento magnético como inercial. Debemos seguir nel. O hito se producirá cando toda a planta consuma menos enerxía da que xenere”, dixo Steve Cowley, director do Centro Culham para la Fusión Enerxética de Reino Unido.
FONTES DE INFOMACIÓN:
http://www.abc.es/ciencia/20140212/abci-sueno-fusion-nuclear-cerca-201402121402.html
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/02/13/actualidad/1392303383_881797.html
Marta Taín Vázquez 1ºA 

miércoles, 12 de febrero de 2014

A GRAN MORTANDADE SUCEDEU DE FORMA INSTANTÁNEA

Ata o momento pénsase que nos últimos 550 millóns de anos a Terra experimentou 5 grandes extincións masivas, das cales, a que se produciu fai 252 millóns de anos (ao final do Pérmico) foi a maior de todas elas.
Nesta etapa desapareceron o 96% de especies mariñas e o 70% das terrestres, razón pola cal os científicos denominan a este suceso como "Gran Mortandade". Para explicar por qué sucedeu isto se teñen formulado diversas hipóteses como o impacte de meteoritos ou erupcións volcánicas...


Permian Extinction


Pois ben, un grupo de investigadores do MIT( Instituto de Tecnología de Massachussets) estivo investigando cando tempo tardaron en desaparecer a maior parte das especies nesta extinción, e grazas a modernas técnicas de datación, estiman que sucedeu nun período de tan só 60000 anos, dez veces máis rápido do que pensaban os científicos. Pero, como podeu suceder unha extinción tan grande nun período tan corto de tempo?

Resulta que este grupo de científicos do MIT entre eles Sam Bowring (un dos principais pioneiros), ademáis de datar a extinción, descubriron que 10000 anos antes de que isto sucedese, os océanos recibiron durante un longo período grandes cantidades de díoxido de carbono reflexandoo na atmosfera, o que aumentaría a temperatura da Terra mais de dez grados e provocaría a adificación dos océanos, dando fín así á extinción da maior parte das especies que habitaban nela. Os científicos chegaron a esta conclusión tras analizaren cinco rocas do Pérmico con sofisticados sistemas de datación, que lles permitiron datar con precisión a Gran Mortandade precedida de enormes emisións de CO2 aos océanos.

 Creen ademáis que iste aumento tan drástico do díoxido de carbono podeu suceder debido as erupcións volcánicas das Trampas de Siberia en Rusia, que liberaron unha cantidad masiva de elementos químicos, incluindo CO2, tanto á atmosfera como aos océanos.

 Co fin de comprobar definitivamente se as Trampas de Siberia provocaron a extinción, os científicos queren aplicarlle as súas erupcións o seu método de datación para ver se coincide coa Gran Mortandade.



FONTES DE INFORMACIÓN

http://www.abc.es/ciencia/20140212/abci-mayor-extincion-planeta-ocurrio-201402120953.html
http://www.ecoticias.com/naturaleza/88555/extincion-masiva-Permico-ocurrio-suspiro-geologico


Víctor Carrera Quintana 1º Bacherelato A

A proba máis antiga da utilización de lume atopada en Israel

O mes de xaneiro, a revista Journal of Archaeological Science publicou un número no que se falaba dun xacemento arqueolóxico importante en Israel. Os científicos que traballaban nesas escavacións descubriron indicios de que os homes prehistóricos que alí habitaban xa usaban o lume fai 300.000 anos. Estas probas foron atopadas na cova de Qesem. Os científicos descubriron no centro da cova un gran depósito de cinza de madeira mezclada con trozos de terra queimada osos. Perto de onde se atopaban os indicios do lume tamén se descubriron diferentes tipos de utensilios utilizados para cortar distintos tipos de alimentos.
Estas probas fannos pensar que os homes prehistórico que ali habitaban xa eran capaces de planificar, recolectar leña e manter prendido o lume sendo conscientes da súa importancia. Oss profesores Avi Gopher e Ran Barkai-,demostraron que os homo sapiens modernos evolucionaron precisamente en África fai uns 200.000 anos, polo que os habitantes do poblado israelí pertencían a unha especie humana anterior.
Fontes de información: http://cultura.elpais.com/cultura/2014/02/06/actualidad/1391696429_547403.html María Laborda Iglesias, 1º bacharelato A

martes, 11 de febrero de 2014

Unha nave detecta marcas do fluxo de auga en marte.

Investigadores da NASA descobren unhas liñas escuras en pendente, os sinais máis fortes da existencia de auga líquida sobre a superficie do Planeta vermello.



Marte aparece ante as cámaras das naves e rovers que verificaba o planeta a diario como un lugar seco e árido, un estado no que parece terse mantido durante miles de millóns de anos. Non obstante, a nave Mars Reconnaissance Orbiter (MRO) da NASA detectou sinais evidentes de que este mundo podería ser máis húmido do que se cree. Se os investigadores están no certo, é posible que exista auga líquida fluíndo pola superficie marciana. Eses sinais que parecen tan reveladores son unhas liñas escuras, similares a dedos, que avanzan por algunhas ladeiras cando as temperaturas soben.

Os investigadores chaman a estes fluxos escuros «recorrentes lineais en pendente» (RLS) e aínda non teñen unha proba irrefutable da existencia de auga nestas zonas, pero tampouco están seguros de como este proceso se levaría a cabo sen auga.

A hipótese principal destes sinais é un fluxo de auga preto da superficie, que se mantén líquida polos sales, que diminúen o punto de conxelación da auga pura. «O fluxo de auga en Marte sería un descubrimento importante, afectando á comprensión do cambio climático actual en Marte e posiblemente indicando posibles hábitats para a vida preto da superficie do Marte moderno.


FONTES: http://www.abc.es/ciencia/20140211/abci-descubren-senales-existencia-agua-201402111100.html




lunes, 10 de febrero de 2014

Logran desvelar a cepa da bacteria do coléra


O cólera produce diarreas graves acabando en desihdratación, e se non se actúa a tempo, mesmo a norte.
Segundo a OMS, hai arredor de tres a cinco millóns de novos casos cada ano, dos cales de forma estimada falecen unhas cen mil persoas.

Científicos da Universidade McMaster (Canadá) e a Universidade de Sídney (Australia) lograron “mapear” o xenoma completo das cepas de cólera que son responsables de este tipo de epidemias, os resultados según afirma os científicos, conducirían non so ó mellor coñecemento do cólera clásico, se non tamén a súa cepa actual a cal remplazou a clásica nos anos sesenta.          

Este avance permite mellorar considerablemente a comprensión dos orixes da bacteria, e abre camiño a mellores tratamentos e potencialmente a formas de prevención”
                                                                      -explican autores do estudo realizado-

 

 
A cepa do cólera, antes permanecera oculta pola imposibilidade de tomar mostras correctas nas vítimas, debido a que este patóxeno se desenvolve no intestino, polo cal non alcanza os dentes ou ósos, o que quere dicir que non era posible encontralos en ADN dos restos óseos (as mostras precisas de ese ADN solo se atopan nos restos de texidos blancos).
Pero o equipo de científicos descubriu a existencia dunha colección de mostras moi ben conservada, no Museo Mutter de Filadelfia, museo fundado despois de que a población da cidade de Filadelfia fose dezmada dez anos atrás.
Os investigadores tomaron as mostras do texido instestinal, e os análises permitiron extraer información a partir de diversos fragmentos de ADN de moi pequeno tamaño, recostruindo así o xenoma de esa cepa da batería “Vibrio Cholera


O descubrimento permite determinar que os dous tipos de cepas da bacteria coexistiron en aguas estancadas durante posiblemente millóns de anos, antes de aparecer as pandemias no siglo XIX.
Desta forma deronse conta de que o primeiro tipo de cólera (Chamado comúnmente clásico) foi probablemente o que orixinou cinco das sete epidemias mais mortais do siglo XIX. Comenzando a meirande parte no Golfo de Bengala.



Fontes de Información:

http://vidayestilo.terra.com.co/salud/desvelan-el-misterio-de-la-evolucion-delcolera,33143eb0d9963410VgnCLD2000000dc6eb0aRCRD.HTML




Sergio David Bermejo Cofán     Nº2    1º BACH. D

 



 

sábado, 8 de febrero de 2014

As primeiras pegadas en Europa


Un equipo científico británico anunciou esta semana o descubrimento no depósito de Happisburgh (Reino Unido) as pegadas máis antigas encontradas ata a data en Europa, de algo maís de 800.000 anos. O experto en neandertales Chris Stringer cre que poderían pertencer á especie cuxos fósiles atopáronse  en Atapuerca, en concetro , aqueles que se conservaron no depósito da Gran Dolina que  teñen tamén máis de 800.000 anos e bautizaronse  cando se descubriron os primeiros fósiles, en 1994, como Homo antecesor.


 As pegadas deste grupo de homínidos consideraríase o rastro máis antigo coñecido na actualidade fóra de África o que é  unha clara evidencia   da presenza dos primeiros humanos coñecidos no Norte de Europa, así declarábao  Nick Ashton director  do Museo de Historia  Natural de Londres , onde se presentará o achado a finais deste mes.

Atopáronse  despois de que quedaran expostas durante unha marea baixa na zona costeira de  Norfolk cando o mar axitado limpou a area que as cubría e uns investigadores víronas , os cales tomaron imaxes dos sedimentos petrificados antes de que o mar as tragase de novo.
Con esas fotografías e tras o seu análise detallado, realizado pola doctora Isabelle De Groote, , deseñouse  un modelo en tres dimensións, co cal determinaron que se debeu de tratar dun grupo de cinco individuos, posiblemente familiar, de adultos e nenos.

Do aproximadamente medio centenar de pegadas identificadas, só unha ducia estaban razoablemente completas e só en dous apreciábanse os dedos con detalle,os arqueólogos están agora a intentar precisar a súa idade que, polo momento, sitúan en torno a 850.000 anos ou 950.000.
A pisada máis grande sería dun individuo que calzaría un número 42 actual e os investigadores estiman, polo tanto, que mediría algo máis de 1,70 metros.



FONTES:
                      
Patricia Moreiras Arias nº13 1º Bach.D



A idade non é un obstáculo para a rexeneración neuronal

Un novo estudo da Universidade Yale en Connecticut, Estados Unidos, descubríu que o que limita de xeito determinante a rexeneración neuronal non é a idade senón a insulina. O achado fíxose en vermes envellecidos, pero é posible que a mesma situación aconteza no ser humano.

Nos vermes estudados, a insulina é o que inhibe a capacidade das neuronas motoras para repararse, un descubrimento que suxire que o deterioro do sistema nervioso podería non ser inevitable.

A medida que envellecen, todos os organismos sofren unha redución da súa capacidade para rexenerar porcións danadas do sistema nervioso. Este sistema regula a súa propia resposta ante a idade, polo tanto,  é factible obter animais que vivan máis tempo do normal pero cuxo sistema nervioso envelleza ao ritmo normal, ou, á inversa, obter animais que morran a idades normais pero cuxo sistema nervioso se manteña novo ata o final.

O obxectivo desta nova liña de investigación é descubrir cómo conseguir rexenerar neuronas sen que a idade da persoa sexa un impedimento.

  • Paréceche interesante este descubrimento?
  • Recordas o funcionamento das neuronas? Déixoche o seguinte vídeo para refrescar a memoria:


Alba Álvarez Pacios nº1 1ºBACH-A

OS TOMATES CONTRA Ó CANCRO

 Investigadores británicos desarrollan unha hortaliza modificada xenéticamente cun alto contido de antioxidantes.
Despois de longos anos de estudo, o esforzo de 300 científicos internacionais, coordinados polo laboratorio do Centro Jhon Innes de Norwich (este de Inglaterra) parece dar o seu fruto.
Os investigadores tomaron os xenes implicados na coloración vermella nos pétalos da dragoniana, unha planta mediterránea, e introduxíronos nos da tomateira. Ises xenes seleccionados permiten xerar antocianina, un antioxidante beneficioso na prevención do cancro e responsable de que as flores e froitas sexan de color vermella ou morado, moi presente nas zarzamoras, arándanos ou frambuesas.
Mediante esta modificación xenética conqueriron uns tomates que ó madurar teñen un intenso color púrpura polo seu alto contido de antocianina tanto na pulpa como na pel. Espérase que os primeiros 1200 litros de zume cheguen pronto a Gran Bretaña procedentes de Canadá.
O tomate conta con todos os xenes necesarios para xerar istes antioxidantes, pero istes están inactivos e grazas a esta modificación conseguiron que se desenrrole a antocianina.
O esencial agora é desenrrolar as probas de seguridade para contrastar os posibles efectos positivos na saúde dos humans.
 

Nos estudos con ratos comprobouse que os alimentados cós tomates modificados, recibindo unha forte dosis do vexetal de cor púrpura, resultaron máis lonxevos.
Curiosamente, ainda que a invención é británica, a restrinción de alimentos tranxénicos da UE obrigaron a saír ao extranxeiro para desenrolar a tecnoloxía e as probas posteriores e por ilo transladáronse a Ontario(Canadá).
Agora ben, a pregunta é si un producto modificado xeneticamente ainda que poida revertir nunha mellora da saude, será aceptado pola opinión pública, cada día mais escéptica ante a manipulación dós alimentos. A última aprobación para un cultivo de alimentos tranxénicos na UE foi no 1998.

En Norteamérica será mais factible pois espérase que o tomate morado chegue ós supermercados nun par de anos e a doctora Martin, autora do estudo, confía en que a incorporación do tomate morado a dieta dos norteamericanos rematen ca resistencia dós paises mais reacios.

Fonte: http://www.abc.es/ciencia/20140129/abci-supertomate-morado-para-combatir-201401291203.html


NURIA VILA SEIJAS  Nº30 1ºBACH-D          

miércoles, 5 de febrero de 2014

Un cohete privado podrá levar humanos a Marte «en dez anos»

O director xeral da empresa privada SpaceX, Elon Musk, subliñou que o sistema de lanzamento para enviar persoas a Marte podería estar dispoñible en 10 anos. Na súa opinión, os requisitos que ten que este cohete é un "gran tamaño" e "será lanzado a miúdo para enviar millóns de persoas e toneladas para o espazo."
Durante unha entrevista coa CBS, explicou que hai que desenvolver "un vehículo moito máis grande para crear o que sería unha especie de sistema de transporte colonial a Marte". "Estamos a falar de cohetes nunha escala tan grande que nunca se fixo antes, diminuirá o foguete lunar Apollo medindo 110 metros", engadiu.

Un cohete privado podrá llevar humanos a Marte «en diez años» 


Musk, que se define como "un apaixoado de Marte e da súa exploración", indicou que a súa empresa está traballando nun proyecto futuro para lograr que o home pise o Planeta roxo. Pero, a curto plazo, Space X pretende crear vehículos de transporte de tripulación para reducir a dependencia da NASA dos vehículos rusos Soyuz.
 A compañía é unha das tres contratadas, xunto a Boeing e Sierra Nevada, pola axencia espacial estadounidense para desenrolar naves que poidan transportar astronautas ao espacio. "A nosa nave Dragon, que actualmente transporta carga útil á ISS, estará lista para embarcar xente nunhos dous anos", apuntou ao respecto.


Fontes:
http://www.abc.es/ciencia/20140205/abci-cohete-privado-puede-llevar-201402051351.html


                                                 Martín González Fernández 1º Bach A

martes, 4 de febrero de 2014

Dinosaurios sepultados por un volcán en China

Decenas de fósiles de dinosaurios de entre 130 e 120 millóns de anos atópanse baixo territorio chino. A postura na cal foron descubertos indica que a morte visitounos de sorpresa.


Algúns dos fósiles atopados

Científicos creen que a morte de toda a fauna que existía na Terra durante o Cretácico inferior debeuse a unha erupción volcánica. Naquela época, nesa zona de Asia, convivían dinosaurios, mamíferos, lagartos, aves primitivas e algúns invertebrados. Os encargados de reconstruir o ecosistema afirman que se trataba dun lugar cheo de lagos e bosques rodeados de volcáns, era, polo tanto, unha zona volcánicamente moi activa.

A análise dos fósiles desenterrados mostra que a superposición dos corpos debeuse a coladas piroclásticas, con orixe volcánica. Trátase dunha mezcla entre gases volcánicos a grandes temperaturas, materiais rochosos quentes e aire de ata 200km/h.

Durante a investigación, comprobouse que cada esqueleto estudiado fora sepultado directamente polo material e que, a postura dos esqueletos, suxire que foran enterrados en vida.


FONTES: http://www.elmundo.es/ciencia/2014/02/04/52ef7992e2704e1d2f8b4572.html


                                                    Paula Quintas Blanco 1ºBach A

lunes, 3 de febrero de 2014

Creados os primeiros monos transxénicos 'a medida'

O método utilizado ata agora para crear animais transxénicos consistía en facer moitos cambios no xenoma e seleccionar os exemplares adecuados. Este método resulta útil en animais como os ratos, que se reproducen moito e rapidamente, sin embargo, para o estudio de especies como as dos simios, non era posible. 
Este procedemento pode comezar a cambiar despois da publicación do equipo chino Jiahao Sha en Cell. O traballo basease na aplicación dunha tecnoloxía que consiste en usar unhas bacterias de 'tixeiras xenéticas' para introducir os xenes que se queiran investigar, podendo controlar onde se producirá exactamente a mutación. O único requisito da súa utilización é que a modificación debe producirse xusto despois da fecundación, cando o futuro simio é tan so un embrión dunha célula. 


Este novo método permitirá obter modelos animais en simios de enfermemdades ata agora difíciles de investigar(como as dexenerativas). Ademáis permitirá contar con individuos o máis parecidos posible aos humanos, co que se supón que se reducirá o número de fracasos actuais cando se pasa de investigacións en roedores a humanos directamente. 
Aínda con todos os beneficios que isto suporá para a ciencia, xa houbo críticas de grupos ecoloxistas que pensan que isto levará a un aumento do número de simios que se usarán para a investigación, cada vez máis negados a medida que istes son máis próximos xenetica e evolutivamente aos humanos. 

Credes que este posible avance nas investigacións levará ao abuso da utilización dos simios na mesma?


Fontes: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/02/02/actualidad/1391353463_071898.html

Ana Rodríguez Vilas 1ºBach A

A UE afronta o reto de hallar unha vacuna para a leishmania


                                                                 O flebotomo transmite o protozoo da leishmania.
De enfermidade olvidada a protagonista dun importante esforzo europeo: os seis millóns que a Comisión Europea va a dedicar para atopar unha vacuna para a leishmaniosis visceral, unha enfermidade causada por un protozoo que é transmitido pola picadura dun mosquito. Os afectados ven cómo o microorganismo asentase no seu fígado e o seu bazo e  acaba con el. As victimas teñen anemia, debilitanse e as suas defensas caen. Aunque existen tratamentos, son moi dolorosos e complicados, e exigen estar ingresadas tres semanas, algo que en moitos dos países endémicos é toda unha proeza, explica Agustín Benito, coordinador da Rede de Investigación Cooperativa de Enfermidades Tropicales e director do Instituto Nacional de Enfermidades Tropicales.
A leishmaniosis é unha enfermidade tan olvidada que nin os propios expertos se ponen de acordo na sua incidencia. Javier Moreno, coordinador científico do proyecto para conseguir a vacuna, a define como a enfermidade dos “pobres entre os pobres”, porque mentras nunha persoa san, ben alimentada, o normal é que teña unha variante cutánea menos perigosa, son os máis desfavorecidos os que están en máis perigo de sufrir a enfermidade.
A ONG Iniciativa para o Desarrollo de Medicamentos para Enfermidades Olvidadas (DNDi polas suas siglas en inglés), que está buscando alternativas para o tratamento menos complicadas e con menos efectos adversos, calcula que ao ano morren unhas 40.000 persoas pola variante visceral de esta enfermidade, e que uns dos millons de persoas a contraen ao ano. Ata 350 millons de persoas viven en zonas de perigo. Pero non é unha enfermidade solo de países pobres, o cambio climático (e as mascotas sen tratar) hacen que ocorra un aumento nos países europeos da cuenca mediterránea, señala o Instituto de Saude Carlos III. En Occidente o principal foco son os animais caseros, mentras que nos países pobres o é o ganado ou os animais salvaxes. Benito calcula que cada ano se dan uns 400 casos en España.
Conseguir unha vacuna para as enfermidades parasitarias é “moi complexo”, admite Moreno.
 O proxecto ten unha primeira fase preclínica, que en cinco anos esperase que chegue a un ensayo de seguridade xa en persoas. En medicina todos os traballos implican plazos largos, e so en esta primeira fase calculase que se emplearán cinco anos. “A primeira fase va a ser xuntalos todos. Temos hasta cinco”, explica o investigador principal do traballo. A idea é reunilos todos nun virosoma (unha especie de virus artificial que terá todas as proteínas) para conseguir unha resposta inmune combinada. “Por decilo sencillamente, así parece que os antígenos captan mellor a atención do sistema inmune”, indica o coordinador científico do prollecto.
Para máis adiante quedan outras cuestions, como o acceso e o precio (unha vacuna para unha enfermidade de pobres ten que ser barata se quere ser eficaz). Pero esas etapas habrá que solventarlas se, cruzando os dedos, o proxecto acaba no éxito que os seus promotores lle pronostican. “A vacuna podería estar dispoñible nun plazo de 10 a 20 anos”, opina Moreno.

Fonte:

Pablo González Vázquez        1ºC BACH.