jueves, 14 de noviembre de 2013

Descuberta a composición do interior do chorro dun burato negro.

Un equipo de investigadores da Universidade de Barcelona, o Observatorio Europeo Austral (ESO) e a Universidade de Curtin (Australia) determinaron a existencia de partículas subatómicas chamadas bariones nun jet ou chorro de materia, ademáis de calcular a súa velocidade.

Representación da formación do chorro dun burato negro.


Estes chorros ou jets foron estudados durante décadas, pero aínda se descoñece a súa composición. "A pesar de que se observaron durante décadas, aínda non estamos seguros de que están feitos ou o poderosos que son", di a autora María Díaz Trigo.
O equipo analizou as ondas de radio e os raios X emitidos por un burato negro do sistema 4U 1630-47, un sistema binario, é dicir, no cal un burato negro orbita xunto a unha estrela.
Este burato negro é coñecido por ser activo, pero as observacións de raio do equipo non mostraron chorros e o espectro de raios X non revelou nada anormal.
Non obstante, unhas semanas máis tarde, este grupo de astrónomos volveu analizalo e, esta vez, viu as emisións de raio correspondentes á aparición destes jets e apareceron liñas no espectro de raios X, o que indicaría a presenza de outras partículas.

Ademais, cren que os chorros son impulsados polo disco de acreción do burato negro -un cinto de gas quente que xira arredor do burato negro- o que explicaría que producise chorros que conteñen partículas de luz. 

Os investigadores xa sabían dende hai décadas que os buratos negros conteñen electróns, pero agora encontraron a primeira evidencia de átomos pesados, como o ferro e o níquel. Cando unha partícula masiva se move leva consigo máis enerxía que unha partícula máis lixeira que se move á mesma velocidade. Isto explicaría porque son tan poderosos.
Por último, tamén mediuse a velocidade dos chorros, que sería dous terzos da velocidade da luz, aproximadamente 198000 km/s.
                                     PAULA QUINTAS BLANCO 1ºBACH A


DESCOBREN UNHA NOVA FAMILIA DE PARTÍCULAS DE CATRO QUARKS

Un grupo internacional de científicos descubriu unha nova partícula subatómica que suxire a existencia dunha nova categoría deste tipo de compoñentes da materia.

Tras o experimento nun colisionador de electróns e positróns de Beijing, un equipo de físicos da Universidade de Hawái en Manoa, en EUA e do Colisionador de Electrones-Positrones II (BEPCII), en China, acharon unha partícula con carga eléctrica inusual de catro quarks denominada Zc (4020). 

Ata hai pouco críase que os hadrones tiñan só dúas estruturas posibles. Bariones, incluíndo o protón e o neutrón, están feitos de tres quarks. Os mesóns, como o pión e kaón, constan dun quark e un antiquark.
En abril de 2013, o experimento BESIII anunciou o descubrimento dunha misteriosa partícula de catro quark chamado Zc (3900). Os científicos fixeron colisionar no BEPCII electróns e positróns a unha enerxía de 4.260 megaelectronvoltios. 
Logo, durante o experimento BESIII (Beijing Spectrometer), foron estudados os produtos da desintegración obtidos no proceso e lograron observar a Zc (3900), á que se uniu agora a Zc (4200). 





Fonteshttp://www.abc.es/ciencia/20131112/abci-hallan-nueva-familia-particulas-201311120925.html


Antía Rodríguez Constela 1ºBach A