miércoles, 8 de mayo de 2013

ENERXÍA SOLAR ULTRAEFICIENTE

Si se duplica a eficiencia dos aparellos solares cambiaría completamente a economía da enerxía renovable. 
   Harry Atwater (mestre de ciencias dos materiales e física aplicada en Caltech, Instituto Tecnolóxico de California, en EEUU) cree que o seu laboratorio pode crear un dispositivo práctico e económico que produza máis do dobre da enerxía solar xenerada polos paneis actuais. Esto é posible gracias a recentes avances na capacidade de manipular a luz a moi pequena escala.
   Os paneis solares compóñense de células feitas dun único material semiconductor, normalmente silicio. Dado que o material absorbe só unha estreita banda do espectro solar, gran parte da enerxía da luz do sol pérdese en forma de calor: estes paneis converten menos do 20% desa enerxía en electricidade.

             
 
   Nembargantes, o dispositivo que Atwater e os seu colegas teñen en mente posuiría unha eficacia de polo menos o 50%.Utilizaría un deseño que divide de maneira eficiente a luz solar, ó igual que o fai un prisma, en seis ou oito compoñentes de lonxitudes de onda, cada un dos cales produce unha cor de luz diferente. A continuación, cada cor sería dispersado a unha célula feita de material semiconductor capaz de absorvelo.
   O equipo de Atwater está traballando en tres deseños.
   Nun deles a luz solar xúntase nun recipiente de metal reflectivo e dirixido nun ángulo específico cara unha estructura feita dun material aislante transparente. Esta estructura transparente está forrada polo exterior con múltiples células solares, cada unha feita por entre seis e oito semiconductores diferentes. Unha vez que a luz entra no material, encontra unha serie de filtros ópticos delgados. Cada un permite que pase só unha cor para iluminar unha célula que o pode absorver, as restantes cores son reflexadas cara outros filtros deseñados para deixalos pasar.
                                            
    Outro deseño empregaría filtros ópticos en nanoescala que podería filtrar luz proveñente de tódolos ángulos.
   E un terceiro usaría un holograma en lugar de filtros para partir o espectro.
   Se ben estes deseños son diferentes, a idea básica é a mesma:  combinar células de deseño convencional con técnicas ópticas para aproveitar eficientemente o amplo espectro da luz solar e desperdiciar moita menos enerxía.
   Crear módulos máis eficientes faría que foran necesarios menos paneis para producir a mesma cantidade de enerxía, polo que os costes de instalación poderían reducirse en gran medida.

Enlaces:

Francisco Rodríguez Valencia, 1º Bach "A"