domingo, 17 de octubre de 2010

Efervesciencia, programa de Ciencia na Radio Galega

Logo Efervesciencia


Efervesciencia volve ás ondas da Radio Galega. Podedes escoitalo os sábados de 16 a 17 horas. No blog http://ww2.crtvg.es/mu/efervesciencia/ están colgados os podcast dos programas e seccións. recomendámosvos que os oscoitedes. Que vos parece se incluímos os que maís nos interesen no noso blog?




Editado por: Carmen Cid Manzano

Un paso máis cara a enerxía de fusión

O contrato para a maior pieza do ITER, o reactor de fusión que se constrúe en Cadarache ( Francia). O traballo quedou asignado a unha agrupación de entidades italianas chamada MWR cun orzamento de 300 millóns de euros. A empresa creará 7/9 do total do núcleo do reactor, onde se realizara a fusión do hidróxeno. Ás restantes partes quedaran encargadas á Corea do Sur e a parte interior quedará para hindúes e rusos.O núcleo, á esquerda, estará feito dun aceiro inoxidable especial, mide 13 metros de altura x 6,5
metros de ancho x 6,5 metros de profundidade e pesa 5.000 toneladas. Pero a complexidade do núcleo non reside nos materiais senón na gran cantidade de soldaduras e a precisión destas. A pesar do cal houbo un gran progreso dende a aparición da idea en 1986. Este núcleo é o símbolo de traballo de científicos rusos, europeos americanos e xaponeses. Nel se realizarán as esperadas reaccións de fusión que pretenden facer funcionar unha nova fonte de enerxía limpa, renovable, e dun poder enerxético inmenso. Se espera que cara o ano 2016 se poda producir a primeira reacción e cara o 2022 que opere con total normalidade.
Juan Ozaita Corral, 1º Bacharelato A
Para máis información

Gran Telecopio de Canarias

Traballo realizado pola alumna Susana Primo. Neste vídeo Susana cóntanos: onde está localizado o GTC, as súas características, o por que esta situado nas illas Canarias e cales son os seus obxectivos. Espero que o vexades, xa me diredes que vos parece...


Un gran descubrimento...

Científicos de tres centros de investigación -un francés, outro suízo e outro portugués- descubriron por primeira vez un planeta que, polas súas características de temperatura e composición, pode ser habitable para os nosos parámetros e atópase relativamente próximo á Terra, este planeta recibe o nome de GL581C.
Imaxes do planeta GL581C

O planeta está a 20,5 anos-luz da Terra, e xira ao redor dunha estrela anana vermella, a Gl581, unha das cen máis próximas ao noso sistema solar que está situada na constelación de Libra


Segundo os modelos utilizados polos investigadores do CNRS, a temperatura sitúase entre 0 e 40 graos celsius, compatible coa presenza de auga líquida na súa superficie.

O planeta ten unha masa moi débil que permite imaxinar unha constitución ben rochosa, ben cuberta por un océano, como na Terra, e tarda 13 días en percorrer toda a súa órbita ao redor da estrela Gl581.

A gravidade -ou forza de atracción- na superficie é 2,2 veces a existente no noso planeta, cun radio de acción 1,5 veces superior.

O equipo que o descubriu considera que se trata dun planeta idóneo para ser obxecto de misións dedicadas á investigación da vida extraterrestre, en particular co satélite Darwin, debido ás súas condicións de temperatura e de relativa proximidade ao sistema solar.
O lanzamento do satélite Darwin, da Axencia Espacial Europea, está previsto para 2015.

Eses mesmos investigadores xa localizaran en 2005 outro planeta do sistema desa mesma estrela anana, GL581B, e que percorre a súa órbita en 5,4 días.

Agora tamén descubriron un terceiro planeta dunha masa oito veces superior á da Terra que tarda 84 días en dar unha volta ao redor da Gl581, este planeta foi chamado GL581D

Para facer estes descubrimentos, os astrónomos utilizaron o espectógrafo de nova xeración HARPS instalado no telescopio xigante de "La Silla", en pleno deserto de Atacama, en Chile.


Feito por Brais Gómez García 1º A



Os cans doan sangue?


Si, os Laboratorios Montoro crearon o primeiro Banco de Sange Canina da Comunitat Valenciana.para mellorar a calidade asistencial veterinaria e tamen garantir a todas as clínicas veterinarias a disponibilidade de sangre necesaria para transfusión a todos os animais en calquer momento que o necesiten. Requisitos -o doante debe ter un peso aredor de 25 kilogramos -todos os cans doantes realizaselles unha analítica completa de forma gratuita
A doazon non supon un perxuicio para o animal senon que axuda a telo controlado e previr calquera tipo de patología.



Feito por : Érika López Carballo 1º bacharelato A