domingo, 14 de noviembre de 2010

Unha gran matemática galega

Hoxe a edición galega do xonal El País recolle unha reportaxe sobre María Wonenburger unha matemática que é descoñecida para a maioría. Gloria Arias alumna de 2º de bacharelato o ano pasado realizou unha semblanza da súa vida, déixovos o video para que a partir de agora digades: si, eu coñézoa!!!.




Editado por: Carmen Cid Manzano

Os gatos beben desafiando á gravidade

Investigadores do MIT( Instituto de Tecnología de Massachusett), Virgina Tech e a Universidade de Princeton(Nova Jersey,EEUU) chegaron á enorme conclusión de que as leis da gravidade son desafiadas nada máis e nada menos que polos gatos domésticos e felinos, analizando a súa forma de beber ca lingua.
Desde que o enxeñeiro Doc Edgerton do MIT fotografiou fai 70 anos un gato bebendo leite, sabemos que o fai estendéndoa cara o recipiente e curvando á vez a punta, coma se fose unha culler, e desde que filmaron recentemente este proceso, teñen conciencia de que só o extremo da lingua toca o líquido. Cun áxil e sutil movemento, o animal consegue elevalo en forma de pequena columna que despois atrapa dunha dentada. Cando pecha a boca o líquido rompe dentro, mantendo o queixo e bigotes totalmente secos(a diferenta dos cans, que teñen un mecanismo máis vigoroso para calmar a sede e producen máis salpicaduras).


Preguntádesvos como se pode formar esa columna de fluído? Grazas a un fráxil equilibro entre gravidade(que o delvovería ao recipiente) e inercia(que fai que siga nesa dirección a menos que outra forza interceda). Pero poderiamos decir que o máis sorprendente é que o gato coñece instintivamente cando e cómo ten que mover a lingua para estabilizar ambas forzas e beber. Sabemos que sorben 0,1 ml de líquido en cada “lametazo”.

"Deste estudo dedúcese que os gatos son máis intelixentes do que algunhas persoas supón, polo menos no que respecta á hidrodinámica", asegura Jeff Aristoff, matemático da Universidade de Princeton.

Para máis información, visita:

Editado por Yurema Seara Núñez e Andrea Fernández Novoa 1ºB Bach

Os mofos proceden da humidade? os vermes proceden dos cadáveres?

Os mofos proceden da humidade?, os vermes dos cadáveres?, os piollos da sucidade? Estas preguntas foron formuladas en clase e moitos contestástedes que si e o resto deron a calada por resposta. Quere iso dicir que sodes defensores da Teoría da xeración espontánea???. Que sepades que foi Louis Pasteur en 1864 o que demostrou que todo ser vivo procede doutro ser vivo anterior, refutando con iso a Teoría da xeración espontánea. No seguinte vídeo podedes ver os experimentos científicos que levaron ao fin de dita teoría, tan asentada durante tantos séculos e que algún de vos sigue a crer nela.





Seguro que aínda vos gustan os debuxos animados. Déixocos tres fragmentos de vídeo que completan un episodio, da serie Os inventores, titulado Louis Pasteur:


Editado por Carmen Cid Manzano

Cal e a orixe da vida?

Ao longo da historia propuxéronse varias hipóteses para intentar explicar a orixe da vida, podémolas resumir en: Hipóteses creacionistas, Hipótese da xeración espontánea, Hipóteses da evolución química e Hipótese da panspermia.





As hipóteses creacionistas inspiradas en dogmas relixiosos din que os seres vivos proveñen dun acto de creación por un ser divino. Estas hipóteses están fóra do que entendemos actualmente por ciencia.
Deseño intelixente é o termino utilizado que describe á corrente pro-relixiosa que sostén que a vida é o resultado de accións realizadas por un ou máis axentes intelixentes. Pola maioría da comunidade científica é considerada unha pseudociencia con características dogmáticas. Se queres saber máis preme aquí.





Editado por Carmen Cid Manzano