lunes, 28 de abril de 2014

Obtidas por clonación células produtoras de insulina


Científicos de Nova York e Xerusalén logran mediante a derivación de células nai por transferencia nuclear clonar  células beta pancreáticas -as produtoras de insulina- a partir dunha paciente de diabete de 32 anos.

 Divididos en dous grupos de investigación, un deles logrou resultados favorables  con varóns sans de 75 e 35 anos e o outro, cuxos datos publica agora a revista Nature, cunha muller de 32 anos con diabete e cun bebé varón acabado de nacer. Este segundo grupo ademais conseguiu obter células produtoras de insulina a partir da pel da paciente diabética.

A xeración de células beta pancreáticas era un dos obxectivos prioritarios da medicina rexenerativa, porque os científicos esperan que poida axudar aos pacientes diabéticos. A obesidade e a consecuente diabete de tipo 2 é o principal problema de saúde pública dos nosos días, nos países occidentais, e cada vez máis no mundo en desenvolvemento, esta realidade  está causada polo nefasto estilo de vida e nutrición dos países ricos. Pero con todo non se trata dunha cura para a diabete, pois nesta enfermidade o que está alterado é o sistema inmunolóxico do paciente que destrúe as células secretoras de insulina


A técnica empregada polos cientificos mostra unha alternativa ás  células IPS así o sinala Dieter Egli, da Fundación de Células Nai de Nova York, e os seus colegas da Universidade Hebrea de Xerusalén na revista Nature:
"As células iPS",son a miúdo defectuosas na súa diferenciación (especialización en tipos celulares útiles para transplantes), pois  conteñen patróns aberrantes de metilación (modificación epixenética), e adquiren mutacións somáticas."
Por outrra parte tamen recoñecen a importancia do su descubrento :
"O Nobel a Yamanaka impulsou  a investigación en células nai e atraeu, un interese e unha motivación sen precedentes cara ao campo ó mostrar ós científicos que a tecnoloxía das células nai ten un potencial incrible; é verdade que, ao mesmo tempo, desincentivou ós laboratorios da investigación en clonación; pero cremos que o noso éxito neste terreo establecerá un novo equilibrio, con ambas as dúas liñas progresando en paralelo".


    PATRICIA MOREIRAS ARIAS Nº13 1ºBACH D
ENLACES
http://www.elmundo.es/salud/2014/04/28/535e4edb22601d43778b456f.html
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/04/28/actualidad/1398683058_460776.html

A MOSCA TSÉ-TSÉ

Por primeira vez un equipo de investigadores de todo o mundo conseguiron secuenciar o xenoma completo da mosca tsé-tsé, transmisora do soño nos humanos. Este avance axudara a que nas investigación futuras se poda conseguir, dunha maneira máis sinxela, novas maneiras de combatir a enfermidade, endémica e potencilamente mortal.
A mosca tsé-tsé é única no mundo xa que alimentase únicamente do sangue dos seres humanos e os animais. Ademáis a súa picadura pode transmitir a enfermidade do soño que se non se recibe tratamento é mortal. A vacuna a´nida non se desenvolveu e os tratamentos farmacolóxicos actuais teñen efectos secundarios non desexados.
Agora o obxetivo será identificar os xenes da mosca que codifican as proteínas e logo se enlazan coa súa función biolóxica correspondente. Estas proteínas teñen importancia xa que con elas podese averiguar aspectos da estructura e función dun organismo.

Os investigadores traballan polo dirección correcta para reducir o número de afectados, uns 70 millóns en toda a África subsahariana. Ademáis esta enfermidade tamén afecta aos animais polo que durante moito tempo foi unha prioridade nos países afectados.


Fontes: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/04/24/actualidad/1398360794_475995.html



Miguel Ferreiro Díaz 1º Bach C

Así sufrirá España o desxeo do Ártico a finais de século

A organización Greenpeace, determinou que debido ao aumento das temperaturas e ao desxeo dos casquetes polares, a finais de século, as praias de benidorm, de Marbella e de San Sebastián quedarán mergulladas baixo torrentes de auga, igual que case todos os edificios que se atopen nas costas. Incluso as vides veranse gravemente afectadas  polas non suficientes precipitacións.


Recreados polos membros da organización en impactantes fotografías, estes efectos terán lugar cara o ano 20100 se non se establecen accións políticas que favorezan a protección da zona.
Segundo os datos calculados por Polar Science Centre, nos últimos 30 anos perdéronse a redor das tres cuartas partes do xeo no Ártico. E se para finais do século o xeo de Groenlandia se derrete, o nivel do mar subirá ata sete metros e rematará devorando  centos de metros do litoral mediterraneo.
"O Ártico é tamén asunto de España", afirma Tatiana Nuño, responsable da cmapaña de Cambio Climático, "os seus impactos estanse a notar en todas as partes do planeta".
A pesar da distancia que separa España e o Ártico, os raios solares deixará de reflectirse sobre as capas de xeo e no seu lugar os océanos absorverán a calor. Ademáis, tras as capas heladas atópanse gases de efecto invernadoiro (principalmente metano) cuxa liberación causa do derretimento emepeoraría o cambio climático.
O V informe xerado pola IPCC prevé un aumento das temperaturas, maiores olas de calor, maior dificultade para acceder á auga doce, un aunmento no número de incendios e o posible asentamento de insectos que propague novas enfermedades.

Fontes de información:
http://www.elmundo.es/ciencia/2014/04/22/535665ffca4741f2118b4583.html

Ana Rodríguez Vilas 1ºBach A