sábado, 3 de noviembre de 2012

Volven os dinosaurios?

No ano 2009 o paleontógo da Universidade de Montana, Jack Horner, anunciou que  quería revivir un dinosaurio. Parece ser que ese desexo pode facerse realidade manipulando o ADN dos seus descendentes actuais. Trataríase de espertar xenes que están durmidos nunha galiña e transformala nun dos seus ancestros prehistóricos. Por que unha galiña? Pois porque o seu esquelete e o dun dinosaurio son moi parecidos ademais de compartiren os ovos de casca dura, as plumas… O camiño que hai que percorrer é o inverso, é dicir, ir de adiante para atrás no proceso evolutivo.
 Para que isto sexa posible  hai que contar cos xenes chamados Hox que están presentes en todos os animais, fungos e plantas e que son os que lle din ao embrión onde , cando e como hai que desenvolver unhas patas, unhas ás…  é dicir, aquilo que nos identifica como unha especie distinta.  Para isto os Hox fabrican unha serie de proteínas que se pegan nunhas zonas do ADN e fan que se acendan ou apagan os xenes.  Así pois, se implantamos os xenes Hox no embrión dunha especie emparentada, teremos un animal xeneticamente similar á especie extinta.
Existe o proxecto de clonar o tigre de Tasmania que se extinguiu hai case un século e quen sabe, quizais dentro de 20 anos vexamos un Tyrannnosaurus rex  tan cerca coma agora os vemos na pantalla do cine ou do noso televisor.




MuyInteresante
Goo.gl/ xGUZk
Goo.gl/2m3uK
Goo.gl/SWNul


Brais Casas 1ºD

2 comentarios:

Carmen cid manzano dijo...

Brais, a primeira fonte da problemas. Fai con cada un dos link os hipervínculos para ir directamente.

Carmen cid manzano dijo...

Dos 600 xéneros de dinosaurios coñecidos no mundo, 14 están en España. O novo paradigma (conclusións ampliamente aceptadas polos científicos), os interpreta como animais normais, non como monstruos como as veces os representou o cine (Godzilla).