O CSIC denunciou esta semana que por falta de financiación non foi posible
pór en marcha o ensaio clínico en fase III dun fármaco contra ó Alzheimer.

Para comprobar a eficacia dun
fármaco en humanos, cada fármaco ten que superar 4 fases. O Tideglusib superou
a fase I (demostrouse a súa seguridade probándoo en voluntarios sans) e a fase
II na que se probou a seguridade en 350 pacientes con Alzhéimer nos que comezaron
aparecer leves sinais da súa eficacia. Pero agora o grupo de investigadores non
pode seguir. Para realizar a fase III, que xa tiña que estar en marcha dende
finais do 2012, é necesario recrutar a 1500 pacientes de varios países.
Noutras ocasións as administracións financian os ensaios clínicos nas
primeiras fases, e as fases III e IV son apoiadas por laboratorios ou compañías
farmacéuticas. Agora os investigadores están en contacto con ambas partes, intentando
conseguir o diñeiro suficiente co fin de levar a cabo o seu proxecto, que se se
proba a súa eficacia podería estar no mercado en tres anos.
Sería un paso moi importante no tratamento desta enfermidade que cada día
afecta a máis persoas. Pero é moi importante que se comprobe a eficacia do fármaco
e tamén habería que ter en conta os seus efectos secundarios, para evitar
situacións como a de fai unhas semanas, na que Europa suspendeu a venta do
relaxante Myolastan, por risco de reaccións cutáneas.
FONTES DE INFORMACIÓN
Iago Rodríguez Peña 1º BACH A