viernes, 23 de diciembre de 2011

Novas pistas sobre a orixe da vida na Terra



En todos os seres vivos actuais a información xenética almacénase no ADN. O ARN desempeña un papel activo para copiar esta información e permitir a síntese de moléculas activas no organismo, as proteínas. Con todo, os científicos cren que un mundo de ARN precedeu ao actual, no que o ADN domina as formas de vida.
O ARN está formado por tres tipos de moléculas: un azucre (ribosa), un grupo fosfato e unha base nitroxenada. Segundo a maioría dos científicos estos tres tipos de moléculas deberon aparecer de forma separada na Terra primixenia e logo formarían cadenas de ARN. Pois ben, está hipótese pudo ser probada nun traballo recentemente publicado na revista Nature. John Sutherland e os seus colegas la Universidad de Manchester (Reino Unido), publicaron como a partir da combinación de ditas moléculas puido aparecer o ARN sen a axuda de enzimas, grazas aos raios ultavioletas e ao fosfato. Para elo provocaron reaccións químicas en modelos de ambientes xeolóxicos como os que deberon existir na primitiva Terra.
Na mesma revista nun segundo estudo, o equipo de Edward DeLong, do MIT (EEUU) explican a presenza de pequenas moléculas de ARN atopadas directamente no plancton das profundidades oceánicas, onde para algúns científicos debeu suceder a orixe da vida.
NOEMI BASALO AÑEL 1º BACHILLERATO E

FONTE DE DOCUMENTACIÓN
http://www.elmundo.es/elmundo/2009/05/13/ciencia/1242205127.html