jueves, 2 de junio de 2011

A 'E. coli' letal é froito dun cruzamento entre variantes


Científicos alemáns e chineses lograron descifrar o xenoma da variante da bacteria 'E. coli' que provocou a agresiva infección, a cal causou xa 18 mortes e parece non remitir. O axente infeccioso foi identificado como, froito dun cruzamento entre cepas xa coñecidas.
A variante letal de 'E. coli' é unha combinación entre un "parente moi afastado" da variante máis común da bacteria xunto con outras cepas tamén coñecidas. É dicir, trataríase dun cruzamento, non dunha mutación da chamada '0104:H4'. A pesar destas últimas análises, segue sen coñecerse o foco da infección.

No xenoma localizáronse secuencias de ADN que son "clásicas" en dúas coñecidas variantes da bacteria, xunto a outros compoñentes xenéticos que son descoñecidos.
A combinación destes elementos dá como resultado unha variante moi agresiva, que permanece máis tempo do habitual no intestino e provoca danos moito máis persistentes. É resistente a algúns antibióticos, a súa toxicidade é elevada e a infección evoluciona con rapidez cara á insuficiencia renal.
O equipo científico indicou que a identificación do xenoma non implica que poida darse de inmediato cun remedio á crise sanitaria..

Para máis información:
http://www.elmundo.es/elmundosalud/2011/06/02/nutricion/1307025997.html
Feito por: Yurema Seara Núñez

Nace un coelliño sen orellas preto de Fukusima



Aqueles que hoxe víchedes o telexornal recordaredes o vídeo anterior.

Como podemos ver no vídeo naceu fai uns dias un coelliño sen orellas nunha graxa preto de Fukusima. Creo necesario e interesante que reflexionemos todos...
Será a malformación deste coelliño produto da radioactividade orixinada en Fukusima? Mutaría o ADN das células do seu embrión durante o desenvolvemento?, podería pasar en outros animais? e no ser humano?

Editado por Antia Arias Garcia 1ºB

Unha solución rexenerativa

Un grupo de investigadores da Universidade de Brown e do Instituto de Tecnoloxía de Kanpur, na India, pousaron os seus ollos na nanotecnoloxía e descubriron nela a posibilidade de reparar e devolvérllela vida ás células nerviosas e ás células voluntariamente contráctiles do miocardio (cardiomiocitos) , cando nun ataque ó corazón unha parte del morre. Partindo da idea de introducir no corazón algo capaz de rexenerar o tecido morto do seu interior construíron unha estructura formada por nanofribras de carbón e polímero, que actúan como conductores de electróns producindo corrente eléctrica para que o seu latido constante se recupere. Para isto, coséronse nanofibras formando unha pequena estructura duns 22milímetros de largo e 15 micrómetros de ancho; colocáronse sobre un substrato de cristal e ó cabo de 4 horas había cinco veces máis tecido celular do corazón, e, catro días despois, a densidade de neuronas multiplicouse por dous, co que se demostrou que o tecido sintético rexenerou o tecido celular e as neuronas.

De chegar a comprobarse a total eficacia desta novidosa técnica, millóns de persoas serían beneficiadas, xa que según os datos da American Heart Association 785.000 persoas sufriron un segundo ataque ó corazón no ano 2009.

Noticia completa

Lucía Rodríguez 1ºB