domingo, 10 de junio de 2012

A un paso máis cerca da enerxía de fusión.


A enerxía de fusión é a que utilizan as estrelas para manterse activas e, de poder ser levada a cabo a grande escala podería supoñer unha fonte de enerxía segura, limpa e practicamente inesgotable.
Dous investigadores da Universidade de Princeton anunciaban unha posible solución ao desenvolvemento da fusión como fonte de produción de enerxía eléctrica en todo o mundo.
Traballos no  reactor ITER en Cadarache .

De momento, só  se conseguiu de forma experimental, en pequenas cantidades e cun gran custo económico.
Ao contrario da enerxía nuclear o proceso de fusión une partículas de hidróxeno en vez de dividilas, ata que se converten en xeo, a temperaturas moi altas que poden superar os cen millóns de graos. Un reactor de fusión utiliza campos magnéticos para confinar o plasma no seu interior, polo que o solenoide central, (dispositivo que crea ese campo magnético para manter o seu interior a 100 millóns de graos, que consta de varias bobinas xigantes amoreadas unha enriba doutra) resulta indispensable para acender e dirixir a corrente de plasma.
O problema reside en fabricar un reactor que conteña o plasma a altas temperaturas, absolutamente necesarias para que o proceso funcione. Agora, un equipo da Universidade de Tennessee, en Knoxville (EUA), probaron con éxito unha tecnoloxía que poderá illar as mil toneladas do solenoide central.

Os seus responsables esperan que a grande infraestrutura comece a operar en 2020 e que a enerxía de fusión sexa masiva antes de 2040. Os seus partidarios aseguran que é unha enerxía limpa, que apenas ten riscos, abundante e que pode durar millóns de anos.
Abraham Otero Fernandez 1ºD nº22