domingo, 3 de febrero de 2013

Orixe das vacas mariñas

  Falamos dunha especie que comparte un ancestro có elefante actual e que os seus parentes eran tamén terrestres, pero co tempo, estes animais tan peculiares fóronse adaptando. Descubriuse o orixe desta especie, no ano 2008 polo instituto das ciencias da evolución de Francia, grazas ao descubrimentodun cráneo en Túnez, que indicaba que esta especie vivía, ao comezo da súa vida acuática, en lagos e ríos. O fósil ten unha idade de aproximadamente 48 millóns de anos e tería un peso duns 50 kg.

  Por outro lado, pénsase que este animal alimentábase de vexetais pero aínda faltan moitos estudos para comprobar se é certo ou non. Os científicos creen que se extinguiron a finais do s.XVIII pola súa elevada demanda para comida ou abrigos. Por último, temos que dicir que a única diferenza que hay cos seus descendentes (manatís e dudongos) é que estos últimos pesan os outros.


FONTES DE INFORMACION:
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/01/16/ciencia/1358357266.html

Radiación cósmica como a causante de enfermidades

  Novos estudos levados a cabo e publicados a revista "Plos One", revelan que os viaxes espaciais aumentan as posibilidades de desenrolar enfermidades coma o alzhéimer. Dicimos que o espazo está cheo de radiación de difrentes tipos; esta, en concreto, provén de galaxias e estrelas lonxanas, pero nos non estamos expostos a ela grazas a que o campo magnético do planeta Terra nos protexe desta choiva de partículas. Dicimos tamén, que pode penetrar en obxetos sólidos coma os escudos ou o fuselaxe dunha nave espacial.

  A NASA, nun intento de estudar os principais riscos deste tipo de radiación, fixeron o estudo mediante a exposición continuada de ratos de laboratorio á radiación cósmica; os que se someteron a maior cantidade de radiación, presentan síntomas avanzados de enfermidades coma: a disminución ósea, a indución ao cancro, problemas       cardiovasculares ou musculares, etc.

  En resumo, agora os viaxes espaciais, coma se non foran o suficientemente perigosos xa, añádeselle a posiblidade de padencer un cancro ou algunha doenza de ósos.


FONTE DE INFORMACION:
http://www.abc.es/ciencia/20130102/abci-radiacion-cosmica-produce-alzheimer-201301020940.html                    
                                                      

Nacemento do Universo, versión definitiva

  O equipo da sonda WMAP (Sonda de Anisotropía de Microondas Wilkinson), publica depois de once anos de investigación e traballlo, que a teoría do Big-Bang e a inflación do cosmos son certas.

  Lanzada no ano 2001, e dirixido o traballo polo astofísico Charles L. Benett e o seu equipo dende a NASA, determinou unha serie de características do Universo que recolectaron grazas á sonda WMAP, esta aterrou no ano 2010 e tardaron dous anos en confirmar todos os datos agora expostos. Entre as súas conclusións, destacan a exactitude dos anos do Universo, a densidade dos átomos, a época na que se crearon as primeiras estelas, etc. Pero tamén apoian as teorías antes formuladas coma a da inflación que dí que o Universo sufríu un crecemento moi grande en billonésimas de segundo; durante esta expansión, formáronse pequenas fluctuacións que deron paso as galaxias que hoxe coñecemos.

Teoría do Big-Bang