·A Estación Espacial Internacional (ISS) é ameazada por
unha gran nube de lixo espacial, formado por máis de medio millar de
restos do bloque acelerador ruso Briz-M,
perdido no espazo en agosto deste mesmo ano logo de fallar a posta en órbita de
dous satélites.
Logo deste terrible acontecemento, a NASA fai un
seguimento diario deste lixo espacial, e aseguran que é potencialmente perigoso
tanto para a Estación como para os seus tripulantes. Os satélites foron
lanzados ó espazo por Rusia, e logo de dous anos, nos que tiveron máis de dez
fallos técnicos, decidiuse que tiñan que ser retirados do lugar. Algún tempo
despois, os informes revelaron que os erros nos dous satélites non foran
técnicos, senón que se trataban de erros de fabricación, polo que despois de
serén retirados, o director xeral da principal marca rusa fabricante de cohetes
espaciales Protón, Vladímir Nésterov,
dimite. No obstante, no pasado as explicacións dos numerosos reveses sufridos
por a industria espacial rusa en menos de dous anos, casi sempre recaían en
errores humanos e non en fallos de fabricación. En agosto do ano pasado, un
carguero ruso Progress que portaba carga de vital importancia para a Estación
Espacial, estrellouse pouco despois do seu despegue, o que supuxo o primer
accidente deste tipo de nave espacial en máis de trinta anos. A esto súmaselle
a perda de varios satélites e o fracaso
do lanzamento da estación marciana Fobos-Grunt, en novembro do ano pasado, o
que supuxo un duro revés para os plans rusos de exploración interplanetaria.

En resumo, non só na Terra a basura é un tema de vital
importancia, senón que no espazo tamén xoga o seu papel, e trátase dun tema de
preocupación, xa que no espazo tamén causa os seus estragos aínda que pensemos
que non é así. A NASA está moi preocupada por a ameaza que representa esta nube
de lixo espacial formada polos componentes de dous satélites para a Estación
Espacial Internacional.
http://www.voanoticias.com/content/tecnologia-eeuu-nasa-estacion-espacial-internacional/1532963.html