lunes, 18 de noviembre de 2013

ISON, o cometa observable a simple vista.


O cometa ISON foi descuberto o 21 de septembro de 2012 por astrónomos rusos. Tras varias noticias en diferentes xornais, pensábase que o cometa brillaría máis que a Lúa chea, e foi considerado o cometa da siglo, mais estas estimacións foron algo optimistas de máis.

Os astrónomos detectaron un estallido de actividade do cometa que aumentou considerablemente a súa producción de gases, como o seu brillo, ata o punto de facelo visibel a simple vista.


Según  as estimacións da súa órbita, trátase dun cometa que procede da nube Oor, unha burbuxa que rodea o Sistema Solar e está formada polos restos da nebulosa que deu lugar ao Sol e ós planetas fai catro mil seiscentos millóns de anos. ISON ofrece a oportunidade de estudar a súa historia, e evolución a partir das claves físicas e químicas que el mesmo aporta.


Este Cometa presenta ademais otro aliciente, rozará o Sol (2,7 radios solares, que equivalen a 1,8 millóns de kilómetros) o próximo 28 de novembro, polo que alcanzará temperaturas duns  5000 graos, do que derivará un largo periodo de actividade derivado non so da sublimación do xeo senon tamén dos silicatos e metáis, que liberan gran cantidade de polvo e aumentaría o seu brillo.
Pero tamén pode ser que debido ás mareas da calor do Sol, o núcleo do ISON termine fragmentándose e vaporizándose, como ocorreu cos anteriores cometas que case rozan a nosa estrela.


Agora, os investigadores do Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA-CSIC) traballan en campañas de observacións para estudar  o momento de máximo acercamiento ao Sol, e analizar as súas características e actividades detalladas.

A continuación porei un video que nos facilita o IAA-CSIC sobre se é ou non o cometa do siglo:


E para os amantes da astronomía que lle interese esta noticia a parte de atopar información nos enlace das fontes do IAA-CSIC , de onde saquei a información. Pode acceder neste enlace, a como hallar o Cometa no Stellarium. Descargando un programa gratuíto, e seguindo os pasos, poder facer un seguimento deste interesante cometa.

E se queredes velo, investigade máis aquí, verase no ceo o 28 deste mes: 


Fontes:


Patricia Pérez Froufe 1º bach A


NASA revela as primeiras fotografias da formacion da Via Lactea

O telescopio Hubble permitiu aos investigadores da NASA estudar como a estrutura da Vía Láctea cambiou co tempo. Os astrónomos utilizaron o telescopio espacial para estudar a evolución dunhas 400 galaxias similares á Vía Láctea e deste modo observaron a súa aparición en diversas etapas de desenvolvemento nun período de tempo de 11.000 millóns de anos.
Ao analizar as imaxes obtidas, os científicos chegaron á conclusión de que a nosa galaxia probablemente, comezou como un obxecto de cor azul de baixa masa que contiña unha gran cantidade de gas: o combustible para o nacemento das estrelas. A cor azul, neste caso, é un indicador da rápida formación de estrelas.
Ademais, os investigadores encontraron que a Vía Láctea, posiblemente, era un disco plano cun vulto no centro. Ambos os dous creceron de forma simultánea nunha espiral que se pode comtemplar a día de hoxe. O Sol e a Terra residen no disco e o vulto está cheo de estrelas máis vellas e é o fogar dun burato negro supermasivo que probablemente creceu ao longo da galaxia.
"Por primeira vez temos imaxes directas do que a Vía Láctea parecía no pasado", dixo Pieter G. van Dokkum, científico da Universidade de Yale en Connecticut (EUA). "Por suposto, non podemos ver a Vía Láctea no pasado. Seleccionamos as galaxias a miles de millóns de anos luz de distancia que se converterán en galaxias como a Vía Láctea. Ao rastrexar os seus irmáns, encontrámonos con que a nosa galaxia construíu o 90% das súas estrelas fai entre 11.000 millóns e 7.000 millóns de anos, o cal é algo que non se mediu directamente antes».
Todo foi posible grazas ás incribles capacidades do telescopio Hubble, que permitiron que os expertos puidesen observar en detalle estas galaxias e así comprender como cambiou a estrutura da nosa galaxia no tempo.
Segundo explican dende a Nasa, no momento máis importante da formación de estrelas -cando o Universo tiña ao redor de 4.000 millóns de anos-, as galaxias como a Vía Láctea creaban preto de 15 estrelas por ano. En comparación, a Vía Láctea actual só crea unha estrela ao ano.





Fontes:  http://www.abc.es/ciencia/20131115/abci-hubble-revela-primeras-imagenes-201311151052.html


Antía Rodríguez 1ºBach A