domingo, 24 de noviembre de 2013

Cientificos do IAC comproban que dous estrelas aproximanse aos buratos negros máis rápido do previsto.

Investigadores do Instituto de Astrofísica de Canarias comprobaron con telescopio que en dous sistemas binarios que as súas estrelas están "caendo" nos buratos negros a unha velocidade maior da prevista polo modelo estándar da física.
Os dous sistemas binarios observados son XTE J1118+480, cun burato  negro de aproximadamente 7,5 masas solares y su estrela secundaria, dunhas 0,2 masas solares,  situado no halo da Vía Láctea.
A0620-00 (V616 Monocerotis o V616 Mon) presenta un burato negro un pouco menos masivo, de 6,6 masas  solares, cunha estrela secundaria dunhas 0,4 masas solares. Atopase na dirección correspondente á constelación de Monoceros.
Ambos teñen periodos orbitais distintos. No primeiro, a estrela tarda 4,1 horas en realizar un xiro sobre o centro de masas do sistema a unha velocidade de 765 km/s. No segundo, a  estrela viaxa a  560 km/s, tardando 7,75 horas en realizar cada xiro.
O astrofísico González-Hernández explica que o sistema de periodo orbital máis curto se acerca a maior velocidade. A estrela, canto máis preto está do burato negro, vai cada vez máis á presa, polo tanto, a caída prodúcese antes do previsto, e seguramente a maior velocidade; isto supón que os tempos de vida destes sistemas son realmente curtos a escala astronómica, dunhas decenas de millóns de anos.
En  orixe, estes sistemas binarios están compostos por unha estrela secundaria de tipo solar e unha estrela primaria moito máis masiva ca o Sol , que evoluciona rapidamente e acaba estoupando como unha supernova. Esta supernova dá lugar ao burato negro.
A teoría do modelo estándar describe o achegamento dunha estrela a un burato negro ata ser finalmente engullida, pero non se puidera demostrar por falla de aparellos axeitados e porque se precisaba entre 10 e 20 anos para observar todo o proceso.

Manuel Fernández Armesto 1º Bach. A