jueves, 22 de mayo de 2014

A rutina na dieta levou á extinción ao primate "Pau" e aos seus conxéneres.

Pau, Lluc, Jordi e os seus conxéneres primates, dos que foron atopados fósiles nos xacementos catalás de Vallès-Penedès extinguíronse  a causa da rutina na súa dieta.

 Esta é a teoría que expoñen nun artículo na revista especializada, Plos Oneun, o equipo de investigadores do Instituto Catalán de Paleontoloxía Miquel Crusafont.

Os primates hominóideos do Mioceno, criaturas no árbol xeaniolóxico dos humanos e os grandes monos, dos que forman parte os especimes atopados en Cataluña, dispersáronse por Eurasia fai 14 millóns de anos.
A especialización alimentaria permitiu a súa expansión pero á vez converteuse nun risco.

O estudo, que infire na dieta de cinco especies de hominóideos da Península Ibérica, entre eles Pierolapithecus catalaunicos, á que pertence o famoso Pau, do que os restos apareceron no Els Hostalets de Pierola; Anoiapithecus breviroostris (Lluc) e Hispanopithecus laietanius (Jordi), realizouse a partir do microdesgaste que presentan os dentes dos fósiles e que indica que comían.
Cada tipo de alimento, recalcan os científicos, produce unha abrasión microscópica característica no esmalte dentario que os paleontólogos poden identificar e asociar a un tipo de dieta dando sentido á frase “somos o que comemos” (incluso os monos do Mioceno).


A  análise revelou que as diferentes especies tiñan unha alimentación diversa: uns alimentos duros, como froitos con cáscara e sementes, e outros froitos máis brandos. Cando os alimentos favoritos comezaron a escasear polos cambios no clima, os vellos simios do Mioceno non foron capaces de adaptarse e extinguíronse fai entre 12 y 9 millóns de anos.


MARCOS VAZQUEZ FERNANDEZ

1º BACHARELATO C

FONTES:
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/05/20/catalunya/1400618514_564532.html

O colesterol bo reduce a expansión das células do cancro

O colesterol é un dos factores máis coñecidos que desenrolan numerosas enfermidades cardíacas, infartos e outras enfermidades vasculares. Un equipo de ivestigadores internacional, da universidade de Barcelona, dirixido por Carlos Erich, segun os resultados das suas investigacións creen que o colesterol malo podería ser probablemente un dos responsable da metástasis e das réplicas de un tumor en outros órganos que soen matar aos pacientes de cancro.



Os científicos demostran, en modelos celulares de cancro humano, que o colesterol denominado como colesterol malo (LDL) estimula as células do cancro a moverse e diseminarse. E a inversa, os investigadores decretaron que o colesterol denominado como colesterol bo (HDL) opense a estes mecanismos moleculares. O traballo indica una nova estratexa contra a metástasis, un dos maiores problemas das persoas con cancro.


“A metástasis é un dos grandes asuntos que fan co cancro sexa tan difícil de tratar”, dí Enrich, “e os investigadores recoñecen dende fai tempo que un mellor entendemento da diseminación do cancro pode darnos a oportunidade de mellorar o tratamento do mismo”.
Os científicos seguen a investigar este novo descubrimento que podería ser un avance na procura da cura desta dura e perigosa enfermidade .



FONTES DE INFORMACIÓN:


 MARTA TAÍN VÁZQUEZ 1ºA

AUGA RADIACTIVA DE FUKUSHIMA VERTIDA O MAR

A acumulación de auga radiactiva converteuse nun quebradizo de cabeza para os técnicos da central nuclear de Fukushima Daichii, esnaquizada polo terremoto e o tsunami que arrasaron a costa nororiental de Xapón o 11 de marzo de 2011. E, ante o volume crecente e a falta de espazo para seguir almacenándoa, aplicaron este mércores unha decisión drástica, aceptada de mala gana en marzo pasado polos pescadores da zona: o vertido ao océano de auga subterránea da planta con niveis de contaminación inferiores ao límite legal. Hoxe, soltaron de forma puntual 561 toneladas (561 metros cúbicos). A organización medioambiental Greenpeace ha cuestionado a medida, que, segundo di, está baseada na falta de alternativas.
Ademais do auga utilizada para refrigerar os reactores danados, os enxeñeiros xaponeses teñen que facer fronte ao auga subterránea que flúe desde os outeiros próximos. Ao redor de 400 toneladas entran cada día nos sótanos dos edificios dos reactores, onde se mesturan con auga moi radiactiva empregada na refrigeración. Os traballadores bombean o líquido resultante, trátano e almacénano en máis de 1.000 depósitos que ocupan a instalación. Pero os tanques que conteñen a auga máis radiactiva están case cheos, e solución do problema é a clave para poder avanzar no proceso de desmantelamento da central, que durará 30 ou 40 anos.

 Fontes de información:http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/05/21/actualidad/1400692900_757285.html

Alumno:Daniel Sáinz Nóvoa
Curso:1 BACH D

Microchips inalámbricos para uso terapéutico

O uso da electrónica para a curación de enfermidades é o futuro da medicina. Desde fai anos, os laboratorios traballan no desarrollo destes dispositivos, que xa se usan en pacientes e conseguen resultados positivos. O problema é o seu suministro de enerxía, pois adoitan levar baterías que se deben sustituir periodicamente. Agora, un estudo publicado pola Universidade de Stanford  propón outra alternativa. 

O equipo liderado polo investigador John Ho conseguiu crear un dispositivo, do tamaño dun gran de arroz, que é alimentado mediante un sistema de ondas magnéticas con outro corpo. Para recargalo, simplemente hai que colocar o segundo dispositivo (Semellante a unha tarxeta de crédito) sobre a pel do paciente. 

O microchip á dereita, comparado con pastillas.

Segundo explica John Ho, teñen un prototipo desta técnica, pero só foi probado en animais, concretamente un porco e un coello, pero están preparando os experimentos con humanos. "Esperamos iniciar os ensaios en dous ou tres anos, e rematalos en 10", afirma John. 

Desde o seu equipo aseguran que a alimentación por ondas é totalmente segura: "Teñen a potencia de ondas dun teléfono móbil, e estas non supoñen ningún risco para o ser humano. Ademáis, podemos reducir a potencia das ondas aínda máis, mellorando o diseño da placa metálica". 

Toda comunidade científica está esperando os resultados, que nunha primeira vista parecen prometedores. Segundo afirma Julián Villacastín, director do Instituto Cardiovascular do Hospital San Carlos, "Trátase dun traballo moi sólido, pero aínda preliminar", e continúa: "Sería moi interesante poder transmitir enerxía sen cambiar o dispositivo". Os científicos do estudo están pendentes de recibir a confirmación para poder empezar os experimentos con humanos.

Débese seguir o principio de precaución antes de experimentar con humanos?


Fontes de información:
  • http://www.elmundo.es/ciencia/2014/05/19/537a1c8ae2704e6e148b4577.html

David Boó - 1ºA Bach.

Unha fantástica choiva de estrelas cairá este sábado por primeira vez

A madrugada do próximo sábado 24 de maio, algo novo cairá do ceo. Trátase dunha choiva de meteoros nunca vista, chamada Camelopardalis pola constelación de onde procede (a Xirafa), que podería deixarnos centos de fogonazos á hora no ceo. Moitos deles serán grandes e brilantes, posiblemente máis ca Venus, como uns breves fogos artificiais de orixe natural. O responsable deste regalo é o cometa 209P/LINEAR, que pasa cerca da Terra este mes e deixa seu rastro de escombros. Ainda que a roca foi perdendo material polo camiño é improbable que ocorra, os astrónomos non descartan que se produza o que se chama unha "tormenta de estrelas", cando máis de mil iluminan a noite cada hora.
O sistema Slooh de telescopios terrestres conectados a internet retransmitirá en vivo o fenómeno e o paso o cometa mentras se achega a nós na súa órbita, dende o Instituto de Astrofísica de Canarias, a partir da medianoite do venres (hora peninsular española). A cobertura en vivo da nova choiva de meteoros producirase dende as 5.00 horas. Os espectadores poden ver a retransmisión gratis e facer preguntas utilizando o hashtag #Slooh en Twitter .
Descuberto en 2004, o cometa 209P/Linear encontrarase a aproximadamente 12,4 millones de km (cerca de 32 distancias lunares) na madrugada do sábado. Cando foi visto por primeira vez, os astrónomos crían que solo nos deixaría un puñado de meteoros. Anos despois, déronse conta de que o evento podería ser moito maior, xa que a Terra atoparíase cos rastros de po expulsados por este cometa entre os séculosg XIX e XX, o que podería provocar a famosa e desexada tormenta de meteoros.
As últimas prediccións son máis modestas, entre 400 e 200, pero que segue sendo un número fantástico se se ten en conta que a choiva das Perseidas de agosto soe deixar pouco máis dun centenar. A tormenta tampouco está completamente descartada. A máis impresionante do pasado século ocorreu o 18 de novembro de 2001, cando poideron verse seis brillantes estrelas fugaces verdes cada minuto, que deixaron largos e persistentes sendeiros na negra noite.
Ocorra o que ocorra, o fenómeno vai desenrrolarse durante un período de dúas ou tres horas. De todos os lugares do mundo, Estados Unidos e o sur de Canadá serán os mellores posicionados para a observación. En España, o máximo da choiuva producirase de día, entre as 9 e as 10 da mañá, pero ainda que así podremos disfrutar dela as horas anteriores da madrugada. 


Fontes:  http://www.abc.es/ciencia/20140520/abci-fantastica-lluvia-meteoros-puede-201405191850.html


Martín González Fernández 1ºbach A