viernes, 11 de febrero de 2011

Atópase un óso que afirma que Lucy era bípeda

Como xa estudiamos en Ciencias para o Mundo Contemporáneo, Lucy é o esqueleto dun homínido pertence a especie de Australopithecus afarensis de fai máis de 3,2 millóns de anos de antigüedade. Foi descuberto en 1974 por Donald Johanson en Adis Abeba (Etiopía) e dende ese ano mantívose unha gran polémica, Lucy era bípeda ou pasara parte da súa vida colgada nas ramas das árbores? Algúns científicos decantábanse pola primeira resposta pero ningún o puido demostrar ata agora. O fósil do Australopithecus afarensis confirma que esta especie xa camiñaba de forma bípeda e que se desprazaba erguida. O óso encontrado é de pequeño tamaño, pertence o cuarto metatarso do pé esquerdo e a súa curvatura é propia dos pés dos homínidos que camiñan érguidos como o Homo Sapiens. "Foi atopado durate unha escavación de rutina no xacemento que xa xerou máis de 260 especímenes de Australopithecus afarensis desde os anos 70", explicou a ELMUNDO.es William Kimbel, coautor do traballo e profesor de Historia Natural no Instituto das Orixes Humanas da Universidade do Estado de Arizona (EEUU), institución fundada por Johanson.







Para máis información aquí



Lorena Yáñez López 1º A