As probas consisten básicamente en introducir catro xenes do VIH B en cantidades xustas para que esperte unha reacción no organismo pero que non produza unha infección, o cal garante a seguridade.
Foi probado en 30 voluntarios, a 24 dos cales se lles implantaron 3 doses da vacuna e aos 6 restantes, un placebo. Nos vacunados observouse unha resposta defensiva ao longo dun ano, mentres que nos que recibiron placebo, non se observou efecto algún.
"De momento, o único que sabemos é que induce ás defensas e que é segura, xa que non houbo efectos secundarios graves, pero ata aí. Non podemos saber aínda si será eficaz para evitar a infección. Para eso debemos seguir traballando" , explicaba Felipe García, un dos investigadores do Hospital Clínic de Barcelona.
O seu propósito agora é comezar a fase II, cuxa finalidade é ver si é efectiva e en qué doses, o cal estaría rematado nun prazo optimista de cinco anos.

Para ver a noticia completa, clickade aquí
Andrea Fernández