Segundo os estudos realizados  polo Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) atoparon na superficie do “65  Cybele”(un asteroide do sistema solar na  categoría de asteroides primitivos) pequenas cantidades de auga xeada. O mesmo  equipo de investigadores xa atoparan auga noutro asteroide do sistema solar a  principios de ano, no “24 Themis”.
 Isto fai suxerir que hai moita  máis auga no Sistema Solar do que se cría. Ademais aporta novas evidencias á  teoría que nos di que a auga chegou á Terra a través dos choques dos  asteroides.
 Os corpos espaciais, asteroides  maiormente, están compostos por diversos materiais tales como arxilas, minerais,  feldespatos, metais, ferro e níquel. E agora ademais podemos saber que tamén  están compostos por auga e moléculas orgánicas. Ademais, o “65 Cybele”, ao igual  que o “24 Themis” está recuberto por unha capa fina e granulada de silicatos  anhídridos e substancias orgánicas complexas e tamén auga xeada.
 Os estudos determinaron que hai  auga en case tódolos corpos que hai antes de Xúpiter, o máis relevante é que se  atopou xeo a unha distancia relativamente preto da Terra a 3 UA(unidade de  mediada estudada no primeiro tema de CMC) equivalente 448.000 millóns de  quilómetros. Pero sen dúbida o máis relevante é o feito de atopar auga en  asteroides.
 Andrea Gerpe Acosta 1º Bacharelato  A
  
 
 
