lunes, 25 de octubre de 2010

Encóntrase auga na Lúa

En Outubro do 2009 a NASA lanzou un fogete baleiro contra Cobeus, un cráter de case 100 quilómetros de diámetro no polo sur da Lúa. O impacto produciu unha polvoreda de seis toneladas que foi analizada por unha sonda con cámaras e sensores. O resultado da análise asegura que o foguete levantou 155 litros de auga, o que indica que o elemento compón máis do 5% do po luar. Despois de facer uns cálculos o resultado foi que alí haberá polo menos 4.000 millóns de litros de auga, o que daría para manter unha colonia de mil persoas durante 500 anos.

Na nube de po tamén había prata, ouro e 1% de mercurio, o que supón un serio problema para o uso da auga. Pero xa se coñecen formas para separalo mercurio da auga.
Tamén se atoparon compostos orgánicos e dióxido de carbono.

Editado por:Lidia Blanco Otero 1º Bacharelato A

Scale of Universo. Do máis grande ao máis pequeno

Entra no seguinte enlace http://primaxstudio.com/stuff/scale_of_universe/ INCRIBLE!!!!
Editado por Carmen Cid Manzano.

Protagonista actual da Ciencia: Ignacio Cirac

Programa "Científicos de frontera" (TVE2): entrevista ao físico español Ignacio Cirac, director do Instituto Max Planck para Óptica Cuántica (Alemaña) e premio Fronteiras do Coñecemento 2008 da Fundación BBVA. Cirac narra a súa fascinación polos fenómenos que ocorren na materia a escala de millonésimas de milímetro: no mundo cuántico, por exemplo, os cambios nunha partícula poden manifestarse instantaneamente noutra situada a gran distancia, e sen que exista conexión material entre ambas. Nin maxia, nin ciencia ficción; un feito físico no que se basean aplicacións tecnolóxicas xa existentes, e que constitúe o fundamento dos futuros computadores cuánticos.