miércoles, 16 de febrero de 2011

Como curan as células nai

A capacidade de rexenerar órganos e tecidos a partir de células nai empeza a ser unha realidade non tan afastada. Hoxe sabemos que as células nai non só están presentes no embrión de todo ser vivo, senón que as podemos atopar en practicamente todos os tecidos do noso corpo. E aínda hai máis prodemos reprogramar as celulas adultas e convertelas en células nai, logrando as células iPS. O día 23 de xaneiro o programa Redes emitiu un episodio sobre este tema. Da man do Dr. Damián García Olmo, director de Terapia Celular do Hospital Universitario A Paz de Madrid, veremos de que son capaces as células nai e como os científicos tratan de manipulalas para curar todo tipo de enfermidades.

Meiose


As dieferencias entre a meiose e a mitose podédelas ver na seguinte animación:
http://centros.edu.xunta.es/iesoteropedrayo.ourense/dptos/bio/bach_2_bio_2010_2011/images/Animacions/Meisosis_Mitosis.swf

Editado Carmen Cid Manzano

Mitose






Editado por Carmen Cid Manzano

Un novo planeta no sistema solar ?

Xa hai un novo candidato para ocupar o sitio de Plutón no Sistema Solar. Trátase de Tyche, un planeta gaseoso entre unha e catro veces maior que Xúpiter, que orbita a un ano luz do sol nos confíns do Sistema Solar. O problema a todo isto é que aínda non se atopou, pero os investigadores cren que existe polo comportamento anómalo dos cometas, cuxas traxectorias poderías estar sendo influídas pola forza gravitatoria do planeta. Agora os investigadores esperan a que en abril o telescopio espacial de infrarroxos,WISE da Nasa, publique novos datos, e poidan ou non confirmar a súa existencia.




As respostas poderían tardar ata marzo de 2012, ata que se acaben de analizar os datos de WISE. Un dos investigadiores principais do telescopio di "Non é unha tolemia, pero si unha especulación".




Para máis infromación: Click aquí

Editado por Lidia Blanco Otero 1º Bac. A