lunes, 5 de diciembre de 2011

Os maiores buracos negros atopados ata a data



Esta imaxe amosa o enorme tamaño dun destes buracos negros.


Un grupo de investigadores de EEUU descubriron os dous maiores buracos negros supermasivos que se atoparon ata a data.


Os buracos negros son moito máis grandes do que esperaban os científicos grazas ás extrapolacións feitas a partir das observacións das características da galaxia anfitrioa. Estes resultados suxiren que os procesos que inflúen no crecemento das maiores galaxias e os seus buracos negros difiren daqueles que inflúen nas galaxias máis pequenas.

Crese que todas as galaxias masivas cun compoñente esferoidal albergan buracos negros supermasivos nos seus centros. As fluctuacións de luminosidade e de brillo dos quásares no Universo cedo suxiren que algúns son alimentados por buracos negros con masas máis de 10.000 millóns de veces maiores que o noso sol.

Con todo, o buraco negro máis grande coñecido ata agora, pertencente á galaxia elíptica xigante Messier 87, ten unha masa de 6.300 millóns de masas solares.

O autor principal do traballo, Ma-Chung Pei, e os seus colegas chegaron a estas conclusións tras a medición dos datos de dúas galaxias próximas, NGC 3842 e NGC 4889. revelan que o maior buraco negro supermasivo que existen. A galaxia NGC 3842 ten un buraco negro central cunha masa de 9.700 millóns de masas solares e a NGC 4889 ten un buraco negro cunha masa comparable ou maior.


Deixovos un video que fala dos buracos negros





E outro que explica que é un quasar





Enlaces:
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/12/05/ciencia/1323087298.html; publicada na revista científica 'Nature'
http://www.youtube.com/watch?v=3QYVUvm3Uc4
http://www.youtube.com/watch?v=z8wxxoXNCgc&feature=mfu_in_order&list=UL




Sandra Vázquez Fernández nº 27 1º Bach. E