Mostrando entradas con la etiqueta Botánica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Botánica. Mostrar todas las entradas

domingo, 27 de abril de 2014

VEXETAIS MODIFICADOS PARA PALIAR O CAMBIO CLIMÁTICO E PARA RESISTIR A EL

Unha noticia do 17 de abril de este ano nos informan que unha das posibles solucións contra o quecemento global é seleccionar vexetais coas condicións adecuadas para iso (selección artificial) ou mesmo modificalas (biotecnoloxía). De todas formas é mellor empregar grandes extensións de terra agrícola en uso e recrutar a cultivos alimentarios comúns en lugar de cultivos exóticos ou marxinais porque así a agricultura alimenticia seguiría sendo a base soportando mellor aos efectos nocivos de cambio climático.
  
Investigacións comprobaron que as plantas de soja poderían modificarse e utilizalas como tal fin explicado, xa que aumentaría o seu rendimento agrícola usando menos auga e evitando o uso de gases que provocan o efecto invernadoiro. Escolleron a soja porque ao ser un cultivo alimenticio de alto consumo e ter un alto valor proteico importante para a humanidade pode ser modificado para realizar moitos obxectivos propostos.






O equipo do JPL, Laboratorio de Propulsión a Chorro, dirixido por Darren Drewry de California e Praveen Kumar xunto con Stephen Long da Universidade de Illinois (EE.UU.) son os que investigando nestas propostas empregaron un modelo avanzado de vexetación e técnicas de optimización informática de alto rendemento. Grazas a estas investigacións comprobouse que poderían incrementar un 7 % a súa produtividade prescindindo da auga; ou poderían empregar un 13 % menos de auga; ou incluso reflexar un 34 % máis de luz de volta ao espacio. Todas esas modificacións non afectarían ao rendimento alimentario e provocarían unha maior resistencia ao quecemento global ademáis de palialo.

As razóns destes estudos son porque estase a contemplar a inseguridade global alimentaria a causa do crecemento continuo da poboación e do cambio climático. Segundo as Nacións Unidas para poder satisfacer no ámbito alimentario a toda a humanidade no 2050, debería incrementarse un 70 % a producción alimentaria.


SIRA PRIETO GONZÁLEZ
1ºA





ENLACES

http://noticiasdelaciencia.com/not/10134/cultivos_agricolas_alimentarios_con_capacidad_de_lucha_contra_el_calentamiento_global/

http://www.ipsnoticias.net/2013/09/cambio-climatico-amenaza-productividad-de-la-soja/

(Este enlace fala en concreto da produtividade en Brasil dos campos de soja como tamén de outro cultivos importantes, e sobre as pérdidas agrícolas que terán nun futuro se continuasemos sen facer nada ou sen facer o proposto no artigo anterior)

domingo, 2 de junio de 2013

Unhas plantas “resucitan” tras pasar catro séculos baixo un glaciar

Un grupo de investigadores da Universidade de Alberta (Canadá) espertaron dun sono case eterno a un tipo de plantas non vasculares chamadas briofitas enterradas no glaciar Teardrop da illa de Ellesmer, no ártico canadiense. Este tipo de vexetais, ó que tamén pertencen os musgos, son as plantas terrestres máis sinxelas: carecen de follas, tronco e raíces elementos típicos dos vexetais superiores. Teñen elementos análogos chamados filoide,  cauloide e  rizoide.

            Dende que os glaciares empezaron a retroceder, varias investigacións atoparon  especies vexetais debaixo do xeo, pero sempre estaban mortas. Nesta ocasión os científicos descubriron plantas que foron sepultadas polo xeo no período que se chamou a Pequena Idade de Xeo (1550-1850)  segundo demostraron cas técnicas de datación por radiocarbono. As plantas atopadas estaban ben conservadas e incluso algunhas mostraban brotes verdes, sinal da rexeneración. Tomaron fragmentos delas, as cultivaron no laboratorio e comprobaron a súa capacidade para volver a crecer. Chegaron a conseguir once cultivos de sete tipos diferentes de plantas.

            Estes resultados, publicados na revista Proceedings, indica que as briofitas son máis resistentes do que se crían e poderían contribuír ó desenvolvemento e recolonización de ecosistemas polares, segundo indican os autores deste estudio.



Que son as briofitas?


FONTES DE INFORMACIÓN

Iago Rodríguez Peña 1º BACH A