lunes, 13 de enero de 2014

Descifran o xenoma da Quenlla Elefante

Secuenciaron o xenoma da “Quenlla elefante” co fin de investigar a evolución do sistema inmune e por qué o esqueleto das quenllas é cartilaxinoso.

Un grupo de investigadores, liderados por Byrappa Venkatesh, da Universidade de Singapur, secuenciaron o xenoma da “Quenlla elefante” co fin de investigar a evolución do sistema inmune e por qué o esqueleto das quenllas é cartilaxinoso.
As Quenllas  son uns animais interesantes dende o punto de vista evolutivo: encóntranse entre os vertebrados con mandíbula articulada máis antigos que non se extinguiron. Dentro dos  GNATOSTOMADOS, había dous grupos, con madíbula cartilaxinosa e con mandíbula ósea, que sendiferenciaron hai 400 m.a.,según Wesley Warren, investigador do Instituto do Xenoma da Escola de Medicina da Universidade de Washington.
A Quenlla  elefante (Callorhincus milii), é unhas das quenllas  máis raras do planeta,   e ten unha trompa coa que escarba no fondo mariño para cazar crustáceos, de ahí o apodo de “elefante”.
O estudo e comparación do xenoma desta  quenlla, pode axudar a identificar as adaptacións xenéticas claves na árbore evolutiva. Ten un xenoma compacto de 1000 millóns de pares de bases (aproximadamente 1/3 do xenoma humana)e iste xenoma é o que máis despacio evolucionou  de todos os vertebrados coñecidos.
Da comparación do xenoma da quenlla elefante con o doutras especies, podemos ter un certo coñecemento sobre a base xenética da formación dos ósos e a adaptación do sistema inmune, o que permitirá entender mellor certas enfermidades humanas, como a osteoporose e desenvolver terapias.
Os investigadores descubriron a ausencia dunha familia de xenes, que sí están presentes en todos os vertebrados con ósos; a eliminación destes xenes provoca a disminución na formación dos óso; isto indica a seu papel no desenvolvemento óseo.


A quenlla elefante, ten un sistema inmune simple e eficaz, moi diferente ó dos mamíferos, pero capaz de combatir unha grande variedade de infeccións de manera igualmente eficente, , polo que, según un dos coautores, T.Boehm. do Instituto Max Planck de Inmunoloxía e Epidemioloxía de alemania, “ indica ca natureza ofrece solucións diferentes para o mesmo problema”.
Fuentes: ww.elmundo.es/ciencia/2014/01/08/52cc4e65ca47414c528b458c.html
                                                            

                                                                                              Miguel Pimentel Pérez 1ºBach. A