miércoles, 8 de junio de 2011

Greenpeace acusa á moneca Barbie de destruir os bosques de Indonesia





http://www.elmundo.es/elmundo/2011/06/08/ciencia/1307545435.html

que é o sexo para a ciencia?



Logrouse descifrar o Xenoma completo da leucemia.

Celulas de catro pacientes permitiron escribir as primeiras paxinas do diccionario da leucemia linfática crónica, comparando o ADN das células tumorais de catro pacientes con células sanas. Este tipo de leucemia é a máis frecuente no noso país. A partir destas mostras, descifrouse o Xenoma completo do tumor e a identificación de catro mutacións xenéticas que levan ao seu desenvolvemento.
Este descubrimento supón un gran avance para o desenvolvemento de novos tratamentos farmacoloxicos e aumenta así a esperanza de controlar a leucemia, tal como se amosou na revista Nature.
Que tipo de danos produce este tipo de leucemia? A leucemia linfática crónica produce un incremento dun tipo de glóbulos brancos chamados linfocitos B na médula ósea. As células cancerosas disemínanse dende a médula ósea ata o sangue e cara os ganglios linfáticos e outros órganos como o fígado ou o bazo. O seu desenvolvemento remata debilitando ao sistema inmune, as defensas do organismo.

O Ministerio de Ciencia, aportou 10 millons de euros ao proxecto do estudo do Xenoma da leucemia. Pero no é una iniciativa en solitario de España e adicada en exclusiva a este tumor hematolóxico. Fai tres anos científicos de 12 países emprenderon un proyecto ambicioso que busca analizar o xenoma dos 50 tipos de cáncer con mayor impacto social (tumores de mama, páncreas, piel, ril, cerebro, fígado….).

Cando se poña fin a este macroproxecto sairán á luz moitos dos secretos xenéticos do cáncro.
Co tempo, a tecnoloxía porase ao alcance de todos e cada paciente terá o xenoma do seu tumor, un perfil persoal dese gran manual xenético.

http://www.abc.es/20110605/ciencia/abci-leucemia-201106051654.htm

Tatiana Nespereira Campuzano (1º bacharelato B)