sábado, 9 de abril de 2011

No 2013 podería chegar a Europa a vacina contra a nicotina


Unha década máis tarde dende que se comezara a probar con ratos, un portavoz do Instituto Nacional sobre o Abuso de Drogas (NIDA) de EEUU publicou onte que a primeira vacina contra a nicotina podería chegar a Europa no ano 2013, esta vacina coñecida como NicVax provoca que o sistema inmunitario fabrique anticorpos para que se unan no sangue coa nicotina e impidan que esta pase ao cerebro.
Polo de agora esto tan só foi eficaz en animais e en humanos que realmente queren deixar de fumar cun gran apoio médico; os expertos levarán a cabo en EEUU probas con aproximadamente uns 2.000 pacientes para determinar a súa eficacia malia que teñen numerosas esperanzas en que sexa un gran descubrimento. Esta vacina tan só terá resultados positivos nas persoas que queiran deixar de fumar polo que non impedirá que os adolescente se volvan adictos a nicotina.
Detrás de toda esta investigación invertíronse aproximadamente uns 14 millóns de dólares, esta gran inversión merecerá a pena se a vacina logra ter a eficacia que se espera.
En en España cada dez minutos morre unha persoa a causa das consecuencias de fumar tabaco. Esta droga, como tamén sucede coa cocaína, aumenta os niveis de dopamina o que incrementa unha sensación de placer no corpo. Non credes que se realmente esta vacina é eficaz esto sería un gran descubrimento?

Para máis información: Aquí


Lorena Yáñez López 1º A

Factor clave para un posible método de autocontrol da ansiedad




Por que algunhas persoas preocúpanse polos temas máis triviais mentres que outras permanecen en calma ante unha calamidade? Un equipo de científicos identificou dous factores diferentes na nosa circuitería cerebral que explican por que algunhas persoas son máis propensas á ansiedade.
O descuberto nesta investigación pode abrir o camiño cara a un tratamento mellor orientado dos trastornos de ansiedade e medo crónicos. Tales trastornos afectan a moita xente no mundo; só en Estados Unidos son polo menos 25 millóns de persoas. Os síntomas inclúen ataques de pánico, fobias sociais, comportamento obsesivo-compulsivo e trastorno por tensión post-traumática.
Os autores do estudo, da Universidade de California en Berkeley, e da Universidade de Cambridge, descubriron dúas rutas neurales distintas que desempeñan un papel nos procesos que conducen a que desenvolvamos un medo ou o superemos.
A primeira ruta neural baséase na hiperactividade da amígdala, unha rexión cerebral que acolle os reflexos psicolóxicos primitivos de alarma vinculados ao instinto de supervivencia, que nos levan a fuxir ou a loitar para defendernos. A amígdala intervén no desenvolvemento de fobias específicas.


A segunda ruta neural baséase na actividade da cortiza prefrontal ventral, unha rexión cerebral que nos axuda a superar os nosos medos e preocupacións. Algúns suxeitos de estudo foron capaces de mobilizar a súa cortiza prefrontal ventral para reducir as súas reaccións de medo mesmo mentres aínda estaban a ocorrer os sucesos negativos, segundo descubriuse no estudo.
Este último achado é importante porque suxire que algunhas persoas poden ser capaces de usar esta parte do cerebro para regular as súas reaccións de medo, mesmo mentres viven as situacións que lles asustan ou como mínimo estresan.
A psicóloga Sonia Bishop, da Universidade de California en Berkeley, e o seu equipo, cren que se ás persoas que non contan cunha boa capacidade natural para lograr a citada autorregulación coa cortiza prefrontal ventral, puidésellas adestrar ata que fosen capaces de facelo, esta podería ser unha vía útil para axudar a quen padecen de ansiedade crónica, así como a quen están expostos a situacións perigosas ou estresantes durante longos períodos de tempo.


por: Antía Arias García 1ºB