Pero, que é un material hidrofóbo? Tratase dunha capa
nanométrica composta polo menos por un 95% de aire. As gotas dos líquidos que
normalmente se impregnan na nosa pel ao tocarnos, prácticamente non están en
contaco con esta superficie, polo que retroceden.
A superficie repele a meirande parte de líquidos, coma auga,
café, gasolina, parte de alcoholes, salsa de soja e mesmo acido sulfúrico entre
outros.
Inda que este material superhidrofóbo non é o primeiro, existen unha gran cantidade de materiais destas características que teñen
infinidade de aplicacións. Alguns, mesmo se empregaron coma productos
comerciales.
Pero o equipo de Crocket afirma que este, é moito mais eficaz contra a auga.
Di a investigadora
Julie Crockett
Inda que a investigación realmente está orientada a intentar
xerar enerxía dunha forma mais limpia e eficiente.
As centrais eléctricas que funcionan facendo xirar unha
turbina mediante a queima de carbón ou gas natural para crear vapor que se
expanda, teñen un problema en común: o vapor necesita volver a condensarse en
estado líquido, é dicir, auga, para reciclarlo correctamente.
Os resultados do estudo indican que as superficies cun patrón de
cretas ou postes microscópicos, xunto cun recubrimento hidrófobo producen maior
resistencia a auga.Gracias a esto, se os condensadores das centrais électricas puideran ser construidos con este material, o proceso de reciclado se produciría dunha forma moito mais rápida, aforrando tempo e reducindo os costes de xerar electricidade.

- Fontes de información:
SERGIO DAVID BERMEJO COFÁN
1ºBACH D