martes, 9 de noviembre de 2010

O biofuel incrementará as emisións de dióxido de carbono

A deforestación que causará o impulso dos biocombustibles na UE aumentará as emisións de gases contaminantes no canto de reducilas. Esa é, polo menos, a conclusión dun informe encargado por organizacións ecoloxistas que sinala que, só en España, as emisións de CO2 no sector do transporte crecerán para 2020 ata nun 8%, uns 9,5 millóns de toneladas, se o Goberno cumpre os seus compromisos de fomento de agrocombustibles.

Marlene Holzner.
Marlene Holzner
As conclusións, ás que nove organizacións como Greenpeace ou Amigos da Terra chegaron a partir de datos oficiais é que a deforestación nos 23 países analizados alcanzará unhas proporcións similares ás do territorio de Irlanda e terá efectos máis nocivos para o medio ambiente que seguir utilizando combustibles fósiles.

A Comisión Europea asegurou onte que estudará o informe, pero que aínda é pronto para cambiar os obxectivos acordados polos 27 Estados membros. A portavoz comunitaria de Enerxía, Marlene Holzner, recordou ademais que "a directiva sobre enerxías renovables di que non se pode acabar cos bosques para producir biocombustibles" ou prexudicar a biodiversidade.
Para máis informacion preme aquí


Editado por Brais Gómez García 1ºbach A






Un xen permite converter células de pel humana en sangue

Esta noticia, publicada na edición dixital de Nature, fala sobre un estudo que demostrou que a pel dunha persoa tratada pode actuar como células nai e converterse noutro tecido.
Investigadores da Universidade McMaster de Canadá, entre os que se atopa a española Ruth M. Risueño, transformoron pel adulta en sangue, engadíndolles un só xene chamado OCT4. As células transformadas non teñen marcadores de cancro e polo tanto non xeran tumores, isto supón un avance para tratamentos nos que as células sas dos pacientes axuden a rexenerar tecidos danados polo cancro ou outras enfermidades. Trátase dunha posiblidade áinda remota pero que en teoría poderiase experimentar en 2012 en humanos.




Máis información:


Feito por: Ana Pérez Pérez,1ºBacharelato A.

Especie invasora ameaza os ecosistemas caribeños.

O peixe león (Pterois volitans) é orixinario de Corea, Malasia e Australia agora está a aparecer en lugares moi afastados dos seus habitats naturais coma por exemplo nas augas do Caribe. Como chegou ata alí? Os biólogos da zona cren que poideron aparecer en 1992 cando o furacán Andrew destruiu o acuario artificial de Biscane Bay nas costas de Florida (EEUU). Logo apareceu en Porto Rico, República Dominicana, illas Vírxenes, Xamaica, e agora, Colombia. Tamén puido influír o pouco control estadounidense sobre os coleccionistas que levan estes exemplares e cando se cansan deles tíranos ao mar.
É unha especie vistosa, bastante valorada nos acuarios, máis fóra, nos ecosistemas caribeños, está a producir grandes estragos; é unha ameaza para especies nativas da zona coma o pargo ou o mero xa que devoran os exemplares máis pequenos, tamén é letal para as larvas de outras especies e os arrecifes de coral. Bahamas xa veu afectado o 80% dos seus arrecifes. Algúns mesmo falan de que pode verse afectado a barreira de coral de máis de 33 kilómetros de Colombia, unha das máis importantes do mundo. Ademais é perigosa para os bañistas da zona, xa que as súas aletas ten espiñas venenosas que usa coma defensa provocando danos ao contacto coa pel, provoca dificultades respiratorias, convulsións, naúseas, inflamacións e grandres dores.



Xa comenzaron un estudo biolóxico reproductivo para deseñar a mellor forma de rematar con esta gran ameaza. Ver máis.

Uxía Rodríguez Rodríguez