miércoles, 15 de junio de 2011

Querid@ eu aos 16... (Dear 16-Years-Old Me...)

Deixovos aquí un video moi emotivo e moi realista sobre o que nos podería pasar a calquera de nós por expornos ao Sol no verán sen ningún tipo de protección ou cun tipo de protección moi baixa...



Recordade que todos somos, fumos ou seremos rapazes de 16 anos e que esto vai dirixido cara a nós.
Así que tomade moitas precaucións neste verán e en todos os seguintes.

Brais Gómez García 1º Bacharelato A

Campus científicos de verán 2011

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Educación, co apoio da Obra Social a Caixa pon en marcha a 2ª edición do programa Campus Científicos de Verán. que se desenvolveran de forma simultánea en departamentos de investigación de 20 Campus de Excelencia Internacional e Rexional.



Alumnado de 1º de Bacharelato seleccionado para participar no programa Campus Científicos de Verano 2011. De ezquerda a dereita: Adrián Rodríguez Vilas (Campus Vida, Santiago de Compostela), María Isabel Limia Pérez (Barcelona Knowledge Campus), Juan Ozaita Corral (Campus Vida, Santiago de Compostela) e Daniel Fernández Gil (Campus do Mar, Vigo).
Estes estudantes gozarán de 14 días de contacto coa investigación científica a través da súa participación activa en proxectos de achegamento científico do 17 ao 30 de xullo
Cada estudante participará en 2 proxectos conoutros 7 - 8 alumnos/as.
A participación nos Campus de Excelencia Internacional inclúe:
- Proxectos de achegamento científico. En cada Campus desenvolveranse proxectos de achegamento científico de todas as áreas de coñecemento (bioloxía, biomedicina, física, química, matemáticas, medio ambiente, robótica, enxeñería, etc.), especialmente deseñados para o programa e dirixidos por profesores universitarios e de ensino secundario. Cada proxecto constará de 4 fases de desenvolvemento:
Fase 1. Presentación e teoría do proxecto. Será dirixida por profesores universitarios e de ensino secundario asociados aos Campus onde levarán a cabo os proxectos.
Fase 2. Desenvolvemento e posta en práctica (traballos de campo e/ou laboratorio). Esta fase estará dirixida por profesores universitarios e terá unha duración de entre 12 e 16 horas.
Fase 3. Tratamento da información, incluíndo técnicas de comunicación e divulgación da ciencia, a tecnoloxía e a innovación (como presentar resultados da investigación, elaboración de informes, como falar en público, etc.). Fase dirixida por profesores de ensino secundario. Ten como obxectivo reforzar os conceptos tratados na fase 2.
Fase 4. Presentación e exposición final de resultados. Todos os estudantes realizarán unha presentación pública (ante profesores, estudantes e/ou representantes das institucións participantes) dos resultados obtidos durante a súa participación nos proxectos. Para a preparación desta presentación, os alumnos contarán coa axuda dos profesores de ensino secundario e, en caso necesario, animadores científicos.

Actividades complementarias:
Científico-culturais. Durante a súa estancia, as/os estudantes participarán de conferencias impartidas por científicos de prestixio, poderán departir con personalidades políticas sobre a importancia da ciencia e a innovación na toma de decisións políticas, realizarán visitas a museos, centros de ciencia, parques tecnolóxicos, etc.
De lecer. O programa científico complementarase con actividades de lecer e deportivas, así como excursións de interese durante os fins de semana.
A organización cubrirá os gastos de aloxamento e manutención dos participantes en colexios maiores e/ou residencias universitarias. Durante a súa participación en Campus Científicos de Verán os/as estudantes estarán acompañados por animadores científicos. Os animadores recollerán aos\/as estudantes á súa chegada a cada unha das sedes de celebración e acompañaranlles durante o desenvolvemento de actividades no programa (traslados aos colexios/residencias universitarias, traslados entre estes e os Campus universitarios, actividades complementarias durante toda a súa estancia, despedida en aeroportos, estacións de tren ou autobús o día de regreso ao seu lugar de residencia.) Así mesmo, pasarán a noite coas\/os estudantes.
Cada estudante recibirá un diploma da súa participación nos Campus Científicos de Verán.

Carmen Cid Manzano