miércoles, 16 de julio de 2014

Implantes óseos obtidos de dentes de tiburón.

Os membros do grupo de Novos Materiais da Universidade de Vigo, xunto con hospitais públicos da cidade implicados no proxecto Biocaps  descubriron que a partir de dentes de tiburón poderíanse facer  implantes óseos ao atopar cerámicas biolóxicas a partir de dentes de tintoreras e marraxos.

Segundo o coordinador de Novos Materiais, Pio González, di que fai tres anos desde o inicio do proxecto, porque buscou aproveitar aqueles restos que desechaban as lonxas. Porque a pesca en augas abertas é moi frecuente capturar distintos tipos de tiburón.

A obtención de biocerámica é simple, é dicir o proceso básase na reconstrución dos dentes co fin de obter o mineral necesario para o implante, polo que non son necesarios equipos sofisticados. Esas cerámicas son utilizadas como material de recheo, porque a dentadura non ten oso suficiente para soster a prótese adecuadamente. Cúbrese a cavidade e esperase uns meses ata que a área é rexenerada. Unha vez rexenerada colocase o implante de titanio que conformará de novo o dente.

Ata agora, o óso vacún foi usado, pero por mor da enfermidade da vaca tola foi cuestionada. Como os dentes de tiburón conteñen gran cantidade de apatitas, compostos que axudan de forma moi eficaz a rexenerar  o tecido óso, comezouse a confiar máis neste método.






                                                        Nuria Vila Seijas Nº30 1ºBACH-D