sábado, 11 de mayo de 2013

Que é o "fracking"?



Dúas perspectivas de ver o "Fracking", a primeira (totalmente obxetiva) de Wikipedia.org , e a segunda (mostrando descontento) de "Change.org":
fractura hidráulica (comúnmente coñecida en inglés como fracking ) é unha técnica para posibilitar o aumento da extracción de gas e petróleo do subsolo. O procedemento consiste na inxección a presión de algún material no terreo, có obxetivo de ampliar as fracturas existentes no sustrato rocoso que encerra o gas ou o petróleo, e favorecendo así súa salida hacia o exterior. Habitualmente o material inxectado é auga con area e produtos químicos, aunque ocasionalmente podense emplear espumas ou gases.
¿Porqué algunha xente está en contra desta técnica? 
O Fraking é unha técnica altamente contaminante, prohibida xa en Francia e suspendida noutros países como Canadá polo seu elevado impacto ambiental. A técnica protexida mediante patente inxecta máis de 600 substancias contaminantes no subsolo terrestre mantidas en secreto e soamente coñecidas mediante os análisis de auga realizados nas áreas de extracción. Os estudios de impacto ambiental foron presentados de forma fraccionada para salvar os escollos legáis e a administración e os séus promotores manteñen unha absoluta opacidad e desinformación sobre o tema.
________________________________________________
Aquí vos deixo un documental en inglés (subtitulado ao castelán) sobre os efectos desta técnica.

Crees que por aforrar un pouco é axeitado usar estes métodos?
Fontes de información:
http://es.wikipedia.org/wiki/Fracturaci%C3%B3n_hidr%C3%A1ulica
http://www.change.org/es/peticiones/contra-la-t%C3%A9cnica-de-fraking
http://www.ecologistasenaccion.org/article7910.html

Carlos Álvarez Sabucedo, 1º Bach. A.

TRISTE RÉCORD

A Administración Nacional Oceánica e Atmosférica de Estados Unidos acaba de revelarnos un triste récord; o nivel de dióxido de carbono superou por primeira vez as 400 partes por millón, é dicir, a emisión de gases de efecto invernadeiro alcanza o seu máximo histórico. Non é pois para estar orgullosos senón todo ao  contrario, o bastante preocupados como para tomar conciencia dunha vez por todas de que de seguirmos así, o dano causado no medio ambiente polas nosas actividades e polo uso intensivo de combustibles fósiles contaminantes pode ser letal para o futuro do planeta. Segundo o científico Michael Mann estamos volvendo a un clima prehistórico, o do Mioceno, pero daquela, hai máis de 10 millóns de anos, as temperaturas eran máis quentes, había  pouco xeo e o nivel do mar estaba moi debaixo do actual. Concluíndo; ou baixamos os niveis de dióxido de carbono ou  será a fin do noso planeta e do que entendemos hoxe por vida.

A nosa historia en 2 minutos

Por casualidade atopei este vídeo na rede e pareceume interesante. Trátase dunha montaxe de imaxes feito por un alumno dunha escola de cine. Un vídeo que viaxa a través do tempo destacando os acontecementos da Terra por orde cronolóxico. O seu final é un pouco catastrófico, pero penso que é importante que estea no noso blog para facernos reflexionar sobre a nosa actuación no noso planeta Terra e as consecuencias que pode causar se non tomamos conciencia. 



Iago Rodríguez Peña 1º BACH A