miércoles, 12 de septiembre de 2012

2012-2013, un novo curso vai comezar


O blog de Ciencias para o Mundo Contemporáneo vai seguir unha dinámica parecida á do curso pasado, só introduciremos pequenos cambios na xestión. A nosa pretensión é optimizar o tempo planificado para a actualización do edublog, co fin de axustalo ao voso perfil cun elevado número de materias e actividades diarias.
Todo o alumnado que o desexe poderá publicar artigos relacionados cos temas que esteamos vendo, ou noticias de ciencia e tecnoloxía. Pero ollo, sen utilizar a técnica do "copiar" e "pegar" e citando sempre as fontes de onde se extraeu a información.
Co fin de incentivar os comentarios dos lectores as entradas deberán terminar con preguntas ou coletillas que @s inviten a participar. As entradas e comentarios sempre estarán firmadas co nome, iniciais dos apelidos e o grupo clase (exemplo María OE 1º Bach B).  Engadir as entradas as etiquetas procurando respectar as xa existentes.
Na primeira clase comentaremos a periodicidade dos post e outras ideas que teño en mente.
Para darse de alta no blog, tedes que enviar un correo electrónico pedindo o permiso para publicar a blogcmcotero@gmail.com. Recibiredes no voso correo electrónico unha invitación (un enlace) para configurar o voso perfil, cunha contraseña de acceso e, a partir dese momento, xa seredes un membro activo do blog.
Para opinar ou preguntar, sempre con respecto, sobre as noticias e artigos que se vaian publicando, simplemente tes que deixar o comentario no post correspondente.
As colaboracións, como membro activo ou como lector, terán valor académico. No mes de xuño de 2013 todo sumará á hora de levar unha boa nota. Valorarase: a orixinalidade; a ortografía, a redacción e linguaxe utilizado; a capacidade de síntese; adecuación das imaxes e vídeos insertados e a calidade dos enlaces e vínculos.

As fontes de documentación que podedes utilizar serán fundamentalmente as seguintes:
Plataforma SINC del FECYT;
A ciencia cierta
El país ciencia,
El Mundo ciencia,
Público ciencia
ABC ciencia.