martes, 28 de diciembre de 2010

Estoupa un foguete indio

O foguete indio GSAT-5P, cargado cun satélite de telecomunicacións, estourou os poucos segundos do lanzamento, deixando no ceo un regueiro de lume e fume. A operación foi un éxito ata 50 segundos tras o despegamento e, a continuación, o vehículo adquirido un erro significativo en altitude que causou a súa destrución. Aínda non foi estudado en detalle a causa do fracaso, afirmou K. Radhakrishnan, xefe da Organización da Investigación Espacial.
A India está buscando ampliar o seu espazo comercial en materia espacial, tivo éxito co lanzamento de pequenos satélites, máis os de cargas pesadas están dandolle moitos problemas. O suceso ocurrido non é o primeiro, en abril pasado, un foguete cun motor tamén de tecnoloxía crioxénica fallou no lanzamento e caeu na Baía de Bengala. Os científicos indios tardaron 18 anos en pór a punto esta complexa tecnoloxía. Estes motores crioxénicos, usan hidróxeno líquido como combustible, proporcionando un empuxe adicional que permite o lanzamento de satélites máis pesados en órbitas de transferencia xeosíncrona (GTO) a alturas de 36.000 quilómetros sobre o ecuador. India con esta tecnoloxía busca situar ao país no reducido grupo de potencias que contan con esta capacidade actualmente: Estados Unidos, Rusia, China, Xapón e o consorcio aeroespacial europeo.





Para máis información e aqui
Noelia Vila Seijas 1ºC

O IES Otero Pedrayo na Voz de Galicia

Crecemento anterior dos buratos negros

Ata día de hoxe, os científicos crían que os xigantes obxectos espaciais chamadados buratos negros apareceran cando o Universo tiña entre dous e catro mil anos de idade, ata que un equipo de astrónomos da Universidade de Tel Aviv dixo que en realidade chegaron antes.
Os buratos negros dispoñen dunhas dimensións e forza inconmensurables, e para atopalos no espacio os astrónomos buscan a enorme cantidade de radiación emitida polo gas que cae nestos xigantes durante o tempo no que o burato negro se activa, cando consume materia; Trátase do proceso de crecemento destes ou ó menos iso é o que cren os astrónomos.

Cando o Universo tiña tan só arredor de 1200 millóns de anos, produciuse o rápido crecemento dos buratos negros máis masivos, que eran dez veces máis pequenos que os buratos máis masivos que se rexistrarían posteriormente e tiñan masas de cen a mil veces a do Sol. Foron relacionados cas primeiras estrelas, e atopouse que o periodo de crecemento posterior dos obxectos observados despois dos primeiros 1200 millóns de anos, durou tan só entre 100 e 200 m.a. Estes datos foron obtidos grazas á instrumentación avanzada dos maiores telescopios terrestres a nivel mundial, como foron o Gemini Norte, na cima do Mauna Kea, en Hawai, así como o Very Large Array Telescope, no Cerro Paranal de Chile.
A investigación será publicada próximamente na revista Astrophysical Journal.

Lucía Rodríguez Rodríguez 1ºB