viernes, 18 de febrero de 2011
Test xenético
Déixovos unha animación para que entendades mellor o post de Mario sobre os test que vende por internet.
Etiquetas:
Erros científicos,
Xenética
Descubren accidentalmente un tratamento para a calvicie.
É sabido que o estrés produce efectos na saúde capilar e noutros moitos órganos do corpo.
Para os experimentos usaban ratóns tranxénicos (modificados xenéticamente para que sufrisen estrés). Por esta razón as criaturas prodrucían exceso dunha hormona relacionada co estrés chamada CRF e polo tanto sufrían toda as consecuencias deste estado nerviososo, entre outras a calvicie (alopecia).Os investigadores bloquearon cun composto químico a hormona relacionada co esrés, intentando estudar os seus efectos no funcionamento do sistema dixestivo e atoparon que aos ratos crecíalle o pelo.
Agora queda comprobalo nos humanos. Se o minoxidil (producto que se usa como estimulador da saída do cabelo) funciona en humanos e en ratóns, podería pasar o mesmo neste caso, pero ollo! hai que ter en conta que non todos os casos de alopecia, só a causada polo estrés.
Uxía Rodríguez Rodríguez, 1º Bach A
Transmisión do impulso nervioso
A continuación déixovos un video sobre como se transmite o impulso nervioso ao longo da membrana. Está en inglés (o idioma da ciencia). Algún alumno/a podería porlle subtítulos? (Juan Ozaita ofreceuse... esperamos a súa tradución)
A continuación o vídeo subtitulado en galego:
Como se comunican unhas neuronas conoutras? A seguinte animación trata de dar a resposta:
http://centros.edu.xunta.es/iesoteropedrayo.ourense/dptos/bio/bach_1_2010_2011/animacions/dialogo_neuronas.swf
Carmen Cid Manzano
http://centros.edu.xunta.es/iesoteropedrayo.ourense/dptos/bio/bach_1_2010_2011/animacions/dialogo_neuronas.swf
Carmen Cid Manzano
Etiquetas:
Citoloxía,
Videos interesantes
Membrana plásmática en repouso
(Para o alumnado de Bioloxía e tamén para os curiosos)
Carmen Cid Manzano
Déixovos unha animación dunha membrana plasmática dunha neurona repouso. O de en repouso é un dicir... mellor sería comentar que non está recibindo ningún estímulo (luz, ondas sonoras, presión, etc...),`porque como vedes os ións andan continuamente de aquí cara alá. Espero que me digades o tipo de transporte que utilizan os ións para moverse
http://centros.edu.xunta.es/iesoteropedrayo.ourense/dptos/bio/bach_2_bio_2010_2011/images/Animacions/polarizacion_membrana.swf
http://centros.edu.xunta.es/iesoteropedrayo.ourense/dptos/bio/bach_2_bio_2010_2011/images/Animacions/polarizacion_membrana.swf
Carmen Cid Manzano
Etiquetas:
Citoloxía,
curiosidades,
Videos interesantes
Descubertas novas especies vexetais
É curioso ver a infinidade dos campos de estudo da Ciencia, neste caso o da taxonomía vexetal.
En España existen unhas 8000 especies de plantas vasculares. A pesar de poder parecer unha cantidade enorme, aínda se descobren cada ano novas especies.
En España existen unhas 8000 especies de plantas vasculares. A pesar de poder parecer unha cantidade enorme, aínda se descobren cada ano novas especies.

As recén descubertas especies recibirán os nomes de Teraxacum Decastroi, en honor ó naturalista Emilio de Castro, vista en Lérida, e T. Lacianense, avistada nos montes de León.
As dúas viven en medios húmidos e enfróntanse a numerosos problemas ambientais.
Ás xa máis de 8000 especies descubertas súmanse estas dous. Aínda que o sondeo establece que gran parte da flora e fauna peninsulares xa están catalogadas, tamén é certo que os descubrimentos non cesan, o cal nos fai pensar na gran cantidade de especies das que queden poucos exemplares en habitats moi concretos e, casi en perigo de extinción.
http://www.agenciasinc.es/esl/Noticias/Descubren-dos-nuevas-plantas-en-Espana
Suscribirse a:
Entradas (Atom)