
Os investigadores administraron tres dosis de suero, en intervalos de tres días, a exemplares de macacus rhesus, cunha fisioloxía moi parecida á humana. Aínda que algúns animais comezaron o tratamento nunha fase avanzada da enfermidade, todos sobreviviron.
Polo contrario, os tres exemplares do grupo control que non recibiron o fármaco, morreron ao oitavo día. Ante a epidemia do ébola en África Ocidental que causou xa máis de 1500 mortes, este fármaco en fase de experimentación (un cóctel de tres anticorpos) foi administrado a varios pacentes, entre eles dous estadounidense que se recuperaron tras recibir o tratamento. Sen embargo, outros dos pacentes tratados con ZMapp non sobreviviron, entre eles o relixioso Miguel Pajares. Os investigadores cren que a efetividade do tratamento depende en gran medida do avanzada que esté a enfermidade.
Polo momento non se pode asegurar que este fármaco poda acabar co virus. Como xa vimos, non existe ninguna vacina aprobada para combatir o ébola, polo que o control da epidemia limitouse a ciudadanos paliativos e ao establecemento de barreiras para tratar de evitar novos contaxios.
Esta investigación permite soñar con fin da enfermidade, e ver por fin unha solución ao virus que está contaxiando a gran parte do continente Africano. Gary Kobinger, o patólogo da axencia pública canadiense que dirixiu os experimentos, sinalou nunha roda de prensa que o medicamento podería estar listo para o seu uso en humanos en menos de dous anos.
Fonte de información: http://www.rtve.es/noticias/20140829/farmaco-contra-ebola-zmapp-demuestra-100-efectividad-primates/1002141.shtml
Rebeca González Pérez, 1º Bach. D