
O Día
Internacional da Terra ten a súa orixe nunha manifestación que tivo lugar o 22
de abril de 1970 nos Estados Unidos impulsada polo senador e activista ambiental
Gaylord Nelson, quen buscaba crear conciencia sobre os problemas da polución e superpoboación
para o cal creou unha axencia ambiental para supervisar e controlar eses temas.
Nesta convocatoria participaron dúas mil universidades, dez mil escolas
primarias e secundarias e centenares de comunidades. A presión social tivo os
os seus logros e o goberno dos Estados Unidos creou a Environmental Protection
Agency (Axencia de Protección Ambiental) e unha serie de leis destinadas á
protección do medio ambiente.
Dous anos despois
da instauración do Día da Terra, en 1972, arrancou a primera conferencia internacional
sobre o medio ambiente. A conferencia chamouse Cume da Terra de Estocolmo e
tivo como principal obxectivo sensibilizar ao mundo dos problemas do medio ambiente.
Pero a 43 anos da
súa instauración, segue habendo problemas no planeta que non se puideron
resolver.
Este ano, o Día da Terra complementouse coa campaña "O rostro do
cambio climático" na que destaca a importancia do impacto ambiental que
está tendo o cambio climático no medioambiente e na vida de todos os habitantes
do planeta.
De feito, este
luns miles de persoas en todo o mundo festexaron e referendaron o seu
compromiso por unha saudable interdependencia entre os seres humanos, as demais
especies vivas e o planeta Terra.
A ONU alenta aos
gobernos a lograr un "xusto equilibrio entre as necesidades económicas,
sociais e ambientais das xeracións presentes e futuras".

Como dato
curioso, xa sabemos que o famoso buscador Google sempre fai doodles
interactivos nas datas importantes e este día non iba ser menos.
Google participa
este ano convertindo o seu logo nunha paisaxe de montaña, con ovellas, árbores
e un río cheo de peixes no que se aprecian os ciclos da natureza e o paso do
día á noite. Ao accionar o “play” do sol, este móvese de esquerda a dereita
mostrando o avance do día e as catro estacións do ano.
Con todo
esperemos que a medida que pase o tempo isto non vaia a peor e que pouco a
pouco nos vaiamos concienciando de que Terra non hai máis que unha e se
queremos conservala, temos que cuidala.
Paula Meixeiro
Calvo, 1º Bach. D