lunes, 8 de abril de 2013

O glaciar Quelccaya, desaparece

Temos, unha vez máis, probas do aumento da temperatura que sofre o noso planeta. Segundo un grupo de científicos da Universidade de Ohio (EEUU) o xeo dos glaciares dos Andes peruanos derreteuse. O que tardou uns 1600 anos en formarse en tan só 25 anos desapareceu, mellor dito, derreteuse.
A desconxelación fixo que nas marxes do glaciar Quelccaya, en Perú, apareceran plantas que se conservaron a medida que hai miles de anos ía avanzando este glaciar. Mediante probas de carbono radiactivo os científicos determinaron a data destas plantas e consecuentemente a historia desta capa de xeo.
Os científicos perforaron a gran profundidade para obter marcadores químicos no xeo que están a analizar e que permitirán coñecer as variacións climáticas ao longo do tempo. Polo momento, o doutor Thompson, especialista en glaciares, afirma que tendo en conta o visto, a terra debeu de atravesar un período no que o clima saía da media establecida e que ese período posiblemente coincidiu coa época da Revolución Francesa a partir do 1789. Así pois cando empezaba unha revolución que trouxo liberdade e igualdade para os homes tamén andaba revolucionado o clima.





Brais Casas Fernández