sábado, 18 de febrero de 2012

Por que os dinosaurios morrían en posturas tan raras?

Cando os paleontólogos descobren restos completos de dinosauros fosilizados, moitas veces encóntranseos nunha postura retorcida. Ata agora, interpretárano como sinais dos espamos da morte. Non obstante, unha nova investigación realizada polos paleontólogos europeos explican que estas deformacións extrañas son provocadas despois da morte dos dinosauros, durante a descomposición dos seus corpos.
Esta postura fascinou durante máis de 150 anos aos paleontólogos, que bautizaron como opistótonos (síntoma dos que sofren tétanos ou un envelenamento) ou "postura da bicicleta" (o chaman así, porque o animal aparece retorcido).
Enlace: http://www.abc.es/20120217/ciencia/abci-dinosaurios-morian-posturas-raras-201202171310.html
Lucía Sánchez Corral 1ºD nº30.

Hai 40.000 anos o sur de Andalucía era tan frío como a Escandinavia actual.

Hai 40.000 anos a temperatura media anual en Granada, oscilaba entre os nove e os once graos centígrados, máis ou menos a mesma que teñen hoxe en día no sur da península escandinava e Dinamarca.

Os investigadores chegaron a esta conclusión tras estudar os restos dos mamuts laúdos na turbeira en 1983, os máis meridionais rexistrados en Europa. "A partir da análise de isótopos estables realizados en restos de dentes e ósos temos visto que estes mamuts viviron nunha área esteparia bastante árida, que podería estar situada a decenas ou centos de quilómetros ao oeste de El padul, e que puntualmente, cando as condicións climáticas eran especialmente extremas, migraban á zona da turbeira, explica o investigador do CSIC Antonio Delgado.


Lucía Sánchez Corral 1ºD nº30.

Novas técnicas contra o cancro



Un nanorobot de ADN para ordenar o suicidio das células canceríxenas.
Na universidade de Harvard un grupo de científicos inventaron un minúsculo robot feito de material xenético e que poden cargar con diferentes moléculas para dirixilo a células específicas onde depositar esas substancias, que poden ser fármacos. Ademais de transportar moléculas tamén poden modificar o comportamento das células. Cabe a posibilidade de enviar órdenes ás células canceríxenas para a súa autodestrución. Tamén pódese programar a resposta inmunolóxica do organismo a varias enfermidades.
Non se trata dunha simple idea: Shawn Douglas e os seus colaboradores fixeron xa un prototipo do nanorobot de ADN e ensaiáronno en cultivos celulares. Os seus experimentos centráronse en dous tipos de células canceríxenas, de leucemia y linfoma, enviando instrucións para activar o “interruptor de suicidio celular”.
O nanorobot ten forma de tonel, con dúas metades unidas por unha especie de bisagras moleculares. Cando o robot chega ás células indicadas se abre e deposita nelas a súa carga, xa sexan fármacos ou moléculas capaces de modificar o seu comportamento.
Estes investigadores presentaron o seu proxecto en Science.
Nesta páxina podedes ver un video onde se explica o funcionamento deste nanorobot aínda que está en inglés: http://medgadget.es/2012/02/un-nanorobot-de-adn-desarrollado-para-la-programacion-futura-de-respuestas-inmunes.html
Fontes: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/02/16/actualidad/1329395701_112071.html
Wendy Danniela Martínez Martín 1ºE.