miércoles, 12 de octubre de 2011

Os satélites vixilan os "puntos quentes urbanos"

Os satélites están axudando a contribuír qué áreas das cidades están máis afectadas durante unha ola de calor. Este fenómeno chamado illa térmica urbana, afecta máis ás cidades que ás zonas rurais, xa que éstas están menos poboadas. Este fenómeno ten consecuencias como problemas de saúde, contaminación atmosférica, escasez de auga, etc.

A vixilancia térmica pode contribuír a que os urbanistas planifiquen cidades máis frescas. Parte do proxecto consistiu en analizar, durante a última década, as tendencias da distribucion de calor en dez cidades europeas: Atenas, Bari, Bruselas, Budapest, Lisboa, Londres, Madris, París, Sevilla e Tesalónica.

Os sensores dos satélites xogaron un papel moi importante durante a toma de datos proporcionando medidas en infrarroxo térmico que os científicos empregaron para mellorar os modelos de clima urbano cos que predecir as olas de calor.

Paula Hervella 1º D
http://www.noticiasdelaciencia.com